Na Orde do 7 de maio de 2024,( https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0...) sae publicado o texto da convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
O prazo da solicitude vai do 21/05/2024 ao 21/06/2024, ambos os dous incluídos. O número do procedemento administrativo que se corresponde coa orde é ED330B.
O xeito de presentacións das solicitudes será:
- preferentemente electrónica (na sede electrónica da Xunta de Galicia, presentando unha solicitude individual para cada un dos seus fill@s),
- Presencial con asistencia da aplicación (cubrindo os datos na aplicación fondolibros [https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/], imprima os anexos I e II producidos e presentándoos no centro educativo)
- de xeito Presencial Manual, empregando os Anexos I e II da orde da convocatoria (que se anexan a este post) e presentándoos na secretaría do colexio.
Documentación necesaria:
- Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
- En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Se a persoa solicitante (Anexo I) e/ou os membros computables (Anexo II) se opoñen á consulta de datos, deberán achegar os documentos xustificativos:
- DNI ou NIE
- Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia.
- Percepción de pensión por incapacidade ou de pensión de clases pasivas por xubilación o retiro por incapacidade permanente
Anexo | Tamaño |
---|---|
ED330B 2425 Fondolibros.pdf | 3.49 MB |