try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

2º Curso

Explosión volcánica en 2ºA

Deixámovos aquí un vídeo co proxecto sobre volcáns de Violeta de 2ºA.

Deixóunos abraiados coa de lava que foi quen de facer con catro materiais, e, ademáis, de regalo explicounos que é un volcán.

Desfrutádeo!

 

Kamishibai Kamaleónico

O Kamishibai este ano non parou. Primeiro coa ciencia en galego, logo contando contos por aí adiante, e finalmente con estes rapaces de segundo curso que nos veñen contar a historia dun Camaleón que andaba á procura dun pouco de inspiración... e abofé que a atopou!

 

Os Osos Panda

Agora é a quenda de Rocío que nos fala da apaixoante vida dos Osos Panda, comedores de bambú.

A árbore xenealóxica

Agora tócalle a Lucía explicar que é unha árbore xenealóxica, e nos mostra a súa propia.

Dinosauros

Unha moi interesante investigación sobre os dinosauros do cretácico, realizada por Manuel.

A enerxía

En segundo continúan facendo traballos de investigación moi, pero que moi, interesantes. Desta volta Emma nos fala dos usos da enerxía e dunha delas en especial, unha enerxía renovable que nos alborota a cabeleira: a enerxía eólica.

Distribuir contido