Blogue de quinif

O noso festival de CINE (con maiúsculas)

Este xoves, e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, fixemos a presentación pública dos dous cortos de animación, adaptados de dous contos da editorial OQO (Fiz, o coleccionista de medos e Chocolata),e realizados ao abeiro do programa Nós Tamén Creamos da Consellería de Educación e do departamento de Dinamización Lingüística.

A presentación dos vídeos, e dos "como se fixo" dos mesmos, estivo acompañada dunha exposición cos personaxes elaborados para as películas, "Photo Call", alfombra vermella e moito encanto por parte dos asistentes.

A gala estivo dirixido por membros do grupo de Teatro Gargallada, e nela o director do Cine Club Groucho Marx, comprometeuse a pasar as películas como trailers nas sesións infantís da vindeira semana de Cine.

O teatro Lauro Olmo encheuse de público, pero dado que houbo quen non poido acudir, deixámovos aquí os enlaces para as distintas películas.

Making off de Fiz, o Coleccionista de medos
Película de Fiz o coleccionista de medos
Making off de Chocolata
Película de Chocolata

Queremos agradecer dende estas liñas a colaboración do Concello do Barco para a realización desta gala cinematográfica, a disposición do Cine Club Groucho Marx, e como non o esforzo e a adicación de todo o alumnado e profesorado participante, que co seu esforzo e determinación fixeron posible levar a bo cabo este proxecto.

Axudas do Concello para material en Ensino Infantil

 

O Concello do Barco vén de convocar un ano mais as Bolsas para compra de libros e material escolar. Estas axudas son para segundo ciclo de infantil para o curso 2023/2024. O prazo para a súa solicitude é dende o dia de hoxe,  6 de xuño ata o día 1 de xullo .

Para mais información consulta ou aclaración dirixirse o Departamento de Servizos Sociais. Praza do Concello nº 1. 32300 TLF: 988320202 Extensión: :2168

Tedes como anexos a este post o BOP coa orde da convocatoria e os modelos de solicitude.

 

 

Formándonos na Radio

Hoxe tivemos unha xornada de formación na Radio, tanto para o alumnado de 4º curso de primaria, que elaboraron uns moi interesantes programas, como para o profesorado do centro, coma podemos ver na imaxe, que aprendemos a controlar a mesa de mesturas para sermos uns "cracks" na gravación de programas.

A formación déunola Damián de PNO (Ponte Nas Ondas), e coma sempre que nos visita deixounos unhas ganas tremendas de facer os nosos programas de radio.

Así que xa o sabedes, DinoRadio vai botar fume!!!

 

O noso proxecto documental xa vai dando froitos!

O noso proxecto Documental sobre o camiño de inverno xa vai dando os seus primeiros froitos. E tal como agroman as cereixas nestes días de maio, así agroman as investigacións que fixemos para informarnos das descubertas que fixemos camiñando a nosa etapa do Cemiño.

@s nen@s de 3º, 4º e 5º fixemos unha etapa dende Tremiñá á Proba, volvendo pola beira do Sil. Atopamos moitas prantas e, despois de identificalas coa axuda de Plantnet, procuramos información sobre elas.

Tamén identificamos algúns lugares do Barco que teñen importancia na traxectoria do camiño no noso concello.

O noso

Final do campionato de Xadrez

Hoxe xogamos a final do campionato de Xadrez que organizou a Biblio do cole, enfrontado a Pedro de 4º contra Yordi de 5º.

Levaban xa catro partidas gañadas cada un, contra compañeir@s moi ben preparados, pero foron quen de ir vencendo en todos os emparellamentos que lles tocaron.

Finalmente tiveron este enfrontamento, do que resultou gañador Yordi de 5º curso.

Noraboa a tod@s @s participantes, e sen dúbida están deixando un ronsel de xogadores nos tempos de lecer na biblio que dá gusto velos!

 

Biblioteca Creativa

Tivemos a sorte de contar o pasado 23 de maio con Manuel Darriba e Aida Alonso, coautores de Pedro, o piloto de gaivotas, un libro no que Manuel Darriba conta da súa experiencia como pai dun neno especial, Pedro, e ao que Aida fai unha marabillosa contribución como ilustradora.

Logo fixeron un obradoiro no que puidemos aprender como ilustrar un libro.

Unha experiencia fantástica.

Dentro de poucos días tamén nos visitará Damián de Ponte nas Ondas para traballar a edición de podcasts e máis o manexo da mesa de mesturas da nosa radio.

En fin, unha fin de curso chea de actividades e de aprendizaxes.

Axudas para os libros de texto

Na Orde do 7 de maio de 2024,( https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0...) sae publicado o texto da convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo da solicitude vai do 21/05/2024 ao 21/06/2024, ambos os dous incluídos. O número do procedemento administrativo que se corresponde coa orde é ED330B.

O xeito de presentacións das solicitudes será:

  1. preferentemente electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia, presentando unha solicitude individual para cada un dos seus fill@s),
  2. Presencial con asistencia da aplicación (cubrindo os datos na aplicación fondolibros [https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/], imprima os anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo) 
  3. de xeito Presencial Manual, empregando os Anexos I e II da orde da convocatoria (que se anexan a este post) e presentándoos na secretaría do colexio.

Documentación necesaria:
- Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
- En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Se a persoa solicitante (Anexo I) e/ou os membros computables (Anexo II) se opoñen á consulta de datos, deberán achegar os documentos xustificativos:
- DNI ou NIE
- Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.
- Percepción de pensión por incapacidade ou de pensión de clases pasivas por xubilación o retiro por incapacidade permanente

Ataque vandálico á instalación das Letras Galegas no Malecón

Neste día de Santa Rita, un día despois de ser instalado, o Pórtico de Luisa Villalta foi destrozado por uns desalmados.

Neste acto non só hai unha mostra de violencia gratuíta contra das iniciativas culturais que xorden dos centros educativos da nosa localidade, hai tamén un desprezo polo traballo da nosa xuventude, pola nosa cultura e a nosa lingua, ao tempo que se lle arrebata o dereito a toda a poboación de desfrutar dunha oferta cultural elaborada polo alumnado dos centros educativos da nosa comarca.

Non é raro que nas noites de fin de semana se destroce mobiliario urbano á saída do ocio nocturno, o que si é raro, e nos debería facer reflexionar, é a indeferencia con que moitos e moitas de nós, observamos iso e pasamos por diante dos destrozos coma se fose algo normal.

Por iso nós animamos a que recompoñamos o Pórtico, e realicemos un acto de desagravio á nosa Luisa Villalta, e que toda a poboación demostre, dunha vez por todas, que non queremos que uns bárbaros condicionen a nosa vida.

Nova emisión de Radio

Hoxe emitiremos entre as 2 da tarde e as tres e media un programa de radio aproveitando a estancia do alumnado do colexio Diogo Cao de Vila Real, que nos devolven a visita que fixemos nós ao seu centro no mes pasado.

Coma queremos que se vaia facendo habitual, faremos unha emisión en directo e logo subiremos o programa gravado en podcast á páxina do colexio.

Deixámovos aquí o reprodutor de radio para que poidades seguir o programa.

Feliz Día da Nai

Todas as nais sodes un alicerce moi importante desta grande familia que é o Condesa, así que neste primeiro domingo de maio velaí vai a nosa sinceira felicitación.

Powered by Drupal - Design by artinet