Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2011-2012) Celebramo-lo día de Europa

O día 9 de maio pola mañá, durante a asamblea, o profe comentounos que hoxe era un día "especial" e preguntounos que día pensabamos que era, estas foron algunhas das nosas respostas:

  • O día dos irmáns
  • O día da paz
  • O día dos avós
  • O día dos animais
  • O día do cumple de Raúl (que estaba de cumpreanos na aula do lado)
  • O dos maios

Como non nos dabamos posto dacordo, miramos uns vídeos moi "curiosos" sobre que día era hoxe, e estas foron algunhas das conclusións que sacamos:

  • Hai estrelas
  • É de cor azul
  • É como unha O de estrelas
  • Seguramente é o "día das estrelas"
  • Ou o do sol... 
  • Eso é unha bandeira "do fútbol"
  • Eu vin esa bandeira "na casa do alcalde"
  • As veces sale na tele

Podes atopa-los vídeos que empregamos nesta reflexión no apartado VÍDEOS do recanto, ou directamente desde aquí.

Cando foron aparecendo fotos de distintos lugares acordamos que seguramente era tamén un día especial en todos eses, aparecía alemania, Francia, Grecia, Italia... algúns ata os recoñecemos porque algún compañeiro viaxará ata alí.

Finalmente, como non chegabamos a ningunha conclusión o profe desvelou o misterio, hoxe era o DÍA DE EUROPA, e as estrelas sobre o fondo azul era a bandeira que tiñan todos eses "lugares" de Europa.

Atopamos esa bandeira no noso ordenador, seguramenet porque "viña en Europa".

 

E nos billetes, que por iso se chamaban EUROS, porque servían en toda Europa.

 

E ata no carnet de conducir do profe... seguramente porque "pode conducir coches en toda Europa". 

Chegamos a conclusión de que nos tamén deberiamos estar en Europa porque podíamos usalos aquí.

Coloreamos a bandeira de Europa e escribímoslle o nome para non esquecernos de como se chamaba.

 

E ata fixemos unha bandeira

 

 

Para levar para as nosas casas.

 

Algún ata lle atopou utilidade, poñela nun dos avións da nosa investigación para que puidese "voar por toda Europa". 

 

 

(2011-2012) Continuamos investigando sobre os avións... e ata construimos un

Podes ver os pasos previos deste proxecto de investigación nestas ligazóns:

- Xa temos tema do noso novo proxecto de investigación: Os avións

- Comezamos a investigar sobre os avións

 

DRAMATIZACIÓN DUN AEROPORTO:

Entre toda a información que atopamos sobre os avións atopamos este vídeo que nos pareceu moi gracioso.

 

Decidimos convertir a nosa aula nun aeroporto, e constuír un avión coas sillas e as mesas.

 

Tamén miramos nun libro toda a xente que traballaba nun aeroporto, e todos e todas "intrepretamos o noso papel"

Anxo era o policía de seguridade que revisaba a tódolos pasaxeiros antes de entrar. 

 

Logo collíamos o noso billete e nos poñían unha "pegatina" na nosa maleta para que non se perdese... por iso levaba o noso nome. Usamos fotocopias das que trouxera Diego como información da súa viaxe en avión.

 

As maletas foron poñéndoas na bodega do avión.

 

Pouco a pouco fomos sentando no avión. Álvaro que era o auxiliar de vo foinos sentando no seu sitio e revisando os billetes.

 

Alí estaba tamén para axudar os pasaxeiros e ata ofrecerlles comida. E claro tamén deu toda a información usando as mans, tal como facían no vídeo.

 

Na bodega do avión estaban as nosas maletas, e ata unha caixa xigante chea de animais. Xa descubrimos que se podian levar animais nos avións, así que sabiamos como facelo.

 

Cando rematou a viaxe pasamos a recoller as maletas "na cinta" por fin chegamos ó noso destino.

 

 

 

CONSTRUÍMOS UN AVIÓN:

Gustounos moitísimo xogar a viaxar en avión, pero claro non tiñamos un avión no que montar, así que pensamos que podiamos facer un,

Atopamos este vídeo onde se explica como se constrúe un avión.

 

Mirámolo para saber que pasos había que seguir e facer os mesmos co noso "pequeno avión de cartón"... no ía ser igual pero podiamos adaptar o proceso.

 

No video transportaban ata a fábrica onde ían pintar o avión en camións, no noso caso tivemos que facelo entre todos "porque somos moi fortes".

 

Anotamos nunha lista todo o material que cada equipo de traballo ía necesitar.

 

Preparamos o chan da nosa fábrica para non machalo.

 

O equipo azul encargaríase de pintar a hélice e o timón traseiro, como facían no vídeo.

 

O resto, que era un equipo máis grande íamolo pintar de branco. Como no tiñamos as máquinas para pintar que saían no vídeo tivemos que facelo con rodillos.

 

Pouco a pouco fomos rematando, colaborando entre todos. Algunhas partes eran máis complicadas porque había que pintalas polos dous lados e tiñamos que atopar unha solución para poder pintala e non mancharnos.

 

De vez en cando algún "operario" miaraba de novo o vídeo para ver se o estabamos a facer ben.

 

Cando rematamos escribimos un cartel para que nadie se apoiase mentras estaba mollada.

 

E outra avisando que o chan do baño estaba mollado, de lavar os pinceis.

 

 

 

Xa tiñamos o avión pintado... pero aínda lle faltaban varios detalles.

 

Os asientos e as pegatinas... aínda que non estaba rematado de todo puidemos empezar a facer "as primeiras probas de vo"

 

Como aparecía no vídeo, os avións teñen uns números e unhas letras. O noso tamén os tería así que buscamos na información en que parte do avión iamos poñelos.

 

Decidimos que o número seŕia o 857 e a letra a U

 

Xa temos o noso avión listo para comezar a voar...

E vaia que estamos viaxando a moitos sitios con el... coa bodega chega de maletas e as veces, con algún polizón escondido dentro dela ...

 

 

 

SEGUIMOS INVESTIGANDO:

Despois de varios días atarefados coa construcción do avión e outros traballos, voltamos a investigar sobre as preguntas que aínda quedaban pendientes.

 

Un equipo buscou a resposta a ONDE PODEN ATERRIZAR OS AVIÓNS?




Outro equipo encargouse de buscar se OS AVIÓNS TIÑAN MOTOR




E O TERCEIRO EQUIPO BUSCOU INFORMACIÓN DE COMO SON OS AVIÓNS POR DENTRO, E QUE HAI DENTRO DELES.



Cando atopabamos algunha información que tiña que ver coa pregunta que estabamos a investigar faciamoslle unha fotocopia... e se atopabamos información sobre unha pregunta que estaba a investigar outro equipo levábamoslla a eles.




Cando xuntamos toda a información, chegou o momento de que cada equipo a organizase e contase cantas cousas atoparan.



E ata as veces era o momento de descartar algunha información que non tiña que ver co tema, e que escolleramos por erro.




Xa coa información organizada cada equipo explicoulle ó resto o que descubrira da súa pregunta. Tiñan que organizarse para contalo coherentemente e facelo entre todos e todas.



Descubrimos que os avións poden aterrizar en pistas de aeroportos, en herba, en terra, no mar e incluso enriba de barcos que se chaman porta-avións.





Dentro dos avións descubriron que había unha cabina onde ía o piloto do avión, comida para os pasaxeiros, asientos con cinturón de seguridade, azafatas (asistentes de vo) e outra chea de cousas.




Sobre os motores descubrimos que si o tiñan, porque o equipo atopou imaxes onde se vían os motores "detrás e debaixo do avión" e "debaixo das as".

 

Agora tan só faltaba "recortar" das fotocopias a parte que nos interesaba, discriminando a "información realmente relevante" do resto.

 

Tan só nos resta plasmar as respostas no noso mural e nos dossieres, pero eso xa o contaremos noutro momento.

(2011-2012) Xogamos a pensar co cadro "Siesta" de Van Gogh

Nestas sesións estivemos traballando cos nenos e nenas varias habilidades de pensamento, a través do diálogo.

Podes atopar información sobre o "proxecto Noria" de filosofía para nenos e nenas (xogar a pensar), na seguinte ligazón:

http://www.rincondeleducadornoria.blogspot.com.es

 

Que é pensar?

Plantexamos a pregunta de "que é pensar" e estas son as reflexións que se fixeron:

  • Saber a que xogar
  • Saber que podemos facer
  • Saber que escoller
  • Saber onde queremos ir
  • Saber que queremos comer
  • Nas investigacións
  • [...]

 

Facemos as normas do diálogo para Xogar a pensar:

Acordamos entre todos e todas cales son as normas para poder xogar a pensar, usamos á "Mariquita Juanita".

 

Deixamos varios ocos para engadir novas normas que fosen xurdindo nos diálogos.

 

 

O cadro misterioso:

Un día o profe trouxo un "xogo misterioso", había una foto ou algo escondido detrás dunha cartolina e tiña unhas portiñas que se ían abrindo e amosando unha parte.

