A caixa do Correo

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA, queremos presentarvos unha das novas proposta para este curso, que deu comezo recentemente.

 Trátase da actividade “A caixa do correo”. Na súa andadura inicial, vai ter como destinatarios o alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria mais coa posibilidade de que a poidan disfrutar as etapas, niveis e grupos que así o desexen, unha vez que estea asentada a actividade. Son os obxectivos básicos desta actividade os seguintes:

  • Favorecer o emprego da lingua galega como vehículo de expresión e comunicación escrita.
  • Mellorar a comprensión oral e escrita dun tipo de texto: a carta.
  • Favorecer a integración de todo o alumnado nunha actividade de centro na que ninguén deberá quedar discriminado.

 Para por en marcha esta actividade tivemos que pasar por unha fase previa de preparativos. Durante estas últimas semanas estivemos a fabricar e pintar unha caixa de correos de grande tamaño que colocamos nunha das entradas do centro. Tamén fabricamos o vestiario da figura do carteiro (neste caso carteira).

 Amais diso, realizamos un modelo de sobre-carta que nos permite escribir por unha cara o texto e pola outra o remitente e destinatario.

 Todo este proceso de preparación da actividade, así como as fases de escritura, envío e recepción de cartas, nas dúas quendas iniciais realizadas polo profesorado e alumnado dos niveis 3º e 4º de Educación Primaira, podédelo ver explicado en detalle no seguinte documento anexo, que como sempre acompañamos dunha ampla galería de imaxes.

 A Caixa do Correo