(2011-2012) Investigamos o espacio: visitamos o observatorio astronómico de Forcarei
Máis información sobre este proxecto de traballo nos pasos anteriores:
- Comezamos a investigar sobre o espacio.
- Continuamos a investigar sobre o espacio
- Seguimos a descubrir cousas do espacio
- Investigamos sobre o espacio: facemos un cohete e cráteres
- Investigamos sobre o espacio: A Lúa e a tarta cohete
O día 2 de febreiro, como remate da nosa investigación sobre o espacio, visitamos o observatorio astronómico de Forcarei, unha visita que tiveramos que aprazar por mor do mal tempo.
Unha parte das actividades previstas para aquela saída xa a fixeramos no colexio (ver "facemos cráteres" na súa entrada correspondente), tan só nos quedaba visitar un observatorio de verdade con un telescopio.
O día anterior da saída, debuxamos o noso "mapa" para chegar ata alí, desde a nosa casa, pasando polo colexio ata chegar ó observatorio, traballando deste xeito a secuencias temporais baseadas en momentos do día e anticipando momentos e situacións.
Así quedou o noso esquema do itinerario.
O día da saída, fomos no autobús xunto os compañeiros e compañeiras da outra aula e os de primeiro.
Cando chegamos xa podiamos ver "ó lonxe" o observatorio, tiña un "tellado redondo" como o que miraramos nos vídeos.
A cúpula estaba pechada. Como farían para abrila e usar o telescópio?
Cando chegamos tivemos que subir, con moito coidado ata a cúpula, e alí contárnonos como
A cúpular xiraba dándolle a un botón, e con outro abríase unha ventá para que poidese verse polo telescopio.
Cando baixamos contáronnos miotas cousas sobre o espacio, moitas deles xa as foramos descubrindo na nosa investigación: os planetas, as estrellas, as galaxias...
Aquí estamos todos na planta baixa do observatorio.
Tamén nos explicaron que non pode mirarse directamente ó sol, e moito menos cun telescopio, pero usando un papel, podíamos ver o sol coas súas manchas reflexado, cun telescopio pequeno que había fora do observatorio.
Fomos todos e todas mirando a imaxe do sol, ata se veían as nubes que pasaban por diante do telescopio.
Antes de marchar unha fotografía diante do observatorio.
Xa de volta ó colexio, como xa era a hora da merenda, paramos nun parque de Forcarei, onde puidemos comela.
E tamén xogar nos columpios que había.
Xa de volta no colexio, déronnos un diploma de "grandes investigadores" sobre o espacio.
O día seguinte saímos nunhas noticias no xornal: