Xa temos o noso selo de Vida Saudable
Dende hai tempo levamos traballando na atención e educación para a saúde, especialmente no que atinxe a hábitos alimentarios e actividade física.
Participamos daquela naqueles programas que desenvolven a adquisición dos hábitos que promoven o benestar físico, psíquico e social, tentando capacitar ao alumnado para que elixa condutas que favorezan a súa saude e benestar, por medio da adquisición de coñecementos e habilidades en temas relacionados coas competencias emocionais, a alimentación, a actividade física e o autocoidado.
Este traballo que se leva facendo recoñécese agora coa concesión deste prestixioso selo por parte do Ministerio de Educación do Selo de Vida Saudable, co que se garante que neste centro ensinamos a manter o noso corpo san e saudable.
Evidentemente estamos moi content@s con esta distinción que nos anima a traballar aínda con máis forza, se cadra, nesta angueira de promover a saúde dende o comedor, as aulas de educación física e de todo o colexio en xeral.
Calendario para o vindeiro curso 2024-2025
Aquí podedes consultar o calendario que imos ter no vindeiro curso 24-25.
No calendario, a máis das festividades, tedes as datas das avaliacións, entrega de notas, períodos de vacacións, etc...
Vémonos o próximo 11 de setembro.
Que pasedes un bo verán.
Calendario 24-25 by Quini Freixeiro on Scribd