Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Investigamos sobre o espacio: A Lúa e a tarta cohete

Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:

- Comezamos a investigar sobre o espacio.

- Continuamos a investigar sobre o espacio

Seguimos a descubrir cousas do espacio

- Investigamos sobre o espacio: facemos un cohete e cráteres

 

Á volta de vacacións de Nadal, lembramos entre todos e todas as cousas que xa descubriramos sobre o espacio, ademáis comprobamos que nos quedaba só unha pregunta por investigar, das que marcaramos no noso mural.

Vive xente na lúa?

Organizámonos en dous equipos, uns buscamos nos libros.

 

E  outros miramos no ordenador un vídeo de como chegaron os seres humanos por primeira vez á lúa. (podes atopar este vídeo aquí)

 

Un dos equipos escribiu a folla da chegada por primeira vez á lúa: co nome do "cohete que os levou", os nomes dos astronautas e o ano en que isto sucedeu.

Así quedou rematada:

 

O outro equipo escribiu na súa folla o que sucedía na lúa: non había aire, nin prantas, nin animais... porque non podían respirar, por eso os astronautas levaban un traxe espacial.

 

A súa páxina tamén estab lista.

 

Deste xeito xa tiñamos a nosa investigación completa, cando menos as preguntas da nosa aula, teremos que xuntarnos cos compañeiros/as do lado para ver se tamén remataron as preguntas que lles quedaban por descubrir.

 

A TARTA  COHETE:

Imos facer unha tarta cohete, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula... queres saber como a fixemos?

O primeiro foi escribir entre todos os ingredientes...

 

Que logo pegamos e escribimos en cadanseu cohete, para lembrarnos de que ingredientes ía ter.

Dos ingredientes que precisabamos, algúns íanos traer os profes:

  • 3 botes de Nutella
  • 2 paquetes de galletas
  • moitas gominolas para decorar
  • 1 paquete de leite.

Pero as froitas acordamos traelas nos da casa, así que cadan quen escolleu, e escribiu unha nota co nome da froita que ía traer ó día seguinte, podíamos elexir entre tres:

  • FRESAS
  • PLÁTANO
  • MAZÁ

Cando chegou o día de face-la tarta cohete, contamos cantos ingredientes tiñamos de cada tipo, sobre todo das froitas que trouxeramos da casa.

 

Este equipo sería o encargado de mollar as galletas no leite. 

 

Outros encargáronse de cortar as mazás (cunhs coitelos de plástico)

 

Outros os plátanos... tiñamos unha chea deles.

 

Outros as fresas, das que tamén había moitísimas.

 

Cubrir todo o cohete de nutella non foi nada doado, pero démolo feito.

 

Había que colocar as galletas, molladas no leite, con moito coidado para que non romperan, e voltar a cubrir coa nutella de novo.

 

Chegou logo o momento de poñer as fresas...

 

Os plátanos e mailas mazás. Cunhas gominolas como se fosen ventanas a tarta cohete quedou rematada.

 

Tan só quedaba comela... e estaba boísima!!!

 

 A RECEITA:

Para que todos soubesen como facer unha tarta cohete, decidimos poñer no corredor a receita, fixémolo entre as dúas aulas.

Uns encargáronse de escribir a lista de ingredientes:

 

Outros foron pegando fotografías de cada parte do proceso, na orde que lle correspondía. Para que quedase máis claro escribimos o número ó lado de cada un dos pasos.

Debaixo de cada fotografía escribimos o texto que explicaba o que había que facer.

 

Así quedou a receita:

 

Este son os ingredientes e o primeiro paso: cubrir con Nutella

 

No segundo paso, tivemos que escribir varios carteis, cos nomes das froitas que había que cortar para facelo.

 

O paso 3 e 4 consiste en poñer as galletas, voltar a cubrir con Nutella e poñer froitas.

 

No paso 5 hai que decoralo coas gominolas, como se foran ventás, e por último no paso 6 hai que comela :)

 

Atréveste a facela ti?

 

Agora tan só nos queda por elaborar un dossier con todo o que aprendimos sobre o espacio, para poder levalo par casa. Teremos que recordar todo o que investigamos e o que nos contaron os compañeiros e compañeiras da outra aula, coas súas investigacións, e poñelo todo xunto nun libro.

Pero iso xa volo contaremos. 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 6 invitados conectados.