Normalización Lingüística

Exposición de cartaces "As estacións de Manuel María"

Nun intento de dar a coñecer en profundidade a figura do autor homenaxeado polas letras galegas “MANUEL MARÍA” e achegar o resultado dos nosos esforzos de investigación e de traballo artístico ao resto de alumnado da localidade así como ao resto de cidadáns, acordamos por á disposición da concellería de Cultura da nosa localidade “O Barco de Valdeorras”, dos cartaces que compoñen a mostra biográfica “AS ESTACIÓNS DE MANUEL MARÍA”.
En reunión privada coa concelleira de cultura do concello de O Barco, propuxémoslle o préstamo dos nosos cartaces e programación didáctica, realizados sobre a biografía e obra do autor homenaxeado Manuel María, para a súa exposición na casa da cultura de O Barco, baixo o título “As estacións de Manuel María”.
Amosouse moi interesada e puxo á nosa disposición a unha técnico da Biblioteca da vila para a súa coordinación. Se instalaron os cartaces na Casa da Cultura, do 16 de maio ata fin de mes. Esta foi a súa ubicación final na entrada do “Teatro Lauro Olmo”.
Previamente, se invitou aos centros da vila a visitar esta exposición na Casa da Cultura de O Barco, mediante chamada telefónica e envío de emails informativos, coa/as data/as e horario de apertura da exposición.
O noso centro, tamén acudiu á exposición, na xornada do venres 27 de maio, durante o horario da mañá. Os horarios acordados foron os seguintes:

  • EDUCACIÓN INFANTIL E 3º CICLO (5º E 6º E.P.) : Acordaron, visitar a exposición cando volva da Casa da Cultura e se instale no centro.
  • 3ºA/B: 27 de maio en horario de 10:15 a 11:15h.
    4ºA/B: 27 de maio en horario de 11:15 a 12:15h.
    1º CICLO (1ºA/B e 2ºA/B) : 27 de maio en horario de 12:15 a 13:15h.

A continuación coma sempre un documento SCRIBD cunha ampla galería que recolle os momentos vividos nas diferentes visitas que realizou o noso centro.

Exposición de cartacesa "as estacións de Manuel María" by quinif

Na Procura de Manuel María

Tal como é habitual, establecemos unha colaboración moi directa cos E.D.L.G. dos centros públicos da nosa localidade, nun intento por realizar actividades conxuntas que revirtan na mellora do emprego da lingua galega no contexto social que compartimos.
Para este curso, deseñamos esta Campaña conxunta dos Equipos de dinamización da Lingua Galega (EDLG) dos centros de ensino públicos da localidade, e o Centro Comercial Aberto (CCA). A proposta deste ano tivo dúas vertentes:
-ROTEIRO LITERARIO.
-TENDAL XIGANTE NO MALECÓN.
Realizamos estas actividades durante a segunda quincena do mes de maio de 2015 (Do 11 ao 31 de maio) coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas. A temporalización prevista foi a seguinte:
    PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA ANTES OS MEDIOS: 11 de maio na sede do CCA.
    ROTEIRO LITERARIO: Dende o 12 de maio ata o final do mes (día 28 de maio). 
    ENTREGA: Data límite 9 de maio.
    COLGADA DO TENDAL: Aproximadamente 19 de maio pola tarde.
    ENTREGA DOS PREMIOS: Aproximadamente martes 31 de maio pola tarde no CCA.
Para poder coñecer en profundidade esta campaña,  como sempre, acompañamos esta entrada, cun documento en formato SCRIBD coa información detallada da implementación desta actividade, así como unha ampla galería coas que poderedes disfrutar das experiencias realizadas.

 

Na procura de Manuel María

Mochilas pola lingua

 

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos presentarvos a última das actividades que se desenvolveron co gallo da celebración do mes das letras:
“MOCHILAS POLA LINGUA 2016”
Para esta ocasión, as localidades elixidas, foron VEIGAMUIÑOS e TREMIÑÁ, en formato de roteiro de obradoiros.
Realizamos esta actividade o día 7 de xuño en horario escolar reducido (xornada de mañá de 9:15 a 14:15).
Como sempre facemos acompañamos esta entrada dun documento SCRIBD, no que se detalla en profundidade esta actividade na súa planificación, así como unha ampla galería fotográfica para amosar os diversos momentos da mesma.

