Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Chegou o Nadal... así o celebramos

Estaba chegando o Nadal e tiñamos unha chea de cousas por facer, por iso pensamos que o mellor era facer unha lista para non esquecernos de nada.

Entre todos e todas fomos escribindo tódalas cousas que tiñamos que facer: as postais, a árbore de Nadal, decorar a aula, escribir a carta e preparar o festival.

Cada vez que rematabamos algunha das tarefas da lista fómola anotando na lista cun gomet.

 

Escribimos no encerado, todos xuntos, con que poderiamos decorar a aula polo Nadal.

 

Pintamos tamén a nosa árbore de Nadal de reciclaxe... feita con botellas de auga valeiras.

 

Fixémolo xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula. 

 

Tivemos que deixalo secar e continuar ó día seguinte... 

 

Outra das tarefas que tiñamos anotadas era a de facer as postais de Nadal.

Pegamos unha árbore de nadal recortada de teas, plásticos, papel de regalo...

 

Decorámola con gomets e botóns, como se foran bolas.

 

E pintámolo cunha témpera especial que tiña purpurina.

 

Cando as rematamos, escribimoslle dentro BO NADAL, e pendurámolas na nosa árbore de reciclaxe... que xa estaba rematada. O día do festival os nosos pais/nais poderían collelas e levalas para casa.

 

 

Tamén tiñamos anotado escribir a carta a Papa Noel ou os Reis Magos, así que puxémonos mans á obra.

Buscamos en internet un debuxo do que queriamos pedir, só unha cousa.

 

Pegámola nunha folla da cor que escolleramos, onde había que marcar para quen ía dirixida rodeando o debuxo correspondente.

E debaixo escribimos o que lle queriamos pedir.

 

Metímolas nun sobre  que decoramos, e xa estaba lista para levala para casa e metela nun buzón.

 

Así quedaron as nosas cartas para Papa Noel ou os Reis Magos. Quérelas ver?

Podes ler aquí as nosas cartas

 

 

Tamén preparamos a nosa actuación para o Festival de Nadal, que sería o último día de clase, tal como tiñamos anotado no calendario.

Ensaiamos as dúas actuacións durante varias semanas antes da celebración, tiñamos que facelo todos e todas á vez. 

 

Os guitarristas prepararon as súas guitarras para a actuación das "vacas lobotómicas".

 

Tamén preparamos a batería do grupo. 

 

E como este ano no Festival ían a tocar as campanadas de fin de ano, miramos en internet que se facía cando sonaban as campanadas, que era iso do "ano novo", e probamos os nosos traxes elegantes para a festa.

 

Este ano, as dúas aulas xuntas, organizamos dúas actuacións no escenario. Poderedes velas de novo no DVD que o colexio entregará ás familias no final de curso.

Así foi a actuación dos máis pequenos "Es navidad".

 

E deste xeito quedou a actuación das "Vacas lobotómicas".

 

BO NADAL A TODOS E TODAS, E FELIZ ANO 2012.

Vémonos á volta de vacacións.