quinif

VAILLE CO CONTO AO PROFE

Durante o recreo hai na Biblioteca un profe, que espera a todos aqueles que se presenten cun libro e con disposición de ler e ser escoitados

 

 

OS MARTES CONTO

Os martes póla tarde, despois do toque do timbre ás 5, hai na Biblioteca un profe, pai/nai, que conta un conto a todos aqueles que alí acudan.

 

A HORA DOS DEBERES

 
Tódolos días de dúas e media a tres e media, tralo xantar no comedor, abrimos a Biblioteca para tódolos/as alumnos/as que desexen facer nesa hora os labores que lles poñen os mestres e as mestras  para as clases.

 

FORMACIÓN DE USUARIOS

Realizamos todos os anos actividades de formación de usuarios, tentando de que o alumnado saiba das normas da biblioteca, de como esta se organiza, dos recursos que pode atopar nela... en fin, trátase de que cando chegue á biblioteca saiba como atopar o que necesita.

Para isto temos, entre outras actividades, unha serie de actividades en JClic que nos axudan a comprender a organización e recursos da nosa biblioteca.

 

 

A BUSCA DO TESOURO

 

Profes que dende diferentes dependencias do colexio, relatan e escenifican un conto a súa maneira. Nel darán unhas pistas que lle servirán aos alumnos/as a atopar o tesouro agochado.

 

O BARQUIÑO DE PAPEL: BOLETÍN DA BIBLIOTECA

O Barquiño de papel é a revista que trimestralmente edita a Biblioteca do noso centro. Noutro espazo desta mesma web tedes acceso electrónico a todos os números publicados.
No interior do Barquiño se atopan as actividades que realiza a Biblioteca, as novidades que todos debemos coñecer, e, como non, recomendacións lectoras.

 

A OLIMPÍADA DO SABER

Un grupo de mestres do cole descubriron este curso unha terrorífica realidade...na biblioteca hai respostas agachadas...Así que decidiron encargar aos nenos/as deste colexio a dificil tarefa de cazar a todas esas respostas que se esconden  nos andeis da biblioteca.

O CONTO VIAXEIRO

Os nenos/as de infantil e de primaria levan un libro á súa casa. Alí con axuda dos seus familiares escriben e ilustran unha folla do libro, continuando a historia. Ao remate, e despois de pasar por tódalas casas dos nenos e nenas o libro regresa á clase, cargado de historias interesantísimas.

 

XOGOS DE MESA

Para aqueles que non acuden á Biblioteca a ler, hai unha serie de xogos de mesa cos que os nenos/as poderán pasar un bo rato xogando ao Parchís, Oca, Xadrez, Damas, Pai-filla-nai e moitos outros xogos.

Claro que tamén os hai que se adican a aprender origami.

 

LECTURA SILENCIOSA

Todos os días ao chegarmos ao colexio tod@s nos poñemos a ler en silencio. É o noso xeito de comezar ben o día, cunha lectura da nosa elección, axeitada ao noso gusto e ao noso nivel lector. Logo, cando toca o timbre comezamos a traballar con outro ánimo.

 

LECTURA DO VENRES

Os venres a lectura silenciosa interrómpese durante algúns minutos cando entran nas aulas os alumn@s do curso a quen esa semana lles toca facer esta lectura en voz alta. Lemos aos nosos autores: Cunqueiro, Rosalía, Menuel María, Ana Mª Fernández... Cando nos toca ir polas aulas, a semana antes ensaiamos na clase para que a lectura sexa un éxito.

 

EXPOSICIÓNS TEMPORAIS

No Barquiño aparecen recomendacións de lecturas, que son acompañadas de exposicións dos libros nun recanto da Biblioteca, e que permiten aos nenos e nenas usuarios da biblioteca coñecer mellor os fondos que  existen nela.  

 

CLUBES DE LECTURA

A biblioteca organiza clubes de lectura, de escritura, e, dende que somos centro plurilingüe, un reading club.

Esta é unha forma moi interesante de achegar aos nenos e nenas do colexio ao hábito de ler e escribir. Todos os clubes se reúnen cunha periodicidade semanal durante un recreo, para comentar os seus progresos na lectura, intercambiar opinións sobre a mesma, e ir acordando outros retos lectores.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Algúns nenos do colexio, que disfrutaron con algunha lectura en especial, moitas veces queren recomendar esa mesma lectura aos seus compañeiros... e que mellor xeito que converterse en booktubers, recomendadores de lecturas na rede, non si?

 

 

CONTANDO PARA OS MÁIS PEQUENOS

O alumnado de Primaria se nos anima a contar contos aos seus compañeiros máis pequenos de infantil, durante os períodos do recreo.

A verdade é que de aquí poderán saír verdadeiros "cuentistas" profesionais.