 

Que estaría escondido alí? Con cada porta "mantivemos un diálogo" entre todos e todas. 

 

 

Unha a unha fomos abrindo as portas:

  • Que pode ser?

  • azul

  • é un misterio

  • azul malba

  • o ceo

  • o mar

  • seguro?

  • Unha mar salgada

  • e como sabería unha mar salgada?

  • un asco

  • pode ser un océano

  • o océano pacífico

  • que se escoitaría se fose o océano?

  • As ondas

  • e se fose o ceo que se escoitaría?

  • Nada

  • seguro?

  • O vento

  • a choiva

  • algunha idea máis?

  • Pode haber un barco

  • Podería ser aire

 

 

  • que é esto?

  • Marrón

  • terra

  • terr

  • auga quente

  • eso non existe

  • non existe?

  • Non porque non hai auga desa cor

  • estás dacordo?

  • Di que un día a mirou desa cor nos Gormitis

  • que será?

  • Pode ser unha pedra marrón

  • Eu sei unha

  • a ver que será?

  • Area de praia

  • A choiva enche a praia de auga e por iso é azul.

 

  • que creedes que saerá na tres?

  • Igual unha cor verde

  • un por un preguntamos:

  • color castaño de troncos

  • que credes que saerá?

  • Outra vez azul

  • azul oscuro

  • verde

  • Que crees que vai a sair?

  • Marrón clariño

  • herva, igual sae herba

  • Igual sae unha vaca,

  • de cor negra ou branca

Abrimos a pestana 3

  • que saiu?

  • Un carruaje con cabalos!!

Acércanse a miralo:

  • Que divertido!!!

  • Que crees que será?

  • Creo que é Renato (persoaxe dun conto)

  • Este cacho é de aquí e este de aquí

  • Claro eran o ceo e a montaña

  • Que pasada!!!!

  • Que crees que haberá na foto grande cos cachos que vemos?

  • Unha montaña con terra

  • E por que o pensas?

  • Porque é color terra

  • Porque o ceño viña de ahí para ahí por iso se ve un lado

  • Seguides pensando que é uha montaña?

  • Si,

  • Creo que é unha montaña
  • Será grande ou pequena?
  • Unha xigante

 

 

Antes de abrir a pestaña 4

  • Que sairá?

  • Verde clariño

  • que crees que vai a sair?

  • Verde escuro

  • Laranxa

  • Igual sae un robot

  • É por que que crees que sairá un robot?

  • Non, mellor unha vacaloura.

  • Outra vaca

  • Cor verde...

  • Igual sae un dinosaurio

Abrimos a pestana 4

  • oh oh...

  • É un xigante!!!

  • Pes xigantes!!!

  • Como sabes que son xigantes?

  • Un grandullón...

  • Por que creedes que son xigantes?

  • Hai moitos pes...

  • Cantos haberá?

  • Mira, esto non é, é unha montaña non un pe

  • Non, son pes...

  • Non que non teñen dedos...

  • Cantos pes haberá?

  • Dous,

  • Mira, son igual os dous.

  • Esto non son pes xigantes, son normais

  • Eu creo que son xigantes porque ten os dedos sucios

  • De quen serán os pes?

  • Dun grandullón

  • dun neno

  • que estárá facendo o no neno?

  • Durmindo

  • Durmir...

  • Non son pes son mans

  • son pes de un neno

  • Poden ser pes dun leñador pobre...

  • Por que pensas que son pobres?

  • Porque non ten zapatos

  • Por que non teñen zapatos?

  • Porque é un demonio

  • Temos un misterio: hai un carruaje, esto non sabemos se é mar ou ceo e esto que é montaña...

 

 

    • Que sae?

    • A cabeza desta...

    • Son cabezas dos pes de antes

    • Non era un xigante?

    • Non é o corpo do leñador pobre.

    • E donde está madeira?

    • Non, ten só ten pes...


Decidimos descubrir cal era o contido "misterioso" e vemos proxectado este vídeo, escoitando tamén o que sonaba de fondo.

Este foi o diálogo que xurdiu cando miramos o cadro completo:
  • Que hai aquí?

  • Dous señores

  • Que están facendo?

  • Durmir

  • Aquel era o carruaje deles

  • Eran montañas?

  • Non é herba seca.


  • Que se escoita?

  • Por que está tirados no chan?

  • Porque non teñen casa

  • Porque se perderon

  • Hai unhas zapatillas

  • Ó lado das zapatillas teñen cornos

  • Por que durmen?

