Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2020-2021) Decidimos, dramatizamos e creamos as normas da aula. Este curso case todas son “normas COVID"

Despois de varios días entendendo como funciona agora a aula con todo o tema da COVID-19, chegou o momento de acordar e decidir as normas da nosa aula.

O primeiro foi preparar o panel onde as aiamos a plasmar, pintando con témpera diferentes cadrados de cores, de entre os que escolleu e acordou cada un dos equipos.

 

 

Como xa vos contamos, este curso (mentras dure a COVID) non podemos compartir material, así que cada quen tivo que empregar o seu pincel, e non "tocar" a zona na qu pintaban os seus compañeiros e compañeiras de equipo. Con un pouco de esforzo demos feito o traballo.

Co noso panel xa preprado tivemos que acordar, entre todos e todas, que normas iamos incluír no mesmo. Coa axuda das do curso pasado algunhas foron moi doadas de escoller.

O profe foi escribíndoas a medida que íamos propoñendo ideas.

 

 

Para plasmar as normas, cada un de nos foi "dramatizándoas", para ir tomando fotografías de todas elas. Unha vez impresas tan só quedaba pegalas nos diferentes espazos que tiñamos preparados no noso panel.

Tiñamos 10 normas, tal como descubrimos cando contamos os cadrados que había pintados. 

 

Así quedou unha vez rematado o panel con tódalas fotos das normas.

 

Un a un, con axuda do mestre, fomos escribindo cada unha das normas que acordáramos (unha palabra significativa de cada unha) 

 

 

Para logo pegalas debaixo da foto que lle correspondía. Ás veces non era doado atopar a foto, sobre todo ó principio, porque eran moitas.

Se queres coñecer tódalas normas que acodamos, aquí as podes ver (fai click na imaxe para amplíar se queres velas mellor):

 

Por fin xa temos o novo panel de normas, listas para consultalas sempre que o precisemos.

 

 

O día seguinte, creamos un "mini-panel" de normas para levar para as nosas casas. Alí tivemos que ir pegando as fotografías de cada norma, na mesma cor que tiñan no panel. Había que facelo con moita atención para non equivocarse.

Xa vos contaremos nas seguintes entradas que vaiamos publicando, como nos foi con estas normas e tódalas demais cousas que vaian sucedendo na nosa aula.

(2020-2021) Xa chegou un novo compañeiro, agora somos todos estes.

Como lembrarás fai uns días presentámosvos ó grupo de Infantil 2 deste curso, pero daquela xa vos avisábamos que faltaban algúns compañeiros.

12/09/20: (2020-2021) Por fin estamos aquí de novo... case todos.

Hoxe, por fin, puidemos coñecer ó novo compañeiro que se une á nosa clase de aquí en diante.

E así queda a nosa foto de grupo, unha vez máis mantendo a distancia de seguridade, coa nova incorporación.

Benvido ;)

(2020-2021) Así nos foi nos primeiros días deste curso “tan diferente”. Queres saber como nos organizamos agora coa COVID?

Neste novo curso, a nosa clase non é como era outros anos, todo está cambiado por mor da COVID. Por esa razón agora moitas cousas non son como antes, pero agardamos poder voltar á normalidade o antes posible.

Ata entón, así é como temos organizada a nosa aula con tódolos protocolos hixiénico-sanitarios do protocolo COVID.

Temos que estar organizamos en equipos, pero como vedes moi separados uns dos outros, e non podemos cambiar nunca de equipo. Ademais o noso sitio e cadeira no equipo non podemos cambialo; si, xa sabemos que é "un rollo", pero agardamos que moi pronto poidamos voltar a normalidade de sempre.

 

Cada un de nós ten unha caixa co seu material, que non podemos compartir cos compañeiros e compañeiras. Estamos desexando poder voltar a usar o material común dentro de pouco, cando desapareza o coronavirus.

Para manter ó coronavirus a raia, lavamos as mans 5 veces ó día, alomenos durente 40 segundos.

Ás veces lavámolas con xabón e outras co "hidroxel", pero sempre limpando as palmas, o dorso e cada un dos dedos. Sen esquecernos da uñas por suposto.

