Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2011-2012) Investigamos o espacio: visitamos o observatorio astronómico de Forcarei

Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:

- Comezamos a investigar sobre o espacio.

- Continuamos a investigar sobre o espacio

Seguimos a descubrir cousas do espacio

- Investigamos sobre o espacio: facemos un cohete e cráteres

Investigamos sobre o espacio: A Lúa e a tarta cohete

 

O día 2 de febreiro, como remate da nosa investigación sobre o espacio, visitamos o observatorio astronómico de Forcarei, unha visita que tiveramos que aprazar por mor do mal tempo.

Unha parte das actividades previstas para aquela saída xa a fixeramos no colexio (ver "facemos cráteres" na súa entrada correspondente), tan só nos quedaba visitar un observatorio de verdade con un telescopio.

O día anterior da saída, debuxamos o noso "mapa" para chegar ata alí, desde a nosa casa, pasando polo colexio ata chegar ó observatorio, traballando deste xeito a secuencias temporais baseadas en momentos do día e anticipando momentos e situacións.

 

Así quedou o noso esquema do itinerario.

 

O día da saída, fomos no autobús xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula e os de primeiro.

 

Cando chegamos xa podiamos ver "ó lonxe" o observatorio, tiña un "tellado redondo" como o que miraramos nos vídeos.

 

A cúpula estaba pechada. Como farían para abrila e usar o telescópio?

 

Cando chegamos tivemos que subir, con moito coidado ata a cúpula, e alí contárnonos como 

 

A cúpular xiraba dándolle a un botón, e con outro abríase unha ventá para que poidese verse polo telescopio.

 

Cando baixamos contáronnos miotas cousas sobre o espacio, moitas deles xa as foramos descubrindo na nosa investigación: os planetas, as estrellas, as galaxias... 

 

Aquí estamos todos na planta baixa do observatorio.

 

Tamén nos explicaron que non pode mirarse directamente ó sol, e moito menos cun telescopio, pero usando un papel, podíamos ver o sol coas súas manchas reflexado, cun telescopio pequeno que había fora do observatorio.

 

Fomos todos e todas mirando a imaxe do sol, ata se veían as nubes que pasaban por diante do telescopio.

 

Antes de marchar unha fotografía diante do observatorio.

 

Xa de volta ó colexio, como xa era a hora da merenda, paramos nun parque de Forcarei, onde puidemos comela.

 

E tamén xogar nos columpios que había.

 

Xa de volta no colexio, déronnos un diploma de "grandes investigadores" sobre o espacio.

 

O día seguinte saímos nunhas noticias no xornal:

 

Investigamos sobre o espacio: A Lúa e a tarta cohete

Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:

- Comezamos a investigar sobre o espacio.

- Continuamos a investigar sobre o espacio

Seguimos a descubrir cousas do espacio

- Investigamos sobre o espacio: facemos un cohete e cráteres

 

Á volta de vacacións de Nadal, lembramos entre todos e todas as cousas que xa descubriramos sobre o espacio, ademáis comprobamos que nos quedaba só unha pregunta por investigar, das que marcaramos no noso mural.

Vive xente na lúa?

Organizámonos en dous equipos, uns buscamos nos libros.

 

E  outros miramos no ordenador un vídeo de como chegaron os seres humanos por primeira vez á lúa. (podes atopar este vídeo aquí)

 

Un dos equipos escribiu a folla da chegada por primeira vez á lúa: co nome do "cohete que os levou", os nomes dos astronautas e o ano en que isto sucedeu.

Así quedou rematada:

 

O outro equipo escribiu na súa folla o que sucedía na lúa: non había aire, nin prantas, nin animais... porque non podían respirar, por eso os astronautas levaban un traxe espacial.

 

A súa páxina tamén estab lista.

 

Deste xeito xa tiñamos a nosa investigación completa, cando menos as preguntas da nosa aula, teremos que xuntarnos cos compañeiros/as do lado para ver se tamén remataron as preguntas que lles quedaban por descubrir.

