Normalización Lingüística

O teu son vaime!

Mirade que fermoso vídeo realizado por centros de toda a xeografía da nosa fala (dende o norte de Portugal ata os territorios dos nosos irmáns do Bierzo), decindo algo que é a esencia do futuro do noso idioma: Arrecheguémonos para semos nós!

Podemos sentir todos os sotaques con que falamos ao longo do país, e aínda así comprobar como nos entendemos e podemos fundirnos neste canto xeral, harmonizando e acompasando os nosos sons.

E con Ghayoso fundíndose co seu micro!

Ciencia en Galego e para todas as idades

Como todos os anos, polo mes de novembro, @s nos@s mellores científic@s póñense a bata branca e preparan os seus experimentos para contarnos que é iso da ciencia, e as cousas tan fantásticas que podemos facer traballando con elementos tan cotiáns coma auga, colorantes, aceite, bicarbonato....

E por suposto, no noso idioma, porque a máis de termos verbas "fermosas", temos, coma todos os idiomas do mundo, a capacidade de entender e explicar con el todo o que sabemos da natureza.

Por isto, o alumnado do noso centro e as súas familias, un ano máis enchen esta páxina de ciencia da boa, de ciencia en galego!

 

Inf 3aA
Inf 3aB
Inf 4
Inf 5
Prim 1ºA
Prim 1ºB
Prim 2ºA
Prim 2ºB
Prim 4º
Prim 5º
Prim 6º

 

 

Todo un ano de Letras Galegas

Trágame Terra 2021 homenaxea a Xela Arias

Coma todos os anos por esta época editamos o noso número da revista escolar "Trágame Terra", adicada neste ano 2021 á poeta lucense Xela Arias.

Desfrutádea!

Día da Paz. Temos alguén no noso corazón!

Este ano, a canción que eliximos para cantar no Día da Paz, non é outra que "Eu teño alguén" de María Fumaça. As nenas e os nenos do colexio quixeron traducila ao linguaxe de pictogramas, e veleiquí tedes o resultado.

Actividades do 2º Trimestre

Achegamos aquí as actividades realizadas no colexio a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Texto de Presentación 2º Trimestre by quinif on Scribd

TRABALLOS ESCOLARES by quinif on Scribd

ENTROIDO 2018 by quinif on Scribd


Imaxina pictogramas

Achega do profe Rubén para seguir a cantiga de Imagine. Pictogramas de doada lectura para tod@s, e en galego... que máis se pode pedir?

Actividades 1º trimestre curso 2017-2018

Comézamos coa actualización da lapela de Normalización, coas actividades realizadas durante o 1º trimestre do presente curso.

A través desta lapela tratamos de informar á Comunidade Educativa das actividades levadas a cabo co gallo do fomento da lingua galega, e máis como un depositario de actividades para o uso de profesorado e familias.

Unha das primeiras das actividades que se fixeron no centro foi: a celebración da Festa de Samaín, na que desfrutaron nos diferentes obradoiros os/as alumnos/as de E. Infantil e os do primeiro ciclo de E. Primaria.

Na semana seguinte celebramos a festa do Magosto, nela participou toda a Comunidade Educativa. Ao longo de toda a semana nas aulas realizáronse diversas actividades relacionadas con este tema. Unha delas foi a investigación sobre o vocabulario, característico desta zona, en relación coa “castaña” titulada “Dicionario castiñeiro”.

Un ano máis celebramos a semana da Ciencia en galego” dende o día 20 de novembro ata o 24 deste mesmo mes, actividade que foi realizada pola meirande parte do alumnado. Ao longo da semana, en cada unha das aulas, elixíronse os seus experimentos . En E. Infantil e no primeiro ciclo de E. Primaria contouse coa colaboración das familias. No resto dos ciclos os protagonistas foron os alumnos/as.

Co gallo da celebración do Nadal efectuáronse diversas actividades, unha das máis motivadoras para o alumnado de E. Infantil foi a presenza da figura de “O Apalpador” e a visita dos Reis Magos, empregando coma sempre a nosa lingua como o vehículo principal de expresión.

A continuación podedes ver imaxes dalgunhas delas.

Actividades do EDLG by quinif on Scribd

Liña do tempo de Carlos Casares

Ciencia en Galego

Alguén dixo que en Galego non se pode facer ciencia?

O noso alumnado ten demostrado en todas as edicións desta actividade que si se pode facer ciencia en galego, e que ademáis pode ser extremadamente divertido.

Ollade se non este vídeo que recolle os experimentos da edición de 2016 da nosa ciencia en galego.

Distribuir contido