Actividades do Entroido

 

 

Como cada ano, unha das actividades conxuntas máis agardadas é a celebración do Entroido. Nesta ocasión, en consonancia co tema traballado polo Proxecto Documental Integrado relativo á Convivencia e Toleranza, decidimos adicar esta festa ás diferentes “CULTURAS DO MUNDO”, co obxectivo de aproximar ao alumnado á ampla variedade cultural existente no noso planeta, da que debemos ser coñecedores para poder ser tolerantes e defendela como rico patrimonio da humanidade A celebración do Entroido pasou por varias fases:

 

  1. XOVES DE COMPADRES E COMADRES:(5/12 de febreiro respectivamente). Tal como indica a tradición, para esta xornada, as nenas das diferentes aulas elaboraron un boneco (“Compadre” e “Comadre”: un por clase e co nome do curso). Escondérono por fora do colexio 5 minutos antes de sair ó recreo. Os nenos e nenas da súa aula no recreo tiveron que atopalo e o pasearon por todo o patio. Somentes poideron coller o boneco que correspondía á súa clase. Se atoparon agochado outro que non fora o da súa clase, debérono deixar quedar no seu sitio.

    2. ORDES DO MECO : (9-13 de febreiro):Durante unha semana, todo o alumnado e máis o profesorado e persoal do centro, debeu seguir as indicacións diarias dun “Meco” ubicado nunha das entradas do centro. O día anterior pola tarde, o Meco lle iría indicando sobre a indumentaria que deberían levar para o día seguinte. Todos debemos cumprir as súas ordes. Para cada día houbo unha orde distinta. As ordes do meco acordadas para este curso foron as seguintes:

 

  • Xornada da maquillaxe e peiteado”.

  • Xornada da Elegancia”.

  • Xornada da praia”.

  • Xornada do pixama”.

  • Festa do entroido”.

 

3. ACTO FESTIVO:(13 de febreiro): pola tarde do día 13 de febreiro, rematamos as celebracións do entroido, co tradicional desfile e baile de entroido no patio do colexio. Actividade aberta á asistencia das familias e coa participación activa da APA, que para esta ocasión participou preparando unha “CHOCOLATADA” para todos os asistentes, respectando as diferentes intoleranzas alimentarias presentes no noso alumnado, familias e profesorado.

A continuación, como sempre, acompañamos estas liñas cun documento “Scribd”, onde se detallan as actividades do Entroido 2014-2015, documentados cunha boa selección de imaxes. Voltaremos de seguido con novas e divertidas actividades na nosa lingua.

 

 

 

entroido14-15