Contacontos

Apadriñamento lector de quinto curso (Os tres porquiños)

O alumnado de quinto B sumáronse aos apadriñamentos lectores. Coma este ano non podemos ler os contos en vivo e directo, elaboraron este vídeo para que se lles transmita ás alumnas e alumnos de Ensino Infantil.

Gardamos o protocolo Covid, pero o virus non pode impedir que nos relacionemos dun xeito solidario no noso colexio, non si?

Un gato cunhas botas marabillosas!

De novo o alumnado de 4ºB agasallounos cunha fermosa adaptación do conto clásico de Perrault "O Gato con botas".

Deixámovos eiquí a súa actuación dentro do programa da biblio O Conto do Xoves.

Desfrutade coma desfrutamos nós na Biblio.

Volve o Conto do Xoves

De novo o alumnado de 4ºB nos agasallaron con este conto do rato Antón, que debecía por comer un pouco de queixo... e non vos conto máis, que para iso mellor vemos o vídeo.

 

Mamá Cabra e os sete cabritos

Os de terceiro seguen facendo das súas. O outro día viñeron contar un conto, o da Mamá Cabra e os sete cabritos, aos pequeniños. Tentamos gravalos pero tivemos algúns problemas, así que decidimos facer unha nova gravación e probar como ía a pantalla de chroma.

O resultado podédelo ver aquí.

 

A que sabe a lúa)

Sen lugar ás dúbidas Pablo e Iker nos poden dicir a que sabe a lúa, e se non me credes mellor mirade este vídeo do conto que nos contaron o outro xoves na Biblioteca.

A Cincenta

Seguindo coa actividade dos Contos dos Xoves, son hoxe Rebeca e Lara as que nos traen este precioso clásico á Biblioteca.

A ver que vos parece!

 

A toupiña

Un grupo de nais nos contan o conto da Toupiña. Todo un clásico!

 

Unha carrapuchiña moi especial

Se queredes ver que é o que fixo esta Carrapuchiña co lobo e máis a avoa, non tedes máis que ver este vídeo do contacontos que fixeron, para os máis pequenos do cole, Sandra e Manuel.