Blogue de quinif

Solicitude para o comedor no curso 2024-2025

Está aberto o prazo para solicitar a praza do comedor para o vindeiro curso académico.

Teredes que presentar a solicitude que se anexa a esta entrada do blog, cuberta cos datos da autodeclaración.

Solicitude Comedor 2024 by Quini Freixeiro

 

 

Os nosos proxectos

Este ano os nosos proxectos foron moitos e moi variados.

Aquí podedes enlazar cos blogs onde se mostran os traballos realizados nas clases.

A rá

3 anos B

Dinosauros

Clases de 4 anos


 

O Mar

Clases de 1º EP

O ruído e o silencio

Clases de 2º EP

 

Os indios

3º A de EP

Os 22 amigos

3ºB de EP

@ principiño que tod@s

levamos dentro

4º B de EP

A lactancia materna

6ºA de EP

Dino Radio

Aquí podedes escoitar os programas da Radio Escolar da biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa.

A radio é unha ferramenta moi poderosa para contar todo o que facemos na biblioteca, os proxectos de investigación nos que nos embarcamos nas aulas, os libros que lemos nos clubs de lectura e os textos que escribimos nos de escritura, para falar das nosas actividades do centro, para escoitarmos a música que somos quen de facer...

En fin, a radio, a nosa Dino Radio, vai ser un altofalante que espalle esas cousiñas que realizamos con todo o cariño, que as mimamos, pero que en moitos casos quedan agochadas no interior do colexio sen que ninguén máis saiba delas.

Pois aí vos van, voando nas ondas!

Ah, e por certo, dende agora imos transmitir tamén en directo aínda que tamén gardaremos os podcasts dos programas, pero imos iniciar unha etapa máis audaz lanzándonos ás ondas sen rede.... Se queres oirnos en directo teremos os días que emitamos este reprodutor:

 

Portafolio total do Talento

Escornabots e impresión 3D

Nesta páxina imos ir colocando os recursos que vaiamos xerando a respecto da robótica dende a nosa Biblioteca.

Pretendemos que sexa un lugar onde se poda ver o traballo que se está a facer, unha fonte de recursos e un lugar onde xermolen proxectos.

Polo de agora, outubro de 2017, andamos nesto en cueiros, e coma os nenos pequenos temos dificultades para comezar a andar... dar un paso mete medo e temos que pensalo moito.

Pero estamos convencidos que en breve seremos quen de andar, correr, choutar, anicarnos, bailar...

Leire, a nosa campioa das Letras Galegas

Leire foi a gañadora do noso colexio no concurso que os Equipos de Dinamización Lingüística do Concello e máis de Rubiá canda o Centro Cultural Aberto organizaron co gallo das Letras Galegas deste ano 24 adicadas á poeta e violinista Luísa Villalta.

Os nosos parabéns a Leire.

Se queredes podedes ver na páxina do Sil unha reportaxe sobre a entrega de premios que tivo lugar onte.

 

O noso festival de CINE (con maiúsculas)

Este xoves, e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, fixemos a presentación pública dos dous cortos de animación, adaptados de dous contos da editorial OQO (Fiz, o coleccionista de medos e Chocolata),e realizados ao abeiro do programa Nós Tamén Creamos da Consellería de Educación e do departamento de Dinamización Lingüística.

A presentación dos vídeos, e dos "como se fixo" dos mesmos, estivo acompañada dunha exposición cos personaxes elaborados para as películas, "Photo Call", alfombra vermella e moito encanto por parte dos asistentes.

A gala estivo dirixido por membros do grupo de Teatro Gargallada, e nela o director do Cine Club Groucho Marx, comprometeuse a pasar as películas como trailers nas sesións infantís da vindeira semana de Cine.

O teatro Lauro Olmo encheuse de público, pero dado que houbo quen non poido acudir, deixámovos aquí os enlaces para as distintas películas.

Making off de Fiz, o Coleccionista de medos
Película de Fiz o coleccionista de medos
Making off de Chocolata
Película de Chocolata

Queremos agradecer dende estas liñas a colaboración do Concello do Barco para a realización desta gala cinematográfica, a disposición do Cine Club Groucho Marx, e como non o esforzo e a adicación de todo o alumnado e profesorado participante, que co seu esforzo e determinación fixeron posible levar a bo cabo este proxecto.

Axudas do Concello para material en Ensino Infantil

 

O Concello do Barco vén de convocar un ano mais as Bolsas para compra de libros e material escolar. Estas axudas son para segundo ciclo de infantil para o curso 2023/2024. O prazo para a súa solicitude é dende o dia de hoxe,  6 de xuño ata o día 1 de xullo .

Para mais información consulta ou aclaración dirixirse o Departamento de Servizos Sociais. Praza do Concello nº 1. 32300 TLF: 988320202 Extensión: :2168

Tedes como anexos a este post o BOP coa orde da convocatoria e os modelos de solicitude.

 

 

Formándonos na Radio

Hoxe tivemos unha xornada de formación na Radio, tanto para o alumnado de 4º curso de primaria, que elaboraron uns moi interesantes programas, como para o profesorado do centro, coma podemos ver na imaxe, que aprendemos a controlar a mesa de mesturas para sermos uns "cracks" na gravación de programas.

A formación déunola Damián de PNO (Ponte Nas Ondas), e coma sempre que nos visita deixounos unhas ganas tremendas de facer os nosos programas de radio.

Así que xa o sabedes, DinoRadio vai botar fume!!!

 

O noso proxecto documental xa vai dando froitos!

O noso proxecto Documental sobre o camiño de inverno xa vai dando os seus primeiros froitos. E tal como agroman as cereixas nestes días de maio, así agroman as investigacións que fixemos para informarnos das descubertas que fixemos camiñando a nosa etapa do Cemiño.

@s nen@s de 3º, 4º e 5º fixemos unha etapa dende Tremiñá á Proba, volvendo pola beira do Sil. Atopamos moitas prantas e, despois de identificalas coa axuda de Plantnet, procuramos información sobre elas.

Tamén identificamos algúns lugares do Barco que teñen importancia na traxectoria do camiño no noso concello.

O noso

Powered by Drupal - Design by artinet