  • Porque están sos

  • É de día ou de noite?

  • De día

  • Por que crees que durmen?

  • Porque traballaron moito

  • En que credes que traballan?

  • Non sei

  • Non teñen cama

  • Non teñen casa e por iso durmen no chan

  • Onde creedes que están?

  • Nun sito con palla

  • como se chamará o sitio onde están?

  • Nunha “veiga”.

  • Que haberá plantado alí?

  • Herba seca

  • Si seguro que é herba
  • Son cornos o que hai ó lado dos zapatos?

  • Non machadas

  • non fouciños para cortar a herba

  • Entón por que durmen alí?

  • Déronlle moi forte e se cansaron

  • Fará calor ou frío?

  • Moito calor

  • Eses señores teñen calor ou frío?

  • Teñen calor

  • Moito calor

  • É por que crees que teñen calor?

  • Porque fai moito sol

  • Como o sabes se non se ve?

  • Porque está en outro sitio que non é ahí, está detrás da palla

  • Por que non durmen ó lado da vaca?

  • Porque durmiran alí durmirían no carro, e cuns paus por riba sería unha casa

  • Por qué crees que non durmen no carro?

  • Porque os cabalos lle fan ruido e os despertan

  • E os cabalos onde están ó sol ou á sombra?

  • Ó sol

  • Non, están á sombra

  • Os señores onde están?

  • A sombra

  • É por qué?

  • Porque facían moito sol, e o sol estaba detrás..

  • Ai si!... no chan hai sombra.

  • Que pasaría se os señores e os cabalos durmiran o sol?

  • Lle podería sangrar o nariz

  • Nada

  • Alguén durmiu na herba algunha vez. Na sombra ou no sol?

  • Na sombra

  • Por que?

  • Porque estaba máis fresco

  • Cantas pernas vedes?

  • Hai catro...

  • A quen lle faltan os zapatos?

  • Ó do gorro blanco

  • de quen cres que son os zapatos?

  • Non sabemos

  • pero imaxinamos de quen son?

  • A de gorro amarillo

  • Entón a outra señora vai descalza?

  • Non seguro que os ten ó outro lado e por iso non se ven.

  • Estarán detrás das pernas

  • Lembras que me dixeches que eran xigantes? Segues pensando o mesmo?

  • Si porque son enormes

  • E porque crees que son enormes?

  • Porque comeron moito

  • Porque cres ques on máis grandes que os cabalos...?

  • Claro é porque están máis preto por eso son máis grandes, e os cabalos máis lonxe.

  • Por qué quitaron os zapatos?

  • Están descalzos porque lles entrou calor nos pes

  • Así vaille picar nos pes os bichos

  • Porque igual teñen calor

  • E os calcetíns?

  • Deixáronllos, quitáronllos ou non llos levaron

  • Porque están pegados?

  • Non están abrazados,

  • Están xuntos.

  • Creedes que se levan ben ou pelexan?

  • Se queren

  • Si

  • Por qué o sabes?

  • Porque non pelexan.

  • Por que levan tanta roupa co calor que fai?

  • Porque cando viñeron faría frío e agora non

  • porque se levan a manga corta terían frío

  • Porque levan roupa tan gorda co calor que fai?

  • Igual faría un pouco de frío

  • Porderían cortar a herva con patalón corto?

  • Non porque se lastimarían nas pernas

  • E traballaron sen zapatos?

  • Non, para traballar os poñen e os quitan para durmir

  • É tan gorda para non pincharse




Coloreamos o mesmo cadro coas cores que quixemos




E levamos a cabo unha avaliación figuroanalóxica sobre o que participamos, o que participou o grupo e se nos gustou participar nestas actividades.



Sesión 2:

Lembramos o que "descubriramos" na sesión anterior

 

E este foi o díalogo que xurdiu:

 

  • Queres contarnos que sucede no cadro?

  • Traballaron moito e durmen

  • para que tiñan este carro? Que farán con el?

  • Para irse

  • Que pasa no cadro?

  • Por que están aquí os dous zapatos?

  • Porque os quitou

  • E para que?

  • Para durmir

  • Porque se durmes cos zapatos moléstanche

  • Podes describirnos o que se ve no cadro?

  • Vese un carro, palla e uns señores durmindo

  • Onde está o carro?

  • Está lonxe dos señores

  • Está aparcado á sombra da palla

  • Por que se quedou á sombra?

  • Porque facía moito sol e podían queimarse

  • un señor ten un pe ó sol.

  • Por que cres que leva un sombreiro? Alguén ten algunha idea?