 

A TARTA  COHETE:

Imos facer unha tarta cohete, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula... queres saber como a fixemos?

O primeiro foi escribir entre todos os ingredientes...

 

Que logo pegamos e escribimos en cadanseu cohete, para lembrarnos de que ingredientes ía ter.

Dos ingredientes que precisabamos, algúns íanos traer os profes:

  • 3 botes de Nutella
  • 2 paquetes de galletas
  • moitas gominolas para decorar
  • 1 paquete de leite.

Pero as froitas acordamos traelas nos da casa, así que cadan quen escolleu, e escribiu unha nota co nome da froita que ía traer ó día seguinte, podíamos elexir entre tres:

  • FRESAS
  • PLÁTANO
  • MAZÁ

Cando chegou o día de face-la tarta cohete, contamos cantos ingredientes tiñamos de cada tipo, sobre todo das froitas que trouxeramos da casa.

 

Este equipo sería o encargado de mollar as galletas no leite. 

 

Outros encargáronse de cortar as mazás (cunhs coitelos de plástico)

 

Outros os plátanos... tiñamos unha chea deles.

 

Outros as fresas, das que tamén había moitísimas.

 

Cubrir todo o cohete de nutella non foi nada doado, pero démolo feito.

 

Había que colocar as galletas, molladas no leite, con moito coidado para que non romperan, e voltar a cubrir coa nutella de novo.

 

Chegou logo o momento de poñer as fresas...

 

Os plátanos e mailas mazás. Cunhas gominolas como se fosen ventanas a tarta cohete quedou rematada.

 

Tan só quedaba comela... e estaba boísima!!!

 

 A RECEITA:

Para que todos soubesen como facer unha tarta cohete, decidimos poñer no corredor a receita, fixémolo entre as dúas aulas.

Uns encargáronse de escribir a lista de ingredientes:

 

Outros foron pegando fotografías de cada parte do proceso, na orde que lle correspondía. Para que quedase máis claro escribimos o número ó lado de cada un dos pasos.

Debaixo de cada fotografía escribimos o texto que explicaba o que había que facer.

 

Así quedou a receita:

 

Este son os ingredientes e o primeiro paso: cubrir con Nutella

 

No segundo paso, tivemos que escribir varios carteis, cos nomes das froitas que había que cortar para facelo.

 

O paso 3 e 4 consiste en poñer as galletas, voltar a cubrir con Nutella e poñer froitas.

 

No paso 5 hai que decoralo coas gominolas, como se foran ventás, e por último no paso 6 hai que comela :)

 

Atréveste a facela ti?

 

Agora tan só nos queda por elaborar un dossier con todo o que aprendimos sobre o espacio, para poder levalo par casa. Teremos que recordar todo o que investigamos e o que nos contaron os compañeiros e compañeiras da outra aula, coas súas investigacións, e poñelo todo xunto nun libro.

Pero iso xa volo contaremos. 

(2011-2012) Chegou o Nadal... así o celebramos

Estaba chegando o Nadal e tiñamos unha chea de cousas por facer, por iso pensamos que o mellor era facer unha lista para non esquecernos de nada.

Entre todos e todas fomos escribindo tódalas cousas que tiñamos que facer: as postais, a árbore de Nadal, decorar a aula, escribir a carta e preparar o festival.

Cada vez que rematabamos algunha das tarefas da lista fómola anotando na lista cun gomet.

 

Escribimos no encerado, todos xuntos, con que poderiamos decorar a aula polo Nadal.

 

Pintamos tamén a nosa árbore de Nadal de reciclaxe... feita con botellas de auga valeiras.

 

Fixémolo xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula. 

 

Tivemos que deixalo secar e continuar ó día seguinte... 

 

Outra das tarefas que tiñamos anotadas era a de facer as postais de Nadal.

