try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Condesa de Fenosa

Actividades 1º trimestre curso 2017-2018

Comézamos coa actualización da lapela de Normalización, coas actividades realizadas durante o 1º trimestre do presente curso.

A través desta lapela tratamos de informar á Comunidade Educativa das actividades levadas a cabo co gallo do fomento da lingua galega, e máis como un depositario de actividades para o uso de profesorado e familias.

Unha das primeiras das actividades que se fixeron no centro foi: a celebración da Festa de Samaín, na que desfrutaron nos diferentes obradoiros os/as alumnos/as de E. Infantil e os do primeiro ciclo de E. Primaria.

Na semana seguinte celebramos a festa do Magosto, nela participou toda a Comunidade Educativa. Ao longo de toda a semana nas aulas realizáronse diversas actividades relacionadas con este tema. Unha delas foi a investigación sobre o vocabulario, característico desta zona, en relación coa “castaña” titulada “Dicionario castiñeiro”.

Un ano máis celebramos a semana da Ciencia en galego” dende o día 20 de novembro ata o 24 deste mesmo mes, actividade que foi realizada pola meirande parte do alumnado. Ao longo da semana, en cada unha das aulas, elixíronse os seus experimentos . En E. Infantil e no primeiro ciclo de E. Primaria contouse coa colaboración das familias. No resto dos ciclos os protagonistas foron os alumnos/as.

Co gallo da celebración do Nadal efectuáronse diversas actividades, unha das máis motivadoras para o alumnado de E. Infantil foi a presenza da figura de “O Apalpador” e a visita dos Reis Magos, empregando coma sempre a nosa lingua como o vehículo principal de expresión.

A continuación podedes ver imaxes dalgunhas delas.

Actividades do EDLG by quinif on Scribd