  • Para que non se lastime coa palla.

  • E tamén para que non lle dea o sol

  • Por que estarán abrazados?

  • Porque son pais

  • Unha nai e un pai

  • Como o sabes?

  • Porque escoitamos nenos na música?

  • Imos ver se se esoitan nenos...

  • Que escoitamos?

  • Paxaros

  • Unha serpe

  • Uns nenos chorando

  • Non xogando...

  • A ver imos a organizarnos. Que crees que están facendo os nenos?

  • Chorando

  • É porque chorará?

  • Se quedou en casa e non o levaron

  • Non choran están xogando

  • A que estarán xogando?

  • A pelota

  • Ó beisbol

  • Cos tractores

  • A carreiras

  • A pilla pilla

  • Os paxaros por que credes que cantan?

  • Porque é primavera

  • Porque están felices

  • Alguén pensa que están felices?

  • Non eu creo que non están felices os rapaces, porque estaban chorando.

  • Non choran, están xogando (berrando)

  • Ti cres iso pero o teu compañeiro cre que están chorando.. porque é pensa distinto que ti?

  • Porque escoita outra cousa

  • estes señores están felices?

  • Non, están durmindo

  • Si

  • Por que o sabes?

  • Porque durmen

  • escoitamos novamente

  • Eu escoito unha avispa

  • Se houbera unha avispa que pasaría?

  • Podería picarlle

  • Se estivera quieto non lle pica

 

Dramatizamos o que estiveron facendo as persoaxes do cadro antes de durmir, facendo os movementos que crían que facían. Ademáis puxemos as gorras como eles.

 

E despois de tanto traballar, descansamos como no cadro, claro tamén descalzos coma eles.


Dialogamos sobre o sucedido:

 

  • Como vos sentides?

  • Cansados

  • E por qué?

  • Porque traballamos moito

  • Ata cando ides durmir?

  • Ata mañá

  • Cando nos moviamos máis antes ou agora?

  • Antes cando traballabamos

  • Para durmir fai falta moverse?

  • Non, hai que estar quieto

  • Cando xogamos a cortar a herba que pasaba despois?

  • Nos cansabamos

  • E logo durmíamos

  • E quitámolos zapatos

  • Alguén lembra de que partes do corpo moviamos para cortar a herba?

  • Os pes

  • As mans

  • A espalda

  • As mans

  • que moventos faciamos?

  • Moviamos as mans

  • era movementos rápidos o lentos?

  • Lento

  • Non, rápido

  • E cando durmiamos como nos moviamos rápido ou lento?

  • Non, estabamos quieto

  • Nos movemos despacio

  • E por que?

  • Porque senón nos temos que levantar

  • Cando durmimos nos movemos?

  • Non

  • Na cama da casa si

  • Eu si me movo

  • E como sabes que te moves?

  • Porque me movo

  • Eu non porque sempre durmo así (quieto)

  • Eu enrróllome coa manta e non me movo

  • Así estás quietiño

  • Eu si me movo

  • E como sabes que te moves? Porque creedes que o sabe?

  • Porque nos movemos así..

  • Os señores do cadro se moverán mentras durmin?

  • Non porque é unha foto

  • Tiveron moito traballo ou pouco traballo?

  • Moitísimo

  • E por que o creedes?

  • Porque cortaron a palla

  • Tardaron moito o pouco tempo?

  • Moitísimo

  • E porque sabes que tardaron moito?

  • Porque se ve moita palla

  • Que poderían facer para tardar menos?
  • poderían usar un tractor
  • ou pedir axuda os nenos
  • ou a outra xente
  • non porque non era a súa "veiga"

 

Tocamos, cheiramos, observamos a palla, que era como a do cadro

 

Fixemos o mesmo con herba que estaba verde.

 

Este foi o diálogo que xurdiu:

 

  • Que credes que é esto?

  • É herba

  • Non, é palla

  • Si, como a do cadro dos “traballadores”

  • A que credes que cheira?

  • A min cheirame a “caca”

  • Si, á caca do cabalo que hai no cadro

  • Eu creo que cheira a esterco

  • A min chéirame a “sol” porque está queimada

  • Por que credes que está deste color e non verde?

  • Porque facía moito sol e por iso secou

  • Se fixera moito sol podería facer un incendio

    Amosamos a herba verde

  • A que cheirará esta herba?

  • Cheira a auga

  • cheira a verde

  • cheira mellor que a palla

  • claro, por eso a comen os animais porque lles cheira mellor

  • E que animais poden comer herba?

  • Os cabalos

  • As vacas

  • As ovellas...

