Normalización Lingüística

Día da Paz

 

Como cada ano, co gallo da celebración da Xornada pola Paz, o noso centro realizou un conxunto de actividades tanto de aula como conxuntas de todo o centro, que remataron nunha actividade festiva en conxunto que nesta ocasión se realizou na tarde do día venres 30 de xaneiro de 2015.

 

En consonancia coa temática traballada no Proxecto Documental Integrado adicado á Toleranza e a Convivencia, e facéndonos eco dos acontecementos luctuosos acontecidos recentemente en Francia, e que esixían pola nosa parte unha intervención educativa, para traballar aspectos tan importantes da CONVIVENCIA, como son a toleranza e o respecto ás liberdades individuais, entre as que destaca a liberdade para expresar as ideas e crenzas propias. Nesta ocasión, decidimos centrar a temática entón na “LIBERDADE DE EXPRESIÓN”,

 

Accordouse realizar ACTIVIDADES DE AULA, e máis ACTIVIDADES CONXUNTAS DE CENTRO. Para o primeiro caso, se deseñaron e realizaron actividades máis artísticas para os niveis inferiores e de búsqueda de información e reflexión para os niveis superiores. Froito destas actividades previas dan mostra as seguintes imaxes.

 

Simultaneamente o profesorado do centro comezamos a organizar as actividades a realizar no ACTO FESTIVO realizado o día 30 de xaneiro. Acordouse realizar as as seguintes actividades:

 

  • BERROS POLA PAZ.

 

  • ÁRBORES POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN.

 

  • PEGADO CONXUNTO.

 

  • COREOGRAFÍA POLA PAZ.

 

Nos gustaría que no futuro non sexa preciso conmemorar un día da PAZ, porque iso significaría que todos os días son días de PAZ no mundo. Mentras tanto, aprendemos con esta xornada a que aínda que sexamos un grupo moi numeroso, podemos compartir unha actividade lúdica nun clima de PAZ.

 

A continuación nun documento anexo, podedes ver explicadas con detalle as actividades realizadas, acompañadas dunha selección de imaxes dos momentos vividos.

 

 

Actividades da Paz 2015

O NADAL NO CONDESA

Como cada ano, coa chegada do mes de decembro, teñen lugar as celebracións do Nadal. No condesa non deixamos pasar a oportunidade para festexar ao tempo que reivindicar a necesidade de retomar as nosas tradicións máis populares, como son a figura da personaxe de nadal “O Apalpador”, empregando coma sempre a nosa lingua como o vehículo principal de expresión. Esta foi a programación de ACTIVIDADES DO NADAL para o mes de decembro:

  • Primeira quincena: Ambientación de pasillos e aulas.
  • Martes 16 de decembro: Visita do Apalpador.
  • Xoves 18 de decembro: Festival de Nadal.
  • Venres 19 de decembro: Xoves 8 de xaneiro: Reanudación das clases do segundo trimestre.
    • Visita dos Reis magos.
    • Entrega de notas en horario de 10 a 13:30.

A continuación podedes ver nun documento, todas estas actividades detalladas con imaxes que as ilustran.

Nadal 2014

Todas estas actividades serviron un ano máis para favorecer a integración das familias na vida do noso centro e empregar nun contexto lúdico a nosa lingua como vehículo de comunicación e expresión cultural e artística. Dende o equipo de Normalización,  estamos a traballar xa nas actividades de fomento do emprego da nosa lingua para o segundo trimestre.
VOLTAREMOS!!!!

Día da ciencia en galego 2014-15

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, (4 de novembro) o noso centro leva todo o mes realizando experimentos en galego polos rapaces e rapazas de Educación Infantil, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

O día 28 de novembro no noso cole fixemos un FESTIVAL DE CIENCIA EN GALEGO, no que por grupos poidemos ver videomontaxes dos experimentos realizados.