Pegamos unha árbore de nadal recortada de teas, plásticos, papel de regalo...

 

Decorámola con gomets e botóns, como se foran bolas.

 

E pintámolo cunha témpera especial que tiña purpurina.

 

Cando as rematamos, escribimoslle dentro BO NADAL, e pendurámolas na nosa árbore de reciclaxe... que xa estaba rematada. O día do festival os nosos pais/nais poderían collelas e levalas para casa.

 

 

Tamén tiñamos anotado escribir a carta a Papa Noel ou os Reis Magos, así que puxémonos mans á obra.

Buscamos en internet un debuxo do que queriamos pedir, só unha cousa.

 

Pegámola nunha folla da cor que escolleramos, onde había que marcar para quen ía dirixida rodeando o debuxo correspondente.

E debaixo escribimos o que lle queriamos pedir.

 

Metímolas nun sobre  que decoramos, e xa estaba lista para levala para casa e metela nun buzón.

 

Así quedaron as nosas cartas para Papa Noel ou os Reis Magos. Quérelas ver?

Podes ler aquí as nosas cartas

 

 

Tamén preparamos a nosa actuación para o Festival de Nadal, que sería o último día de clase, tal como tiñamos anotado no calendario.

Ensaiamos as dúas actuacións durante varias semanas antes da celebración, tiñamos que facelo todos e todas á vez. 

 

Os guitarristas prepararon as súas guitarras para a actuación das "vacas lobotómicas".

 

Tamén preparamos a batería do grupo. 

 

E como este ano no Festival ían a tocar as campanadas de fin de ano, miramos en internet que se facía cando sonaban as campanadas, que era iso do "ano novo", e probamos os nosos traxes elegantes para a festa.

 

Este ano, as dúas aulas xuntas, organizamos dúas actuacións no escenario. Poderedes velas de novo no DVD que o colexio entregará ás familias no final de curso.

Así foi a actuación dos máis pequenos "Es navidad".

 

E deste xeito quedou a actuación das "Vacas lobotómicas".

 

BO NADAL A TODOS E TODAS, E FELIZ ANO 2012.

Vémonos á volta de vacacións.

(2011-2012) Boletín "as novas da escola": así foi o primeiro trimestre en E.I.2

Como cada trimestre fixemos o boletín "as novas da escola", elaborado por cada alumno, no cal facemos unha reflexión do sucedido ó longo do trimestre.

Podes ver un exemplo do noso boletín "as novas da escola", premendo aquí

 

A folla informativa que levaron os alumnos de E.I.2 como parte do boletín de auto-avaliación "as novas da escola".

Nela explícanse ás familias algunhas das actividades e feitos que tiveron lugar ó longo deste trimestre.

Descarga a folla informativa aquí

 

 

(2011-2012) Investigamos sobre o espacio: facemos un cohete e facemos cráteres

Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:

- Comezamos a investigar sobre o espacio.

- Continuamos a investigar sobre o espacio

Seguimos a descubrir cousas do espacio

 

Como vos comentamos na entrada anterior, iamos facer un cohete para colocar no "espacio" que temos feito no corredor.

Preparamos as nosas "caras" metidas en cascos de astronauta.

 

Debuxamos e pintamos o nos cohete, decidimos facelo de cor azul.

 

Tamén tivemos que recortalo.

 

Colocamos as nosas caras no cohete, menos mal que estaban metidas en cascos para poder respirar no espacio.

 

Tamén colocamos o "lume" na parte de atrás do cohete para que puidese despegar, como miramos no video no ordenador.

 

Pegámolo no teito.

 

Así quedou o noso cohete "no espacio", entre os planetas e xunto o dos nosos compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

ASISTIMOS A UNHA CHARLA SOBRE O ESPACIO:

O día 16 de decembro iamos visitar o observatorio de Forcarei para asistir a unha serie de actividades sobre o espacio. Debido o mal tempo tivemos que suspendela e aplazala.