 

 

Mochilas pola Lingua 2016

A lingua nas ondas

Poñemos á vosa disposición os vídeos dos programas de radio de A Lingua nas Ondas, realizados no noso colexio co gallo da celebración das letras galegas 2016 adicadas ao poeta de Outeiro de Rei, Manuel María.

Con el decimos:

Galicia somos nós,

a Xente e máis a fala

Se buscas a Galicia

En ti tes que atopala.

 

 

 

 

A lingua nas ondas (2016)

Como xa fixemos o curso pasado, o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA co apoio de todo o centro, decidimos volver a realizar “A LINGUA NAS ONDAS”, o noso programa de radio das Letras, que aínda que de complicada organización, deu como resultado o traballo global da competencia comunicativa en lingua galega, pola totalidade do alumnado, favorecendo o dominio da nosa lingua, tanto a nivel oral como escrito.

Durante os meses precedentes, dende o E.D.L.G., comezamos a deseñar a estrutura dos catro programas que se emitirán ao longo do mes de maio.

Dado que o autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Manuel María Fernández Teixeiro, é un escritor con obras de moi variada natureza, incluída moita produción poética para neno, queremos facer a nosa particular homenaxe ao escritor de Outeiro de Rei: así adicaremos os catro programas a coñecer en profundidade tanto a súa traxectoria vital como profesional e literaria. Deténdonos no coñecemento e admiración pola súa extensa obra.

Todo o centro simultaneamente participará nesta actividade, dende Educación Infantil, ata 6º curso de Educación Primaria, integrando a tódolos nenos e nenas independentemente das súas características persoais. Destacamos a participación dos cursos superiores 5º e 6º de Educación Primaria, que se encargarán de 2 das 5 seccións que constitúen os catro programas. 

Como sempre facemos, dispondes de toda a información, así como dunha completa galería de imaxes, no seguinte documento adxunto en formato SCRIBD, que acompaña estas letras.

A Lingua nas Ondas 2016

A Caixa do Correo 2016

 

Postais de Nadal

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA, queremos presentarvos a segunda edición dunha das nosas propostas máis recentes: “A Caixa do correo”.

Tal como sucedeu na súa andadura inicial, vai ter como destinatarios o alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria.

Este curso acordamos dar un novo pulo a esta actividade pasando a un nivel superior. Xa que o curso pasado practicamos a realización de cartas interciclo, nun tipo de sobre-carta particular, este ano acordamos a realización e envío de “POSTAIS DE NADAL” a amigos e familiares, que nun formato de sobre convencional serán elaboradas na aula con diversos formatos.

O EDLG fíxose cargo do custe do do selo e o sobre. Realizamos e revisamos as cartas ou postais na aula cos datos reais de destinatario e remitente que depositamos por cursos na caixa do correo do centro. Posteriormente á oficina de correos da localidade todas as cartas realizadas e debidamente seladas segundo o seu destino.

A continuación nun documento anexo, como sempre facemos, poderedes atopar información máis detallada do desenvolvemento desta actividade, cunha ampla galería fotográfica que ilustra cada momento vivido.

 

A Caixa Do Correo

Ciencia en galego de Ensino Primario

 

CIENCIA EN GALEGO 2015-2016

EDUCACIÓN PRIMARIA

Co gallo do Día da Ciencia en Galego, o noso centro leva todo o mes realizando experimentos en galego polos rapaces e rapazas de Educación Infantil, 5º e 6º de Educación Primaria.

O día 27 de novembro no noso cole fixemos un FESTIVAL DE CIENCIA EN GALEGO, no que por grupos poidemos ver videomontaxes dos experimentos realizados.

Acordamos traballar as fases de investigación científica co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, sobre “Experiencias físicas e químicas”, encadradas nos temas do currículo: Circuitos eléctricos e Enerxías Renovables.

