try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Axenda 21 Escolar

Páxina do Comité Ambiental do Ceip Condesa de Fenosa. Actividades ambientais, ecoloxía...

1º Premio no Primeiro Congreso Medioambiental do Barco

Estamos moi contentos porque vimos de gañar o 1º premio do primeiro congreso medioambiental organizado polo Concello do Barco de Valdeorras, co proxecto "Moitas mans pequenas fan cousas moi grandes".

Neste proxecto explicamos as actividades que levamos a cabo no centro relacionadas co coidado da contorna e a sustentabilidade.

O proxecto presentárono os nenos e nenas do noso comité ambiental.

Tedes máis información e a presentación do proxecto na páxina da Axenda 21.

Noraboa a todos e a todas, xa que é un premio colectivo.

 

imaxe do congreso

Axenda 21 Escolar

Moitas mans pequenas fan grandes cousas

 

A axenda faise entre todos e todas!

Dende hai uns cantos anos, no noso colexio estamos a levar adiante diversos proxectos e actuacións encamiñadas  á educación ambiental do noso alumnado.
prantación no día forestal mundial
Participamos en numerosos proxectos do concurso medio-ambiental Voz Natura referidos ao lixo, á xardineiría, á plantación de árbores.... Tamén participamos nun proxecto de compostaxe doméstica promovido polo Ministerio de Medio Ambiente e nas Semanas da Natureza do Concello do Barco. Houbo ademáis proxectos e iniciativas que desenvolvemos por nós mesmos, sen esperar a que ningunha institución convocará concursos o propuxera actividades.
Dende o curso 2006-07 desenvolvemos a nosa axenda ambiental para o século XXI, a nosa axenda 21 Escolar de Galicia, e neso aínda estamos a traballar hoxendía.


Algúns exemplos

No desenvolvemento da Axenda durante o curso 2006-07 fixemos as seguintes cousas:

  1. Creamos o Comité Ambiental do Centro, con participación do profesorado, o alumnado, nais e pais e persoal non docente.
  2. Analisamos o noso consumo de papel e acordamos medidas para o seu aforro, que se concretaron en 8 puntos que todo o colexio asinou.
  3. Arranxamos un patio interior do colexio e comezamos a traballar para crear unha horta aromática
  4. Fixemos un safari fotográfico sobre as cousas e lugares que nos gustan ou non no noso centro, para elaborar un mapa emocional.
  5. Relanzamos a recollida selectiva de residuos, que estaba un pouco adormecida.
  6. Seguimos traballando coas patrullas verdes que non acababan de coallar nos cursos anteriores.

Durante o curso 2007-2008 centrámonos en afondar nas dinámicas xa comezadas no curso anterior e no aforro enerxético. Tamén tentamos mellorar o funcionamento do Comité ambiental, para facelo máis participativo e democrático.
Unha mostra do que é a participación no centro son as patrullas verdes. O seu funcionamento está moi ben explicado por estas alumnas no vídeo que tedes eiquí mesmo.

Podedes ver como é a nosa filosofía da axenda, e o funcionamento do comité ambiental nestas dúas presentacións.


Separarmos ben o lixo, un xeito de aforrar enerxía

Pois si, se somos quen de separar ben o lixo que reciclar é un xeito de aforrar enerxía e recursosproducimos estaremos aforrando enerxía, xa que evitaremos gastos na extración de materias, a producción dos materiais requerirá menos procesos industriais, e, ademáis produciremos menos lixo. Así que está na nosa man aforrar enerxía, e moita, só cun pequeno xesto, elixindo axeitadamente o colector no que depositar o noso lixo.
Por suposto o mellor lixo é aquel que non se produce, así que a redución é o noso primeiro R, pero  a reciclaxe tamén é moi importante. Por iso preparamos este JClic no que, na realidade virtual, podes ir ensaiando a separar axeitadamente os teus refugallos e contribuír a un mundo máis limpo, máis ecolóxico... máis agradábel para a vida.

Avaliación da Axenda 21

Neste curso queremos saber as vosas opinións sobre as actividades que estamos a levar adiante dende a Axenda no colexio, como valorades os cambios realizados e as novas propostas que fixemos.
Coas vosas respostas seguro que imos mellorar de cara ao ano que vén.

A nosa Paisaxe en V Televisión

Neste programa de V Televisión "Van de verde" fan unha reportaxe sobre as xornadas de paisaxe que se realizaron no noso colexio por mediación da Axenda 21 e o comité ambiental do centro, e no que participaron distintos centros de Galicia implicados na conservación do medio ambiente.
Aínda que o programa enteiro é de moito interese, se queredes ver concretamente a reportaxe do colexio podedes ir ao minuto 9:30 que é cando comeza.

Avaliación dos Piñeiros

Como todos sabedes dende hai un tempiño estamos a fedellar cos piñeiros verdes e vermellos en distintos lugares do colexio, especialmente no comedor, coa intención de controlarmos o ambiente ruidoso que se detectara.

Agora é o momento de avaliarmos se esta medida está dando resultados, e se podemos facer algo para mellorar a súa eficacia. Para iso vos pedimos que cubrades esta enquisa que vos  presentamos aquí.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Actividades do ano 2012

Neste curso 2011-2012 realizamos unha serie de actividades para a  posta en marcha da nosa Axenda 21 Escolar, e queremos darlle visibilidade para que todos poidamos ver como, ao través de pequenas accións podemos, aos poucos, cambiar o mundo.

 

Ideas para unha biblioteca silenciosa

@s alumn@s membros do Comité Ambiental do colexio reuníronse para transmitir as ideas que recolleron para termos unha biblioteca máis silenciosa, que é o obxectivo que nos marcamos neste curso 2010-2011.  As principais ideas que se aportaron foron:

  • Traballamos na concienciación do dano que fai o ruído. O ruído é contaminación. Procuramos información nas aulas e faremos murais para concienciar aos usuarios.

  • Comunicarnos na biblioteca escribindo, e non falando. Así melloramos o silenzo e tamén melloramos a nosa caligrafía.

  • Apuntar nunha libreta aos que se porten ben e aos que se porten mal.

  • Realizar un concurso do día menos ruidoso.

  • @s encargad@s da Biblioteca deberían ocuparse tamén do ruído.

  • @s gardiáns do silenzo. Serían encargados levando unha testemuña ata que descubrisen a alguén facendo ruído; nese intre daríanlle a testemuña ao ruidoso que quedaría como encargado do silenzo.

  • A biblioteca é para ler, estudar ou facer xogos de mesa... os que non estean facendo algo disto terán que ir ao patio.

  • Colocar o semáforo do ruído na Biblioteca.

  • Colocar un "Porteiro de Discoteca" na porta da biblioteca que non deixe entrar aos que veñan montando ruído.

  • Agruparse por deberes, xogos, lecturas nos distintos espazos da biblioteca.

  • Maior presenza de profes para controlar a actitude dos que están na biblioteca.

  • Levar unha estatística dos que se portan ben e/ou mal na Biblioteca

Proxectos para o novo século!

Veleiquí podedes ver o noso album de fotografías no que se reflicten as distintas actividades nas que andamos fedellando dende hai uns cantos aniños. Presentámolas clasificadas por temas:

Distribuir contido