Cada vez que lavamos as mans anotámolo nun rexistro, para comprobar que non nos esquecemos de ningunha das 5 veces.

Pese a todas estas normas tentamos que a vida na aula se pareza o máis posible a como era antes...

Continuamos a ler libros da biblioteca de aula, pero claro sen compartilos e deixándoos cando rematemos na "caixa de corentena do coronavirus", onde estarán ata o día seguinte.

 

Temos que facer o mesmo cando xogamos cos xoguetes ou outro material da aula, despois de empregalo cada un de nós (sen compartilo), deixámolo na caixa de corentena ata o día seguinte, cando voltamos a poñelos no seu sitio.

Cada día continuamos a facer as rutinas do encargado. Por quendas cada un de nos é o encargado, cuha chea de funcións por levar a cabo.

 

Anotar o día no "calendario online" (limpiando o EDI antes de despois de que o toque alguén), dándolle de comer ás nosas tartarugas, anotado quen falta e quen veu ó cole cada día, así como tempo que fai no rexistro do tempo...

Para poder "usar o calendario online", e outras moitas couss que están por chegar, precisamos ter os nosos carnets con código QR. Por iso adicamos algún tempo nestes días a facelos.

 

Tamén temos que desinfectar o teclado do ordenador antes e despois de usalo, ó final ata resulta divertido estar limpándoo todo ;)

 

Plastificamos os nosos carnets e xa estaban listos para ser usados...

 

... pero antes había que probar que funcionasen correctamente. 

 

Outra das cousas ás que lle adicamos algún tempo nestes días, foi a facer as nosas novas bandexas para merendar. Por certo, sabíades que na merenda tampouco podemos compartila nin tocar a dos outros?, cousas da COVID.

Cada quen escolleu no ordenador que imaxe quería imprimir, para recortala e pegarla na súa bandexa.

Despois de escribir o noso nome nas bandexas, decorámolas con pegatinas.

Tan só faltaba plastificalas para que quedasen listas para ser usadas.

Este curso temos que gardalas dentro da nosa caixa, posto que non poden "tocarse" unhas coas outras... de novo "cousas da COVID"

Tamén nos reencontramos co BEEBOT, un dos nosos robots, eso si mantendo tamén as medidas hixiénicas oportunas, limpándoo antes e despois de que o tocase alguén, e de un en un.

 

Ó longo das semanas iremos traballando con este e con tódolos demais robots que iremos descubrindo.

Cada día, antes de marchar para casa temos que limpar as mesas e as cadeiras... e claro, un baileciño de vez en cando, respectando a distancia de seguridade tampouco ben mal ;)

Nos vindeiros días continuaremos contándovos todo o que vaia sucedendo na nosa aula, pemanecede atentos a este blogue.

(2020-2021) Por fin estamos aquí de novo... case todos.

Ola a todos e a todas.

Pasou moito tempo desde que non nos atopábamos no centro, pero por fin, con tódalas medidas de seguridade marcadas, estamos todos xuntos en Infantil 2.

Non puidemos despedir como merecían ós compañeiros e compañeiras que pasaron para primeiro, pero si podemos dar a benvida ós novos aventureiros que se unen á nosa clase.

Aquí podes vernos a todos e todas, máis separados do que era habitual.

Eso si, aínda faltan un par de compañeiros que se unirán dentro dunhas semanas, estamos desexando coñecelos.

Benvidos a todos e todas, neste curso "diferente".

(2019-2020) E demais, no mes de febreiro, tamén sucedeu todo isto.

Durante as últimas semanas sucederon moitas cousas en Infantil 2, tal como vos fomos contando nestas entradas anteriores:

(2019-2020) Creamos unha boca “orelluda” para participar no Salón do libro. Xa llo levamos ó LOBO ORBIL 
-  (2019-2020) Celebrámo-los aniversarios do mes de febreiro 
- ] (2019-2020) Celebramos o Entroido: Obradoiro de disfraces coas familias, desfilamos como tractores e seguimos as instrucións do Meco 
(2019-2020) Xa temos a nosa película dos Pokemons rematada. Queres vela? 

Pero ademais de todo isto, tamén...

Anotamos as datas sinaladas no noso calendario online, que usa o encargado de cada día para facer os diferentes rexistro e rutinas.

Traballamos aspectos de lóxica matemática coa profe Yolanda.

 

Continuamos a encher, coas nosas palabras favoritas, tanto o dicionario xigante como o noso dicionario individual

 

Xogamos a descubrir imaxes ocultas nas sesións de "xogar a pensar" para desenvolver os nosos pilares de pensamento a través do diálogo.

 

Continuamos a rexistrar, grazas a aplicación online, os libros que levamos para casa os venres, que tamén anotamos nos nosos rexistros en papel, usando a portada que se pode imprimir se introducimos o número correcto do libro.

 

Encántanos relaxarnos co noso "cerebro" de purpurina.

 

Comezamos a facer os "apadriñamentos lectores" xunto ós compañeiros e copañeiras da de primaria. Tódolos luns na hora de ler encontrámonos con eles.

Visitonounos Dora e Pepa Pig, un día cando estabamos no patio do recreo.

 

 

Despedimos o Entroido, co "enterro do Meco" xunto ós compañeiros e compañeiras de primaria.

 

Os compañeiros e compañeiras de sexto leron o "testamento do Meco"

 

Queimándoo demos por rematado este Entroido. Tan só nos queda agardar un ano máis para voltar a atoparnos con el.

(2019-2020) Xa temos a nosa película dos Pokemons rematada. Queres vela?

Como xa vos contamos en entradas anteriores, en Infantil 2, estamos metidos nunha investigación sobre os Pokemons para, unha vez rematada crear un museo e rodar unha películas de animación.

Podes ver os pasos anteriores nas seguintes entradas:

18/10/19: (2019-2020) Eleximos investigar sobre os Pokemon, para crear unha película de animación con Stop-motion.

09/11/19: (2019-2020) Atopamos as primeiras respostas na nosa investigación sobre os Pokemon. 

22/11/19: (2019-2020) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os Pokemons: Todo listo para comezar a planificar a película

 

 

 

Unha vez remata a investigación comezamos a completar o noso dossier individual.

 

 

Comezamos tamén a planificar a película que queríamos facer sobre os Pokemos, tal como nos plantexamos ó comezo da investigación. Acordamos as persoaxes, escribimos o guión (despois de sucesivos borradores), debuxamos un story-board coas diferentes escenas...

 

Tivemos tamén que mercar os disfraces dos Pokemons que saían na película, despois de varias semanas por fin chegaron.

 

Xa con todo listo, preparamos o noso "set de rodaxe" e comezamos a gravar as escenas da nosa película. 

 

 

Fixémolo diante dunha tea verde para colocar logo no seu lugar os diferentes fondos que fomos escollendo.

 

Unha vez rematada a rodaxe gravamos as nosas voces para contar as diferentes escenas e escribirmos os nosos nomes ó final da película nos títulos de crédito.

 

 

Unha vez rematada puidemos presentarlla ós nosos compañeiros e compañeiras de infantil 1.

 

Así de fantástica quedou a nosa película unha vez rematada.

Tamén levamos para as nosas casas os dosieres individuais, unha vez rematados. Podes ver un de exemplo de seguido.

(2019-2020) E ademais... no mes de xaneiro en Infantil 2 sucedeu todo isto.

Como xa vos fomos contando, no mes de xaneiro sucederon unha chea de cousas na nosa aula:  celebramos o día da paz, experimentamos co bicarbonato, continuamos a traballar cos robots, celebramos os aniversarios do mes, cociñamos pratos de todo o mundo;  e tamén continuamos a  completar o dossier da investigación e preparar a nosa película sobre os Pokemon unha vez rematada a investigación (moi pronto teredes unha entrada explicando como vai este proceso)

Pero de forma paralela a todo isto, a vida na aula continuou coas nosas rutinas e traballos.