Como sempre, acompañamos esta entrada, coa información completa da implementación desta actividade, así como as catro videomontaxes (E.I., 5ºA/B, 6ºA e 6ºB) coas que poderedes disfrutar das experiencias realizadas.

 

 

Ciencia en Galego Educacion Primaria

Ciencia en galego en Educación Infantil

 

CIENCIA EN GALEGO 2015-2016

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

Comezamos coa actualización da lapela de Normalización, como cada ano para informar á comunidade educativa das actividades realizadas co gallo do fomento da lingua galega, e máis como un repositorio de actividades para o uso de profesorado e familias.

Unha das primeiras grandes actividades realizadas este curso, foi a Xornada de Ciencia en Galego. Actividade que realiza todo o centro, con enfoque e características diferentes.

Comezamos con Educación Infanti, que tamén participou da Ciencia en Galego coma o resto do alumnado, mediante a asistencia voluntaria ao visionado das “Experiencias de Ciencia en Galego” realizadas polo alumnado de 3º ciclo.

Pola tarde da mesma xornada, o 27 de novembro, realizaron os seus propios experimentos, contando coa colaboración dos pais e nais que fixeron as veces de científicos. Os experimentos realizados foron os seguintes:

  •  “Ondas bailarinas”.
  • "O papel que non arde”.
  • O vaso que bebe só”.

 

Ciencia en Galego Educacion Infantil

 

 

Mochilas pola Lingua 2015

 

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos presentarvos a última das actividades que se desenvolveron co gallo da celebración do mes das letras:

MOCHILAS POLA LINGUA”

Trátase dunha saída, realizada a pé, para coñecer en profundidade unha localidade próxima da nosa contorna. Nesta actividade, se visitarán os lugares e edificios históricamente máis relevantes da localidade, se escoitarán charlas por expertos, e se realizarán actividades de campo e dinámicas que nos permitirán comprobar a adquisición de contidos polo alumnado.

Así mesmo, disfrutaremos dunha xornada lúdica de convivencia entre o alumnado, na que o amor polo noso e lingua galega son os verdadeiros protagonistas.

Para esta ocasión, a localidade elixida, é VILOIRA DE VALDEORRAS, unha localidade que aínda que próxima e visitada, é unha grande descoñecida para o noso alumnado.

Aínda que por norma habitual finalizamos o mes de maio con esta actividade, por cuestións do calendario de actividades dos destinatarios, tivemos que retrasar a súa realización para o día 11 de xuño en horario escolar reducido (xornada de mañá de 9:15 a 14:15).

Como sempre, a continuación nun documento SCRIBD, atoparedes en detalle toda a información e galería de imaxes desta actividade que realizamos.

 

 

Mochilas Pola Lingua 14 15

Mochilas pola Lingua 2015

 

Dende o Equipo de Normalización do CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco de Valdeorras”-Ourense), queremos presentarvos a última das actividades que se desenvolveron co gallo da celebración do mes das letras:

MOCHILAS POLA LINGUA”

 

Trátase dunha saída, realizada a pé, para coñecer en profundidade unha localidade próxima da nosa contorna. Nesta actividade, se visitarán os lugares e edificios históricamente máis relevantes da localidade, se escoitarán charlas por expertos, e se realizarán actividades de campo e dinámicas que nos permitirán comprobar a adquisición de contidos polo alumnado.

Así mesmo, disfrutaremos dunha xornada lúdica de convivencia entre o alumnado, na que o amor polo noso e lingua galega son os verdadeiros protagonistas.

Para esta ocasión, a localidade elixida, é VILOIRA DE VALDEORRAS, unha localidade que aínda que próxima e visitada, é unha grande descoñecida para o noso alumnado.

Aínda que por norma habitual finalizamos o mes de maio con esta actividade, por cuestións do calendario de actividades dos destinatarios, tivemos que retrasar a súa realización para o día 11 de xuño en horario escolar reducido (xornada de mañá de 9:15 a 14:15).

Como sempre, a continuación nun documento SCRIBD, atoparedes en detalle toda a información e galería de imaxes desta actividade que realizamos.

 

 

Mochilas Pola Lingua 14 15

Distribuir contido