  • Cal credes que preferiran a seca ou a verde?

  • A verde

  • A seca non lles gusta porque lles da sede

  • E por que non a cortaron verde no cadro?

  • Porque a herba cóllese seca para “estrumar” os cabalos

  • Porque se a cortasen verde logo non tiñan máis

  • Porque cando estaba verde estaba chovendo e non podían ir a buscala, por eso estaba verde

  • Si tiveron que esperar a que secase co sol, por eso colleron a palla.


Tivemos que falar para poñernos de acordo en "como ordenar" a herba verde e a palla, que estaban agora todas mesturadas.

 

Acordamos estratexias e entre todos démonos organizado para levar a cabo a clasificación.

 

E decidimos deixar unh pouca herba verde nun bote para ver se se convertía en seca, tal como alguén comentara.

 

Limpámolo todo moi ben.

 

Avaliamos novamente se nos gustou a actividade, se participamos e cantos participaron nela.

 

Interpretamos o cadro novamente cun debuxo.

 

E fixemos un puzzle do cadro.

 

 

 

Habilidades de pensamento traballadas:

  • De percepción: traballouse a observación do cadro e os diferentes elementos que estiveron presentes na aula. A escoita atenta coa intepretación da música que acompañaba a á obra pictórica. Tocar e ulir herva e palla e imaxinar diferentes olores presentes no cadro. Cinestesia coa dramatización do presente no cadro así como coa imaxinación creativa do momento anterior e posterior. En relación á sinestesia incialmente plantexada, a súa presencia foi menor da agardada
  • Investigación: traballouse na búsqueda de alternativas: ó sucedido no cadro, o dramatizado e á interpretació do escoitado. Imaxinar que estivo presente ó longo de toda a posta en práctica como eixo vertebrador do diálogo.
  • Conceptualización: dialogando sobre o establecemento de conceptos precisos e plantexar exemplos e contraexemplos tanto do que figuraba experesamento no cadro como das abstraccións realizadas, agrupación e clasificación tanto dos elementos presentes no cadro como daqueles outros que foron traidos á aula (herva e palla), uns elementos que tamén serviron para comparar e contrastar
  • Razoamento: levando a cabo razonamentos analóxicos ó longo dos diferentes diálogos.
  • Traducción: Narrando e describindo o contido do cadro e o que escoitaban na música. Interpretando o contido do cadro e das abstraccións feitas a partir da imaxinación e do diálogo, enfrentándose ó pensamento dos demais e razoando as causas que levaban a razoamentos diferentes. A improvisación estivo presente en determinados momentos da posta en práctica. Traducción de linguaxes entre si tanto do que directamente era obxservable no cadro e da música empregada, como dos relatos imaxinados e accións anteriores e posteriores ó mesmo.

 


 


 


(2011-2012) O noso regalo para o día da nai

Este curso con motivo do día da nai, na aula fixemos unhas tarxetas a partir dunha técnica plástica moi divertida.

Consistía en pintar nunha cartolina con ceras manley, tratando de pintar con moitas cores e de calcar moito

para despois de rematado cubrilo todo con cera negra manley.

O noso lápiz de cores sería un palillo e en función das cores que había debaixo do negro, así serían os nosos debuxos.

E por último había que darlles un baño de alkil para darlle brilo

 

Ahí van uns exemplos de cómo quedaron:

 

nen@ de 3 anos

 

 

nen@ de 4 anos

 

nen@ de 5 anos

 

Ademáis aprendimos unha pequena poesía de Federico García Lorca e na clase ensaiábamos para logo dicirlla ás nosas nais, escollendo a un compañeir@ , facendo un de neno e outro de nai e así por parellas foi moi divertido recitala.

Os maiores a escribimos detrás da nosa tarxeta

 MAMÁ, BÓRDAME EN TU ALMOHADA

ESO SÍ, AHORA MISMO.

 

Tamén lle escribimos algo bonito ás nosas nais

e lle pegamos uns imáns para poder colocar a tarxeta na neveira da cociña.

O papel do noso regalo o decoramos con rotuladores e ceras, e a profe propúxonos que utilizáramos liñas. A partir de ahí, a creatividade de cada un fixo o resto.

Antes de marchar para casa, fixemos unha fotiño cos nosos paquetes regalos.

 

Seguro que lle han gustar moito!

Ademáis estamos a facer uns traballiños sobre as nosas nais e os nosos pais que presentaremos para a revista do cole, que se fará dentro de pouco.

Así que estade moi atentos para atopalos nela!