Gracias á colaboración do observatorio puidemos ter unha parte da visita no noso colexio, quedando a visita aprazada para outra data de xaneiro.

Ana, que "é profe na universidade" veu a contarnos, xunto ós compañeiros/as de primeiro, moitas cousas sobre o espacio.

 

Tamén nos ensinou como funciona o sistema solar, é por qué o planetas que están mais lonxe do sol ían moitísimo máis despacio, pero si se movían.

 

Contounos moitas cousas que xa sabiamos da nosa investigación e respondeu a moitas preguntas que tiñamos pendentes.

Fixemos cráteres na "superficie dun planeta" feita con fariña, colacao e laca... tirándolle pedriñas enriba.

 

Canto máis alto a tirasemos o crater era máis profundo.

 

Así quedou toda a superficie chea de cráteres... igualiña que as fotos que viamos da lúa.

 

A ver se podemos ir ó observatorio para poder ver moitas cousas do espacio e completar esta interesante actividade.

Terá que ser xa despois das vacacións.

(2011-2012) Seguimos a descubrir cousas do espacio

Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:

- Comezamos a investigar sobre o espacio.

- Continuamos a investigar sobre o espacio

 

Durante os días que pasaron desde que vos contamos como ía a nosa investigación sobre o espacio, continuamos a investigar e descubrir novas cousas.

Un día, pola mañá, Gabriel trouxo nova información, pero dentro dun aparato pequeniño, un pen-drive.

 

Enchufámolo no ordenador e descubrimos que dentro había videos sobre o espacio, mirámo-los tres por se atopabamos neles algunha resposta ás nosas preguntas.

 

E así foi, contaba moitas cousas sobre os meteoritos e as estrelas fugaces, que eran xusto dúas das preguntas que nos faltaban por investigar.

 

Así que decidimos organizarnos, tras face-las fotosdos dous equipos coa webcam e pegalas na folla da investigación...

Un equipo encargouse de investigar as ESTRELAS FUGACES e os COMETAS.

Ademáis de todo o que contaban nas películas, atopamos moita información nos libros.

 

Como no podíamos cortar os libros fixemos varias fotocopias para pegar na nosa folla da investigación.

 

Descubrimos que os cometas estaban feitos de xeo, e que as estrelas fugaces non son realmente estrelas, senón pequenos cachos de rocha que ó "chocar cosa nubes" deixan unha estela, por iso brillan e parecen estrelas con cola.

 

O outro equipo investigou sobre os meteoritos, descubrindo que eran pedazos de rochas que ó chocar contra os planetas facían un burato nel, que se chamaba CRATER.

 

Descubrimos que na clase tiñamos un mural dos dinosaurios onde se podía ver como un meteorito chocaba coa terra... seguro que por culpa dese meteorito xa non queda ningún.

 

Así quedou a folla da nosa investigación sobre os meteoritos... sabías que tamén poden estar feitos de ferro?, e que a lúa está chea de cráteres porque chocaron moito contra ela?. Na terra tamén hai cráteres pero como temos árbores e hai vento as veces case nin se distinguen.

 

Os compañeiros/as da outra aula foron investigando as súas preguntas, e pouco nos queda xa para atopar a resposta a todas.

 

Como cada semana, o venres xuntámonos para explicarlles o que descubirmos sobre os meteoritos e as estrelas fugaces, e eles contáronos o que descubriran sobre as galaxias, os planetas e "as casas no espacio".

Como sempre anotamos un SI ó lado de cada pregunta da que atopamos resposta.

 

 

Lembrades que fixeramos un sol xigante, a terra e a lúa, que penduramos no corredor?.  Pois os compañeiros e compañeiras da outra aula completarono cos planetas que foron descubrindo, pero como era moito traballo decidimos axudalos facendo nos tamén un planeta.

