Escornabots e impresión 3D

Nesta páxina imos ir colocando os recursos que vaiamos xerando a respecto da robótica dende a nosa Biblioteca.

Pretendemos que sexa un lugar onde se poda ver o traballo que se está a facer, unha fonte de recursos e un lugar onde xermolen proxectos.

Polo de agora, outubro de 2017, andamos nesto en cueiros, e coma os nenos pequenos temos dificultades para comezar a andar... dar un paso mete medo e temos que pensalo moito.

Pero estamos convencidos que en breve seremos quen de andar, correr, choutar, anicarnos, bailar...