Blogues

Comeza o curso.... con novidades!!!

Xa temos o noso selo de Vida Saudable

Dende hai tempo levamos traballando na atención e educación para a saúde, especialmente no que atinxe a hábitos alimentarios e actividade física. 

Participamos daquela naqueles programas que desenvolven a adquisición dos hábitos que promoven o benestar físico, psíquico e social, tentando capacitar ao alumnado para que elixa condutas que favorezan a súa saude e benestar, por medio da adquisición de coñecementos e habilidades en temas relacionados coas competencias emocionais, a alimentación, a actividade física e o autocoidado.

Este traballo que se leva facendo recoñécese agora coa concesión deste prestixioso selo por parte do Ministerio de Educación do Selo de Vida Saudable, co que se garante que neste centro ensinamos a manter o noso corpo san e saudable.

Evidentemente estamos moi content@s con esta distinción que nos anima a traballar aínda con máis forza, se cadra, nesta angueira de promover a saúde dende o comedor, as aulas de educación física e de todo o colexio en xeral.

 

 

 

Calendario para o vindeiro curso 2024-2025

Aquí podedes consultar o calendario que imos ter no vindeiro curso 24-25. 

No calendario, a máis das festividades, tedes as datas das avaliacións, entrega de notas, períodos de vacacións, etc...

Vémonos o próximo 11 de setembro.

Que pasedes un bo verán.

 

Calendario 24-25 by Quini Freixeiro on Scribd

Solicitude para o comedor no curso 2024-2025

Está aberto o prazo para solicitar a praza do comedor para o vindeiro curso académico.

Teredes que presentar a solicitude que se anexa a esta entrada do blog, cuberta cos datos da autodeclaración.

Solicitude Comedor 2024 by Quini Freixeiro

 

 

Os nosos proxectos

Este ano os nosos proxectos foron moitos e moi variados.

Aquí podedes enlazar cos blogs onde se mostran os traballos realizados nas clases.

A rá

3 anos B

Dinosauros

Clases de 4 anos


 

O Mar

Clases de 1º EP

O ruído e o silencio

Clases de 2º EP

 

Os indios

3º A de EP

Os 22 amigos

3ºB de EP

@ principiño que tod@s

levamos dentro

4º B de EP

A lactancia materna

6ºA de EP

Dino Radio

Aquí podedes escoitar os programas da Radio Escolar da biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa.

A radio é unha ferramenta moi poderosa para contar todo o que facemos na biblioteca, os proxectos de investigación nos que nos embarcamos nas aulas, os libros que lemos nos clubs de lectura e os textos que escribimos nos de escritura, para falar das nosas actividades do centro, para escoitarmos a música que somos quen de facer...

En fin, a radio, a nosa Dino Radio, vai ser un altofalante que espalle esas cousiñas que realizamos con todo o cariño, que as mimamos, pero que en moitos casos quedan agochadas no interior do colexio sen que ninguén máis saiba delas.

Pois aí vos van, voando nas ondas!

Ah, e por certo, dende agora imos transmitir tamén en directo aínda que tamén gardaremos os podcasts dos programas, pero imos iniciar unha etapa máis audaz lanzándonos ás ondas sen rede.... Se queres oirnos en directo teremos os días que emitamos este reprodutor:

 

Portafolio total do Talento

Escornabots e impresión 3D

Nesta páxina imos ir colocando os recursos que vaiamos xerando a respecto da robótica dende a nosa Biblioteca.

Pretendemos que sexa un lugar onde se poda ver o traballo que se está a facer, unha fonte de recursos e un lugar onde xermolen proxectos.

Polo de agora, outubro de 2017, andamos nesto en cueiros, e coma os nenos pequenos temos dificultades para comezar a andar... dar un paso mete medo e temos que pensalo moito.

Pero estamos convencidos que en breve seremos quen de andar, correr, choutar, anicarnos, bailar...

Ex-alumn@s do Condesa!

Moit@s d@s nos@s alumn@s andan polo mundo facendo cousas do máis interesante; deportistas de elite, artistas, estudantes prodixiosos.... e a nós gústanos lembralos na nosa páxina.

Aquí poderedes explorar algúns artigos e publicacións sobre algúns deles... evidentemente non todos están aquí, así que se tes información sobre algún ex-alumno fai o favor de comunicar connosco e decontado meterémolo nesta escolma.

Seguímosvos a Pista...

Powered by Drupal - Design by artinet