Coa chegada do novo ano tivemos que actualizar os nosos calendarios (en papel e online que podes ver no recanto de infantil) para que o encargado de cada día puidese facer un control de asistencia, do tempo que fai cada día, etc... Continuamos tamén coas asambleas diarias nas que compartimos experiencias.

 

A profe Yolanda continuou a vir á nosa aua unha vez á semana para presentarnos "xogos matemáticos".

 

Pasámolo xenial destruindo a árbore feita con tapóns polo Nadal. O profe levounos todos a unha ONG que os usarán para axudar a outra xente, tal como falaramos no seu momento.

 

Entre todos e todas, demos feito o traballo.

 

 

Gracias ós nosos carnet QR, continuamos a facer o encargado e a levar libros para casa cada venres.

 

Anotándoo no noso rexistro individual de préstamos, onde tamén pegamos a portada escribindo o número do libro na aplicación biblioteca online (que podes atopar no recanto de infntil). Cada vez nos resulta máis doado localizar e recoñecer os números de cada libro.

Tamén escribimos, segundo a etapa de desenvolemento lecto-escritor na que nos atopemos, o títuo do libro no rexistro, asi como o noso nome, no caso dos de menor idade.

 

Fixemos novas bandexas para a merenda, nesta ocasión con letras recortadas das revistas de difrentes tamaños.

 

Continaumos tamén a encher o noso dicionario xigante con novas palabras e imaxes (que sacamos da aplicación calendario que podes atopar no recanto de infantil).  Cada semana imos escollendo as nosas palabras favoritas que comezan por esa letra, para logo engadilas ó calendario xigante e finalmente no noso calendario individual.

Non te esquezas de visitar as outras entradas publicadas no blogue do recando de todo o que sucedeu este mes.

(2019-2020) Antes de rematar o ano, no mes de decembro, tamén sucedeu todo isto en infantil 2

Tal como xa vos contamos en entradas anteriores, estivemos moi ocupados durante o mes de decembro coa chegada do Nadal:

- (2019-2020) Falamos con Santa Claus e participamos no festival de Nadal con dúas actuacións. Xa podes velas! 

- (2019-2020) Chega o Nadal: decoramos o corredor, cociñamos turrón e enviamos unhas postais ás nosas casas

 

Pero ademais de todo isto, na nosa aula, sucedeu o seguinte antes de rematar o ano.

Completamos o noso calendario online e os rexistros do encargado cada día, pero ademais fomos "comendo os chocolates" dos calendarios de Nadal que nos regalou a nosa compañeira YAIZA. Cada día tiñamos que buscar o número do día e ir descubrindo que chocolate tocaba.

 

Asistimos á unha representación teatral en Pontevedra:

 

A "Lúa e o grilo" encantounos e era moi divertida.

 

 

Rematada a obra de teatro, e tras unha merenda rápida, continuamos a visita cunhas actividades nun museo, sobre cadros de liñas, puntos e cores.

 

 

Completamos o noso boletín de autoavaliación "as novas a escola", onde contamos ás familias varias cousas das que sucederon na aula ó longo deste primeiro trimestre.

 

 

Continuamos a anotar os libros que levábamos para cada os venres na aplicación online da biblioteca, para poder conseguir a portada que usar no noso libro de rexistro xunto ó número, título e data.

 

 

Asistimos a un contacontos ideado e levado a cabo polas compañeiras e os compañeiros de sexto de primaria, na biblioteca do centro. Foi moi divertido.

 

 

Tal como xa vos contamos en entradas anteriores, despois de todo o que fixemos coa chegada do Nadal, e coa nosa participación no Festival de Nadal remata este primeiro trimestre.

 

Vémonos o ano que ven, non sen antes desexarvos a todos e a todas un BO NADAL e FELIZ ANO 202O.

 

 

(2019-2020) E ademais... no mes de novembro en Infantil 2

Ó longo deste mes de novembro, ademais de celebrar o Magosto, continuar co proxecto de investigación sobre os Pokemon, traballar cos nosos robotslevar a cabo experimentos científicos e continuar a descubrir os diferentes sabores do mundo; tamén sucedu todo isto na nosa aula.