Fixemos a XÚPITER, buscamos no ordenador como era e vimos que tiña unhas "bandas" de cor marrón e amarelo e o fondo era branco ou gris... seguro que eran as nubes... ata había un tornardo enorme.

 

Xa temos tódolos planetas pendurado no corredor, desde MERCURIO ata PLUTÓN, de máis preto a máis lonxe do SOL.

No teito temos posto o nome de cada planeta, para que todo o mundo saiba como se chama, e ata temos ós nosos compañeiros da outra aula dentro dunha cohete... nuns días xa vos ensinaremos como é o noso cohete e por onde o imos a poñer voando.

 

E por fin puidemos ver a Dale Garner, o astronauta que os compañeiros/as da outra aula fixeron cando investigaban os astronautas.... debaixo está o esqueleto, pero non llo contedes a ninguén... é un segredo.

 

Lembra que tes máis información sobre a parte deste proxecto que están a levar a cabo os compañeiros/as da outra aula no Recanto de Infantil 2.

 

 

(2011-2012) Así quedou o noso mural dos números

 

Como facemos cada curso, refixemos o noso mural cos números que temos na aula.

Esta vez fixémolo empregando a técnica de collage, pegando pedazos de revistas na silueta dos números

Recortamos a silueta do número que escolleu a cada un.




Fómola enchendo con pedazos de revistas de moitas cores, incluso con "cousas" recortadas que atopabamos nelas.



Como necesitabamos moito espacio fixémolo no chan.



Recortando coa tesoira o rasgando coas mans.




Cando rematamos tódolos números estivemos pensando "como pegar debaixo de cad un un dado coa cantidade que indicaba".




Cos números ata o seis non había problemas, pero...

Como iamos poñer os "puntos" do número 7, 8 e 9?, e o cero?

 

Os maiores puxémonos a pensar "nun equipo" ata que descubrimos, que facían falta "dous" dados, se poñiamos seis nun e un no outro, xa tiñamos o número 7.

 

Co problema resolto rematamos tódolos números.

Así quedaron na nosa aula, quedaron chulos non si?

 

 

 

 

(2011-2012) Continuamos a investigar sobre o espacio

Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:

- Comezamos a investigar sobre o espacio.

 

Con toda a información que fomos acumulando comezamos a investigar, e a buscar as respostas as preguntas que tiñamos plantexadas para a nosa aula.

Miramos varios no vídeos no ordenador (que podes atopar aquí), entre eles o da primeira astronauta, a cadela Laika.

 

Para investigar as preguntas, organizámonos por equipos, cada equipo fixo a súa foto coa webcam para pegala na folla da investigación.

 

Un equipo investigou no ordenador "como voan os cohetes", descubrimos que no seu despegue perdían algunhas das partes porque pesaban moito e xa non as necesitaban.

 

Na folla do noso equipo, con todas faremos un libro, anotamos os copoñentes do mesmo e os descubrimentos que fixemos sobre a pregunta que nos correspondía.

 

Outro equipo investigou por que brillaban as estrelas, decubriron que estaban feitas de "lume" e por iso brillaban e que o Sol tamén era unha estrela.

 

Cando atopamos as respostas a cadansúa pregunta pegámola no corredor, debaixo do panel das preguntas e todo proceso do proxecto.

 

Os venres xuntámonos as dúas aulas para contarnos uns ós outros as respostas que atopamos, e todo aquelo que descubrimos. Tamén aproveitamos e poñemos un SI ó lado da pregunta á que xa lle atopamos solución.

Explicamos as fases de espegue dun cohete.

 

E tamén porque brillan as estrelas.

 

Un día viñeron a visitarnos os compañeiros e compañeiras de primeiro (algúns deles estaban connosco o curso anterior). Eles tamén están a investigar sobre o espacio e prestámolle o noso telescopio para que tamén puidesen investigalo.

 

Na aula de informática gustanos moito ver os vídeos do "espacio", que empregamos para atopar a información. é moi daodo de atopalos premendo en INFANTIL, así que xa podemos facelo nos sos.