(2011-2012) Continuación do proxecto de cabaleiros e castelos.

Xa temos bastantes respostas ás nosas inquedanzas sobre este proxecto pero, pasado xa o ecuador do mesmo, aínda nos quedan algunhas cuestións.

Esta semana recopilaremos información sobre Ricardo Corazón de león e outros cabaleiros importantes ó longo da historia.

Estas últimas semanas por fin demos rematado o noso castelo, con dúas torres, unha muralla, un foso, e só temos que engadir a ponte levadiza.

Tamén pintamos e pegamos as silutetas dun cabaleiro e dunha dama, nunha das torres, cuns buratos para meter as cabezas e convertirnos así en persoaxes da época medieval.

             

Nos gusta moito elixir ó noso cabaleiro ou a nosa dama e fotografiarnos con estes traxes tan medievais. 

Pero non todo foi festa e decorar a aula. Tamén seguimos a recopilar información sobre os cabaleiros, as súas armas, os seus escudos é bandeiras...

En ocasións temos que marcar nos libros o que nos interesa meter no mural para así poder fotocopialo

Ademáis, por turnos e equipos continuamos a facer o traxe do noso "esqueleto cabaleiro" que case está rematado.

a parte que cubre o peito, que se chama "peto".

armadura dos antebrazos

armadura das pernas.

Tamén estamos facendo propostas para o diseño do "blasón" ou debuxo do escudo e da bandeira do noso castelo.

de momento non o temos decidido pois teñen que saír todavía máis ideas.

Ademáis vimos algúns videos curtiños en internet relacionados co noso proxecto e Guillermo e a súa nai nos mandaron a través de email información para o proxecto e o enlace a un corto sobre un dragón, podedes premer aquí para velo.

 http://www.youtube.com/watch?v=lIRMXJOtfMY&feature=player_embedded

E isto é todo polo momento. Vos seguiremos contando...

 

 

(2011-2012) Facemos un regalo para a nosa nai

Para o día da nai iamos facer un debuxo "máxico", o primeiro foi buscar cartolinas de cor branca.

 

E por parellas cortalo en dúas partes iguais, unha para cada un.

 

Logo pintamos de moitas cores a cartolina branca con ceras Manley, e cando rematamos pintámolo todo de cor negra.

 

Para facer o noso "debuxo máxico", tan só tiñamos que debuxar cun palillo

 

Cando rematamos o debuxo, cubrímolo de Alkil para que no manchase e quedase brillante.

 

Así quedou de brillante unha vez seco

 

Escribmos dentro unha poesía de Fedrico García Lorca

 

Aprendimos a poesía, e falamos sobre o quería dicir o autor con ela. Chegamos á conclusión de que "un neno ten frío e quere ir á cama da súa nai, porque a quere moito".

MAMÁ QUIERO SER PLATA

HIJO TENDRÁS MUCHO FÍO

MAMÁ QUIERO SER AGUA

HIJO  TENDRÁS MUCHO FRÍO

MAMA BÓRDAME EN TU ALMOHADA

ESO SI, AHORA MISMO

 

Tamén escribimos unha nota para a nosa nai ó lado da poesía.

 

Os que ían rematando axudaban ós máis pequenos a completar a súa poesía.

 

Decoramos a nosa bolsa de regalo, metímolo dentro e xa estaba listo para levalo para as nosas casas.

 

 

 

 

 

 

(2011-2012) Actividades para celebrar o día do Libro

A semana pasada, a partir dun día importante como foi o luns 23, día do libro, levamos a cabo unha serie de actividades para conmemorar esta data.

Dende a biblioteca nos pediron que trouxéramos de casa o que considerabamos era o noso "libro favorito".

Estabamos todos moi emocionados, mirando os dos outros e

contándonos cousas sobre os nosos libros.

Ademáis de contar en asamblea por qué era o noso libro favorito e de qué trataba ou quén nolo regalara, fixemos un debuxo e contamos, en poucas palabras, cousas sobre o noso libro.

Días despois, o equipo de biblioteca encargouse de colocalos todos expostos.

Aquí estamos a buscar os nosos traballos...

Aquí están!! xa os atopamos!

Os nosos libros están expostos co resto de compañeiros de cole, pero cando volten ás clases aínda nos quedaremos con eles unhas semanas para contalos e recontalos!

Ademáis, fixemos outra actividade de creación de historias.

A estructura era:

-REGÁLAME UNHA PALABRA (facendo unha descripción)

-ONDE SE ATOPABA

-QUÉN  PASOU POR ALÍ.

-E COMO REMATA A HISTORIA.

