Blogues

Resistirei!

Deixo aquí a partitura de Resistirei, do Dúo Dinámico, que veu a se converter no himno deste confinamento.

Podémolo tocar, e cantar con esta letra:

Nestes días de estar na casa

Días de pixama e parchís

Días que ás oito da tardiña

Saímos ao balcón para aplaudir

Resistirei ao confinamento

Resistirei, Don't worry

Todo vai saír ben

Lavando as mans ben e con frecuencia

con xabrón ou champú ou se queres hidroxel.

Resistirei ao confinamento

Resistirei, Don't worry

Todo vai saír ben

E cando todo isto vaia rematando

Ao Condesa

Eu volverei!

 

Coronavirus: Coñecelo para derrotalo.

Tod@s sabemos o que está a pasar por mor da pandemia do coronavirus, da xente que enferma, do confinamento...

Con esta secuencia de actividades pretendemos que tod@s saibamos con que nos enfrontamos: que é un virus, como se multiplica, cales son os seus puntos febles e como podemos acabar con el.

Preme aquí para acceder a estes contidos.

Biblio e Coronavirus

Fai coma o Dinosabio!!!

Acaba co Coronavirus con lecturas que te acompañen durante o confinamento.

Ler sempre é unha boa compaña, e agora, que temos que quedar na casa moito mellor aínda.

As rapazas e rapaces de 5º e 6º que lembren que teñen ao seu dispor a biblioteca dixital da Consellería de Educación dispoñible en http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/#indice, cunha morea de libros en galego, castelán e inglés.

 

 

Ana Pérez Varela, premio Domingo Fontán

Ana Pérez Varela, ex-alumna do noso centro, vén de recibir o premio Domingo Fontán polo seu traballo de investigación «O prateiro compostelán Ricardo Martínez Costoya (1859-1927): Contexto, vida e obra».

Como sempre que o noso ex-alumnado acada estes niveis de excelencia no seu traballo, alegrámonos enormemente, e por iso queremos compartilo aquí neste espazo da nosa Web.

 

Programa do Día de Rosalía e da Muller

Velaquí tedes o noso programa de Radio na Biblioteca adicado á nosa poeta Rosalía de Castro e ás mulleres no seu día.

Temos entrevistas, previsión do tempo, novas sobre Valentina Tereshkova e a estrela Rosalía, e uns textos inéditos de Rosalía, ademáis dunha entrevista a unha das nosas profes do colexio.

 

Xa está en marcha a Olimpíada dos Xogos

Como todos os anos, no tempo que vai do Entroido á Semana Santa, celebramos a nosa olimpiada do Saber.

Este ano, como andamos traballando para termos un patio distinto, onde se poda facer algo máis que xogar ao futbol, onde caibamos tod@s, coas nosas distintas afeccións e gustos, coas nosas diferenzas e as nosas semellanzas.... a Olimpíada adícase aos xogos.

Xogos populares, deportes, tradicionais, innovadores.... todo ten cabida na nosa Olimpíada.

Vén e Participa!

Leticia Gil non se apea do Podium

De novo Leticia Gil volve ocupar un posto de honra na competición de salto de lonxitude.

Non paramos de recoller novas desta nosa ex-alumna, unha campioa do Condesa.

Obradoiro de Radio

Estes días tivemos a oportunidade de desfrutar dun obradoiro de Radio que nos viñeron impartir a xente de Ponte nas Ondas, un grupo que leva 25 anos traballando a prol da radio escolar e da cultura galego-portuguesa.

O resultado deste obradoiro podédelo escoitar neste podcast que vos deixamos aquí.

Ricardo Carvalho Calero

Este ano as Letras Galegas están adicadas a Ricardo Carvalho Calero e para írmonos aproximando á súa figura elaboramos, recollendo informacións eiquí e acolá, esta liña do tempo da súa vida e obra.

Esperamos que vos sexa útil para coñecer a esta sobranceira figura da nosa cultura.

Powered by Drupal - Design by artinet