 

Días despois, continúamos a investigar outras dúas das preguntas. Que pasaba cando a lúa se poñía diante do sol? Descubrimos que se chamaba eclipse e que quedaba todo a escuras.

 

Outro equipo investigou como aterrizaban as naves, para investigalo usamos un vídeo no que se veía aterrizar unha nave robot en Marte.

 

Así vai xa a nosa investigación, cosa nosas respostas e as dos nosos compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

Cando chegou o venres voltamos a intercambiarnos información de todo o que descubriramos.

 

 

FACEMOS O SISTEMA SOLAR NO CORREDOR:

Como xa sabiamos que o Sol era unha estrela feita de lume, moito máis grande que a Terra, e que cando se poñía a Lúa no medio había un eclipse, pensamos en facer un eclipse no corredor.

Primeiro fixemos un sol ENORME, era circular e tiña que ser moitísimo máis grande que a Terra. Era tan grande que o recortamos entre todos e todas.

 

ANXO e EVA encargáronse de facer a lúa, moito máis pequena, usaron un mapa da LÚA que tiñamos no recanto da investigación. Alí tamén estaban marcado onde pisou o home por primeira vez á Lúa. 

 

Os demais fixemos a Terra, enchendo con bolas de papel de xornal unha "esfera" azul e pegándolle as partes que eran de terra de cor verde. Tal como o viamos no globo terraqueo que tiñamos no recanto da investigación. Marcamos cun gomet onde viviamos nos.

 

Tan só nos faltaba o sol, entre todos pintámolo de cor amarela e laranxa, para que parecese lume.

 

Era tan grande que tardamos moitísimo en pintalo.

 

Mentras secaba estivemos xogando co xogo de memoria e as tarxetas do espacio que fixera o profe.

 

Cando a pegamos no corredor, descubrimos que tapaba parte das dúas portas, así que convertimos a parte de abaixo nunha cortina "de sol", para poder pasar.

 

Tamén colgamos a Terra, calculando cantando a canción dos planetas, cantos tiñan que ir antes. Tamén puxemos á Lúa entre o sol e a Terra, para que houbera un eclipse e ata puxemos a Laika na súa nave preto da Terra.

 

Xa iremos completando, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula o resto dos planetas do sistema solar.

Continuamos a investigar sobre o espacio, porque aínda nos faltan preguntas por respostar... pero iso xa o contaremos noutro momento.

 

 

 

(2011-2012) Chegou o outono, celebrámo-lo Magosto

Coa chegada do outono, como cada ano, celebrámo-lo Magosto no colexio.

Comezamos por traer castañas que fomos amoreando na aula.

 

Fixemos o noso gorro para a "festa", feito de papel de xornal. 

 

E tamén o noso cesto de castañas, empregando unha plantilla.

 

O día da festa do Magosto, viñeron recoller as castañas nun cesto enorme, entre todo metímolas nel para que as levasen a asar, tal como miraramos que había que facer no conto dos Bolechas, que algúns xa coñeciamos do curso pasado.

 

Estivemos falando en investigando sobre de "onde viñan as castañas", e decidimos convertir a árbore da nosa aula nun castiñeiro con ourizos e todo.

Un equipo encargouse de facer as follas, como as que atopamos no ordenador. As follas dos castiñeiros teñen pinchos nos extremos.

 

Outro equipo encargouse de facer ourizos, con bolas de xornal onde fomos pegando cachiños de palliñas.

 

Pegámolo todo no noso castiñeiro

 

Decidimos poñer os ourizos na parte máis alta do castiñeiro, alí estarían ata que madurasen e se abrisen para que sairan as castañas, tal como contaba no video que miramos no ordenador.

 

Antes de celebrar o Magosto cos xogos e as castañas, asistimos na biblioteca do colexio a un teatro de "monicreques", que fixeran os compañeiros de quinto e sexto.

