Blogues

Reparto de Máscaras

A Consellería de Educación ao través da orde do 6 de novembro de 2020, abre o prazo para solicitar máscaras gratuítas para o alumnado da educación primaria e educación especial do sistema educativo galego.

O alumnado que xa foi beneficiario das axudas de material escolar non necesita facer solicitude.

Para o resto achegamos unha infografía que resume os requisitos para acceder a esta axuda, e para descargar os impresos necesarios.

 

Protocolo da Biblio

Tagged:  

Agora que comezamos a andar xa dun xeito máis seguro nesta volta ao colexio, é o intre de abrir e aproveitar os recursos da Biblioteca.

Para iso seguiremos as normas e recomendacións que vos presentamos aquí:

 

PXA 2021-2022

Ata sempre Mafalda!

Tagged:  

Hai uns días que nos deixou Quino, o inigualable autor de Mafalda, esa eterna defensora das causas perdidas. Mafalda, si, esa meniña do laciño no seu pelo negro que nos fixo reflexionar sobre este mundo que temos construído.

Mafalda defendeu a igualdade, os dereitos da muller e dos cativos, a xustiza, a honradez, os dereitos das clases populares e a saúde da nosa Terra.

Con Guille, o seu irmá, e cos seus amigos Miguelito, Susanita, Felipe, Libertad e Manuelito nos anima a ver o mundo con outros ollos, a comprender aos demáis e a comprendernos a nós mesmos, a tomar conciencia e a actuar.

Deixámos aquí un recurso para que releamos algunhas das súas historias.

Grazas Mafalda.

Grazas Quino.

 

Borrador Protocolo Coronavirus

By quinif - Posted on Agosto 21st, 2020

O Dino estavos a agardar

By quinif - Posted on Agosto 7th, 2020
Tagged:  

Despois de moito tempo confinados, de ter pasado á nova normalidade e demáis cousas raras que nos teñen acontecido nestes últimos tempos, Dino estavos a agardar na Biblioteca do colexio.

Este novo ano terá que ser distinto aos anteriores; ten que haber novas normas de uso para garantir que non nos vaiamos contaxiar nen contaxiar aos demáis, pero iso non vai impedir que sigamos desfrutando das nosas lecturas, dos nosos escornabots, dos nosos retos fuchiqueiros, dos programas de radio, das lecturas compartidas dos nosos clubs...

Polo de agora aproveitade o verán para poñervos morenos, bañarvos moito e estar coa familia... e cando comece o curso aquí estará DinoSabio agardando por vós!

Máis excelencias académicas d@s nos@s ex-alumn@s

By quinif - Posted on Xullo 20th, 2020
Tagged:  

Unha vez máis  temos que anunciar o éxito nas probas da EBAU de rapaces e rapazas que pasaron polo noso centro.

É un pracer ver como o xérmolo que contribuímos a crear hai uns anos dá os seus froitos grazas ao esforzo destes campións do estudo.

Os nosos parabén para tod@s el@s.

Distribuir contido