Escornabots

Escornabots e impresión 3D

Nesta páxina imos ir colocando os recursos que vaiamos xerando a respecto da robótica dende a nosa Biblioteca.

Pretendemos que sexa un lugar onde se poda ver o traballo que se está a facer, unha fonte de recursos e un lugar onde xermolen proxectos.

Polo de agora, outubro de 2017, andamos nesto en cueiros, e coma os nenos pequenos temos dificultades para comezar a andar... dar un paso mete medo e temos que pensalo moito.

Pero estamos convencidos que en breve seremos quen de andar, correr, choutar, anicarnos, bailar...

Volvemos cos Lego WeDo

Volvemos a realizar os nosos deseños cos Lego WeDo, uns proxectos robóticos integrais, nos que a máis de facermos a estrutura do robot, logo temos que conectalo ao noso ordenador, e finalmente programalo para que realice as funcións que lle mandamos.

Un traballo moi interesante que puidemos facer en rexime de traballo cooperativo e que nos gustou moito. Seguro que volveremos porque a valoración da experiencia foi moi boa.

Creemos un circuíto eléctrico en Scratch

Como xa dixemos no Barquiño de papel do mes de novembro, deixámovos aquí os materiais (o fondo de pantalla e as imaxes necesarias) para realizar este sinxelo xogo que consiste na realización dun circuíto eléctrico.

Temos que programar para que a bombilla se acenda cando estea ben colocada no circuíto, e tamén o interruptor. Para que funcione, ademáis, temos que facer que o interruptor se poña en "on" cando poñamos o rato por riba del.

É un proceso complicado, xa que temos que facer que a bombilla e o interruptor teñan dous disfraces, un apagado (off) e outro acendido (on).

Tamén temos que crear dúas variables, para que o programa saiba se se cumpren as condicións para acender a bombilla.

Tanto para o interruptor como para a bombilla temos que programar a súa función cunha variable condicional.

Por último o interruptor tamén temos que programalo para que se poña en posición de encendido cando poñamos o rato por riba del, por suposto con outra condicional.

Animádevos a realizar este reto, estamos convencidos que despois de trastear un pouco iremos conseguindo que funcione. Veña, que sodes uns "cracks"!!!

Material para o Reto de Programación

Ola amig@s:

Como moi ben dicía o Reto de Programación do número de Decembro do Barquiño de Papel, para realizarmos o circuito de coches necesitamos dispor do coche e máis do fondo do circuíto.

Pois nada, aquí estamos nós para solucionar todos os problemas que poidan xurdir, e por iso neste post do blog, achegamos as imaxes coas que  poderedes realizar o programa que vos propoñemos.

Esperamos os vosos traballos.

Escornabots de 6º para todos

@s compañeir@s de 6º realizaron durante este curso un traballo moi interesante creando planillas e xogos para os Escornabots. O último día xogamos con eles para probar que tal fixeran os deseños, e o resultado foi fenomenal.

Aquí imos deixar todos os ficheiros que realizaron (que son moitos) para que vexades que grupos máis traballadores tivemos no colexio.

Enfeitando a casa polo Nadal

Desta volta as nais da ANPA súmanse ao Reto Fuchiqueiro e nos propoñen montar uns adornos do Nadal que nos van servir para enfeitar a nosa casa nestas festas que se achegan.

Gravaron un pequeno vídeo no que nos explican como se montan as figuras que nos propoñen, que vos invitamos a ver.

Menudas nais máis habelenciosas!!

Fedellando cos Lego We Do

Este luns comezamos a nosa andaina de traballo cos Lego We Do. Primeiro fixemos un modelo do robot de exploración Curiosity, que anda a procurar vestixios de vida en Marte.

Aquí vos deixamos unha pequena escolma fotográfica da actividade.

 

 

Houbo quen dixo:

- Pero que non estamos facendo matemáticas...

- Claro que si, isto tamén son matemáticas!

- Home, é que tamén se poden facer matemáticas dun xeito divertido.

Unha reflexión moi interesante, non si?

Os Dinosauros de Ensino Infantil

Tamén nos achegan desde infantil 3 plantillas para o escornabot coas que traballaron o seu proxecto de Piteas.

Tamén fixeron un traballo, programando en Scratch coa placa makey-makey, que podedes consultar na súa páxina de Scratch (https://scratch.mit.edu/projects/313312943/fullscreen/).
Dende logo mete medo o que estes rapaces e rapazas saben destes bechos do xurásico, de que xantaban, como andaban, como tiñan a cadeira...
E tamén como manexan os escornabots!!

Sabes que camiño percorre a comida no teu corpo?

 

Sabes que percorrido realiza ese pasteliño tan rico que che acaban de dar a probar por dentro do teu corpo ata que volve saír ao exterior completamente transformado en algo xa non tan saboroso?

Se o sabes anímate e xoga con este padrón dos escornabots, onde atoparás paso a paso todos os elementos que interveñen na dixestión dos alimentos que inxerimos.... o problema é que están desordeados e ti, co teu robot terás que ir de casiña en casiña seguindo o orde correcto que percorren os alimentos.

 

Dous novos padróns para os escornabots

Velaquí dous novos padróns para traballar cos escornabots, referidos ao principiño, o encantador personaxe de Antoine de Saint-Exupéry, que foi o eixo do traballo do proxecto "@ principiñ@ que todos levamos dentro", que desenvolveron os alumnos e alumnas de 4º B, e que lles levou a traballar en murais, programación e robótica.

O xogo, como o da Oca, permite saltar dunha casiña co principiño deica outra co mesmo personaxe, no caso de caer nela.