 

 

O día da festa estabamos todos listos, co noso gorro e cesto de castañas

 

Participamos nos xogos que había organizados nos pavillón, nos empezamos polo número 8, tiñamos que ir mirando o mapa para saber a que xogo nos tocaba pasar cando a profe Marga fixese a sinal.

En cada xogo habería compañeiros e compañeiras de sexto, para lembrarnos que había que facer, e que nos entregarían o premio se o conseguiamos. Tamén nos deron unha bolsa para ir metendo os premios que nos ían dando.

No xogo dos ratiños tiñamos que llevar millo por un circuito, levabamos postas unhas orellas de rato e o nariz pintado.

Como o fixemos moi ben dérononos para a nosa bolsa unha espiga de millo.

 

No xogo da vendima tiñamos que ir estoupando as uvas duns racimos que había colgados. Como as estoupamos todas déronnos unhas poucas que tamé metimos na nosa bolsa 

 

No xogo das setas  tiñamos que descubrir as setas velenosas, as de cor vermella. Como premio conseguimos unha seta.

 

No xogo das landras tiñamos que encestalas dentro das caixas que tiñan os "porquiños", para que puidesen comelas logo. De premio conseguimos unha das landras.

 

No xogo das tres en raía, tiñamos que empregar noces como se fosen as pezas do xogo.  Unha noz foi o premio que metimos na nosa bolsa.

 

Pintado cos dedos unhas lágrimas, demos remtado axiña o xogo  da granada, que tamén era unha froita do outono. Como premio déronnos un pedazo desa froita que metimos na nosa bolsa.

 

Facer un puzle de cabaza,  era outro dos xogos que había, demos feito algunha e gañamos un pedazo dunha cabaza. 

 

Por úlitmo no xogo das castañas e o castañeiro, tiñamos qeu recoller cun "cucurucho xigante" as castañas que nos ían tirando. 

Por suposto o premio deste xogo foi uha castaña.

 

Cando rematamos os xogos, no patio estivemos comendo as castañas que trouxeramos. Xa estaban asadas!, eran tantas que levamos unhas poucas para as nosas casas no noso bolso.

 

Ó día seguinte, cando recordamos o que fixeramos ordenamos os nosos "premios" segundo a orde na que os fomos gañando nos diferentes xogos.

(2011-2012) Comezamos a investigar sobre o Espacio

Unha mañá o profe trouxo unha folla dun periódico onde saía un home moi especial ó lado dunha casa rarísima.Tamén o tiñan os copañeiros e compañeiras da outra aula

 

Era este:

Logo na aula de informática descubirmos que aquela casa redonda era un telescopio para mirar o ESPACIO.

 

As dúas clases xuntas decidimos investigar sobre o ESPACIO, así que nos xuntamos nunha aula e comezamos a pensar e falar:

 

O que sabiamos sobre o ESPACIO era isto:

 

E as preguntas que queriamos saber estas.

 

Ademáis como iamos a investigar entre as dúas aulas marcamos cada unha as preguntas coa foto do profe Óscar e Ángela, para poder repartirnos o traballo.

 

Entre as fontes de información pensamos que podiamos traer da casa libros, debuxos,imaxes... e que deberiamos escribirlle unha carta ós nosos pais/nais.

 

Como tiñamos que ir a informática máis tarde escribimos na P.D.I. unha carta entre todos, que logo levamos para os nosos pais/nais.

Tamén anotamos onde buscar a información, e debaixo comezamos a pegar unha fotografái dos nenos e nenas que ían traendo información da súa casa.

 

Mirade cantos trouxemos información...

 

Fomos xuntando libros, debuxos, mapas, un mural enorme e ata un telescopio e un golbo terraqueo.

 

Ademáis atopamos unha chea de vídeos que falan do espacio, podes velos aquí.

 

 

 

 

 

Agora tan só nos queda comezar a investigar. Xa vos contaremos como vai a investigación.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.