Blogues

En 6º B somos Wikipedistas

Fondo solidario de libros de texto

Acábase de publicar a orde para o fondo solidario de libros de texto. O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño.

Tedes a orde publicada neste enlace.

Podedes presentar as solicitudes por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática "Fondolibros".

Tamén se pode presentar na sede electrónica da Xunta de Galicia

No caso de facer a entrega presencial podedes entregalo en secretaría en horario de 10:45 a 11:30 h.

O formulario podédelo recoller no centro ou imprimilo aquí.

Facendo Camiño

Deixámovos aquí o vídeo da actividade que dentro do proxecto do Camiño de Inverno que estivemos a facer neste curso, levounos ao mosteiro de Xagoaza da  man do arqueólogo Santiago Ferrer, que nos explicou moitisimas cousas de interese.

 

Biografía de Xela Arias

Coma vén sendo habitual, todos os anos por estas datas as rapazas e rapaces de sexto, collen os pinceis e se poñen a deseñar o cómic do autor ou autora a quen se lle adica as letras galegas deste ano.

Este ano o cómic, como non pode ser doutro xeito, vai adicado á Xela Arias, e aquí o tedes:


 

Dino Radio con Xela

O novo programa de Dino Radio nos fala dos contos preferidos de Xela Arias, lidos polo alumnado de 1ºC.

E tamén, igual que Xela foi unha heroína do idioma, e da poesía, as nenas e nenos de infantil de 5 anos A nos descubren cales son os seus superpoderes...

Pero non vos pensedes que con isto rematamos, dentro duns días voltaremos con outro programa deste noso mes das letras.

Trágame Terra 2020 adicado a Ricardo Carvalho Calero

Aquí podedes ver o número editado no ano 2020 polo noso centro adicado a Ricardo Carvalho Calero.

 


Tragame Terra 2020 by Xoaquín Freixeiro

Felicitación a todas as nais

Polo día da Nai queremos mandar a nosa felicitación a todas as nais, avoas e coidadoras de todas as nenas e nenos do noso centro.

Gran parte do que eles chegarán a ser na súa vida débese a vós, acompañándo@s, axudándo@s, animándo@s a superar as dificultades, sentándovos canda eles a ler, facer unhas contas ou a entender un problema, a estudar xuntos capitais, ríos e montañas, a idade media e os seus castelos e mosteiros... e sobre todo dándolle ese cariño que é o combustible fundamental co que funcionamos as persoas.

Grazas tamén a Michel, un artista na edición de vídeos, ao que debemos esta preciosa felicitación.

 

Aínda nada?

E para rematar este día de celebracións temos unha achega para os máis pequeniños da man da profe Sonia. Deixámovos este vídeo que de seguro ides desfrutar.

 

Powered by Drupal - Design by artinet