Os novos compañeiros e compañeiras xa levan a cabo as rutinas do encargado con total autonomía, sobre todo usando o calendario online.

 

As nosas tartarugas continúan medrando grazas ós nosos coidados.

 

 

Descubrimos todo o que esconden os libros da nosa biblioteca de aula, que levamos tamén para casa un día a semana anotándoo usando a aplicación online na que, escribindo o número do libro, podemos imprimir a súa portada usando noso carnet QR. 

 

 

Exploramos a nosa creatividade coa témpera.

 

 

Participamos no vídeo creado polo Concello de Campo Lameiro, polo día da "loita contra o violencia de xénero", e asistimos á súa presentación nun ácto público no Concello.

 

 

Contribuímos depositando os nosos restos orgánicos, das merendas, no composteiro do colexio.

 

 

Continúamos a engadir as nosas palabras favoritas nun novo Diccionario Xigante.

 

Xogamos pensar con imaxes ocultas e vídeos, participando en diálogos que fan que desenvolvamos os nosos pilares de pensamento.

 

Coa profe Yolanda seguimos a descubrir aspectos de lóxica matemática. 

 

 

Lembra que podes ver todo o que sucedeu neste mes, ademais do que xa contamos aquí, nas diferentes entradas publicadas neste blogue de infantil 2. 

(2019-2020) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os Pokemons: Todo listo para comezar a planificar a película

Como xa vos contamos en entradas anteriores, en Infantil 2, estamos metidos nunha investigación sobre os Pokemons para, unha vez rematada crear un museo e rodar unha películas de animación.

Podes ver os pasos anteriores nas seguintes entradas:

18/10/19: (2019-2020) Eleximos investigar sobre os Pokemon, para crear unha película de animación con Stop-motion.

09/11/19: (2019-2020) Atopamos as primeiras respostas na nosa investigación sobre os Pokemon. 

 

Entre as preguntas que aínda nos quedaban por respostar esta saber "COMO SE CHAMABAN". Nesta ocasión traballamos todos xuntos e xuntas para ir buscando os nomes dos pokemons, que tiñamos entre a información aportada polas familias.

 

Coa axuda dun dos vídeos que había no noso recanto da investigación (nesta mesma web no recanto de Infantil), fomos escribindo no mural o nome de cada un dos Pokemons.

 

Deste xeito fomos completando o mural con todos eles.

 

 

Eso si, como algúns non aparecían no vídeo tivemos que buscalos tamén no libro que tiñamos entre a nosa información. 

 

 

Pero finalmente demos atopado o nome de todos eles.

 

Así quedou o noso mural unha vez atopada a resposta a esta pregunta. 

 

 

Para respostar á pregunta de QUE ANIMAIS ERAN, optamos por traballar en equipos cooperativos xa que eran moitísimos Pokemons para completar. Para elo o primeiro era acordar quen asumiría cada rol dentro do de cada un dos equipos.

 

Coa axuda dunhas tablets, onde estaban as fotografías de moitos animais, cada equipo foi localizando aqueles que lles corresponderan, entre a lista de Pokemos que tiñamos no mural.

 

 

Unha vez localizado o animal, recortámolo e pegámolo ó lado de cada un dos Pokemons no mural.

 

 

Días despois, para rematar a investigación tan só restaban tres preguntas, que decidimos investigar por equipos.

Descubrimos QUE PODERES TIÑAN, QUE ERAN OS CENTRO POKEMON e COMO EVOLUCIONAN.

 

Plasmando as respostas no mural da investigación que, deste xeito, quedou completo.

 

Así quedaron as respostas no mural da investigación. 

 

 

E deste xeito o mural da investigación unha vez atopadas tódalas respostas. 

 

Tan só quedaba que cada un dos equipos explicase ó resto de compañeiros e compañeiras, cal fora a resposta que atoparon á pregunta que lle correspondeu.

 

Rematada a investigación aínda nos queda por elaborar cadanseu dossier persoal e, por suposto comezar a deseñar e planificar a película, na que plasmar todo o que fomos descubrindo.

Como sempre poderedes estar ó tanto neste mesmo blogue en diferentes entradas.

 

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.