No documento anexo, podedes ver un listado completo dos experimentos realizados. Amais diso, a continuación poderedes ver as catro videomontaxes dos experimentos realizados polos cursos 4ºA/B, 5ºA, 5ºB e 6ºA/B. Agardamos que disfrutedes do seu visionado e que vos sirvan para facer estes experimentos na vosa casa ou escola.

Ciencia en Galego 2014-2015

Vídeo cos experimentos de 6º Agora os experimentos de 5ºB A seguir os experimentos de 5ºA Para rematar os experimentos de 4º

O Samaín do Condesa

Outro ano máis, vimos de celebrar o 30 de outubro a festa do "Samaín" no cole. Contamos con activades moi variadas para tódolos nenos e nenas. Dende "Exposicións de cabazas" ou calacús nos corredores do cole, unha "Festa do Samaín" para Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria; "Relatos de terror" no segundo ciclo, e unha nova edición de "O tunel do terror" para o 3º ciclo, este ano baixo a temática da "Invasión zombie".

Tendes información máis detallada, así como fotografías destas actividades no documento anexo. Os rapaces disfrutaron moito e xa estamos a pensar en novas actividades terroríficas para o vindeiro curso. Voltaremos!!!

 

samain

Mes das letras

Achegamos aquí unha escolma das actividades que realizamos co gallo do mes das letras 2014, adicadas ao poeta de Guitiriz Xosé María Díaz Castro.

Mes Das Letras

A lingua nas ondas

Dende o Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua do CEIP CONDESA DE FENOSA, estamos a levar a cabo como cada ano actividades para o fomento do emprego e desfrute da lingua oral, dentro dun contexto educativo e lúdico. Nesta liña, este ano, propomos como actividade “estrela” entre outras moitas que impregnan toda a nosa planificación anual a actividade “A LINGUA NAS ONDAS”. Trátase da realización de catro programas de radio que contan como eixo fundamental a figura homenaxeada este ano nas Letras Galegas o poeta Dn. Xosé María Díaz Castro.Os programas serán presentados polos catro grupos de terceiro ciclo (5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB) e contarán coa realización de co laboracións nas distintas seccións co alumnado do resto de ciclos dende Educación Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo de Educación Primaria. Asemade participará o alumnado das aulas específicas plenamente integrado nos seus grupos de referencia.

A emisora local “Radio Voz” emitirá os catro programas de radio gravados polo noso alumnado para toda a súa audiencia, (97.9 FM), dentro do espazo “Fala-redes”, en horario de 10 a 11 (10:15 aprox.)

Obradoiro de Camisetas

Os nenos e nenas de 5º e 6º xa están a preparar as camisetas que lucirán na súa visita á localidade de Arcos de Valdeorras, onde visitarán unha serrería, unha adega, as barreiras de Córgomo, o bosque de ribeira do regato Farelos e os petroglífos de Arcos.
Aquí vos deixamos un pequeno documento onde poderedes ver como se elaboraron as camisetas.

Obradoiro de estampado de camisetas

Iº Certame de logotipos "Mochilas pola lingua"

Durante o mes de febreiro o ENDL convocamos a realización dun concurso de deseño dun logotipo para a actividade de "Mochilas pola Lingua".

"Mochilas pola Lingua"" está dirixida ao alumnado do terceiro ciclo, a realizar co gallo do mes das letras galegas, e que consistirá na visita a pé a unha localidade da contorna (este ano será Arcos), para alí, departindo cos veciños, poderse achegar ao rico patrimonio cultural, histórico e lingüístico da nosa comarca.

Como xeito de identificación ocorréusenos estampar unhas camisetas nós mesmos no colexio, e para iso convocamos o concurso. Habilitamos un espazo nun dos corredores do colexio e alí se colocaron os deseños que se presentaron ao certame. De todos eles escollemos o de Víctor González Escuredo, de 6ºA, que fixo unha composición onde unha bota de camiñante sobre a contorna dun mapa de Galicia, bota a lingua fóra polo cansazo mentres a bandeira da nosa terra a coroa. Noraboa a Víctor e a tod@s @s participantes.

Videoconferencia do día da ciencia en galego

Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego, o martes 12 de novembro entre as 10:30 e as 11:30 o alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria participou nunha videoconferencias vía web, na que unha destacada investigadora galega da Universidade de Santiago de Compostela Marilar Aleixandre (Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na USC. Autora dunha extensa e premiada obra narrativa e poética), achegou o seu proxecto científico sobre os insectos, mediante unha presentación titulada “Benqueridos insectos”. Ademais de seguir a videoconferencia, poidemos interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo. Experiencia novidosa que resultou positiva e motivadora para todo o alumnado e profesorado participante.

Engadimos a presentación empregada pola autora para que poidades revisala con calma.

Benqueridos insectos

Túnel do Terror

Co motivo da festa do Samaín, entre outras moitas actividades, o 30 de outubro rematamos cunha nova actividade titulada “O tunel do terror”.

Coordinado e organizado polo Equipo de Normalización e realizado polo profesorado e alumnado de 6º curso de E.P., consistiu no acondicionamento do corredor de 3º curso, como Túnel do Terror, para que o alumnado de 1º, 2º e 3º ciclo que así o desexase, poidera pasar un momento de medo controlado ao mesmo tempo que disfrutar dunha actividade grupal feita e organizada por eles e para eles. s semanas, O alumnado de 6º curso, xunto co profesorado titor, máis algúns membros do Equipo de Normalización, nos reunimos a fin de organizar o que sería a posta en escea deste terrorífico tunel. Se vestiron de persoaxes de terror e interpretaron o seu papel polo túnel, tentando asus tar ao alumnado participante, sen excesos.

Queremos agradecer aos nenos de 6ºA e 6ºB a súa implicación e participación, así como a todo o profesorado e alumnado que visitou a actividade por respectar as quendas de paso e coidar porque todo transcurira con normalidade.

Agardamos que o vindeiro ano os próximos alumnos/as de 6º organicen un “Tunel do Terror” verdadeiramente “terrorífico”!!!!!

 

Facendo ciencia en galego

Un ano máis celebramos o día da ciencia en galego, xornada para aprendermos na nosa lingua en materias, que dende a asministración educativa nos dicen que non son aptas para ser ensinadas no noso idioma... e vaia que si o son! 

Así o demostran estes rapaces e rapazas que, coa axuda do Kamishibai, un teatriño xaponés, nos explican uns moi interesantes experimentos.

 

Proxecto lingüístico de centro

Este ano as actividades de normalización lingüística do noso centro, como todos os anteriores, van estar enmarcadas nas liñas que marca o noso proxecto lingüístico de centro, que é a concreción anual do proxecto sociolingüístico.
Para que poidades consultar este documento, aquí volo deixamos.

Proxecto lingüístico de centro

O noso lipdub da lingua

Acabamos de rematar a gravación dun lipdub sobre a nosa lingua e a paisaxe, baseado na música do Tren de Andrés do Barro. A verdade é que non nos van dar un Oscar nin un Goya pola nosa obra, pero nós estamos verdadeiramente contentos co resultado, aínda que habería que chamarlle máis vídeo musical que lipdub... na próxima vez que nos metamos a un proxecto deste tipo seguro que cometemos menos erros.

Temos que agradecer a colaboración de Ricardo Pérez Saburido coa cámara e de Román, Mario, Miki e Óscar na parte musical. Tamén, como non podía ser doutro xeito, de toda a comunidade escolar que colaborou dun xeito sensacional.

Con este vídeo, a parte de reivindicar o noso idioma, damos por rematado o proxecto documental sobre os elementos da paisaxe no que estivemos a traballar neste ano, e que saen representados no vídeo.

Distribuir contido