E nos puxemos mans á obra para convertir as nosas ideas en palabras e as nosas palabras en pequenas historias.

                                 

 

En conclusión, os protagonistas dos nosos contos creados por nós, foron: 

UN REGALO

UN CABALEIRO

UN EXTRATERRESTRE

UNA PRINCESA

UN CABALO

UN GATO

UN COELLO

UN TREN

UN RATIÑO

UN MONSTRUO

UN CABALEIRO

UN CAN

As levaremos para casa para contarlles a nosa historia aos nosos, pero antes estas historias están expostas no corredoiro de infantil para que as lean o resto de compañeiros do colexio.

Tamén tivemos unha actividade moi entretida de animación á lectura e contacontos esta semana. O mércores 25 visitounos "Leo, Leiña" , unha muller que nos fixo rir moito coas súas historias, disfraces, cancións e xogos de maxia.

Estivo ben a conmemoración do libro, e que veñan moitas máis!

 

 

(2011-2012) Así celebramos o "Día do libro"

Para celebrar o día do libro cadaquen escolleu, da biblioteca de aula, cal era o sue libro favorito. 

 

Por turnos fómoslle contando ós demais cal era a historia do noso libro, os seus persoaxes, quen era o protagonista e por que nos gustaba tanto ese libro.

 

Cando rematamos de dialogar, imprimimos a portada do noso libro empregando o programa que usamos para facer o préstamo de libros  (podes acceder a ela desde aquí)

 

Pegando as nosas cabezas no corpo das persoaxes prinicipais dos nosos libros favoritos, quedamos convertidos neles.

 

Cando o tivemos listo, buscamos (tentando ler ou intuir) o título do noso libro entre todos os que había enriba da mesa... algúns custaban más que outros para atopalos.

 

Pegámolos todos na porta, para que todos poidesen saber cal era o noso libro favorito.

 

Tamén fixemos un pequeno libriño onde contabamos cousas dos nosos libros preferidos.

 

Así quedaron rematados, coa portada que obtivemos do ordenador na portada de cada un.

Podes ler un exemplo de como quedou un dos nosos "libriños" facendo click AQUÍ

 

O MEU LIBRO FAVORITO... DA CASA

Dora a Lectora, a mascota da biblioteca do colexio, enviounos unha carta pedíndonos que trouxeramos das nosas casas os nosos libros favoritos para facer unha exposición.

Para podelos expoñer na aula, antes de subilos á biblioteca do colexio, busamos un lugar na nosa biblioteca de aula.

 

Para non confundilos cos que xa tiñamos, ordeando moitas letras, demos feito un cartel que poñía :

LIBROS  FAVORITOS   DA   CASA

 

Agora á medida que os iamos traendo, comentabamos cos compañeiros e compañeiras de que trataba o libro, quen nolo regalara, quen era o protagonista....

E claro tamén podiamos compartilos cos demáis xa qu estaban no apartado que fixeramos na biblioteca de aula.

 

Tan só nos falta levalos á biblioteca do centro para poñelo na exposición xunto ó resto dos libros dos compañeiros e compañeiras do colexio. 

 

 

Así quedaron os nosos libros na exposición

 

 

 

CONTACONTOS LEO, LEIÑA:

Para rematar a celebración do Día do libro, asistimos a un contacontos, xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

Leo Leiña, fixo trucos de maxia e contounos unha chea de contos.

 

Ata cantamos con ela unha canción en italiano.

 

Cando rematou puidemos probar tódolas cousas que tiña preparadas para nos.

 

 

 

(2011-2012) Proxecto Cabaleiros- atopamos máis respostas e comezamos a construir un castelo.

Á volta das vacacións de Semana Santa  continuamos a traballar no noso proxecto da época medieval.

Inmersos na pregunta sobre ¿cómo eran os castelos?, xuntamos toda a información que tiña relación, seleccionando nos libros que trouxéramos

Por equipos de traballo, organizamos esta información, marcando o que a profe tiña que fotocopiar e recortando, pegando, escribindo o averiguado

sobre as partes máis comúns dos castelos  e tamén sobre as estancias e lugares que había dentro deles.

Ademáis Guillermo, Nicolás e Raúl estiveron en diferentes momentos no castelo de Soutomaior e nos contaron cousas que alí viron. Nico incluso trouxo nun pen dirve moitas fotos que fixo coa súa familia.

Coñecimos algúns castelos máis que hai en Galicia e isto deu pé a querer construir o noso propio na aula.

Así que nos puxemos mans á obra comezando a facer unha das torres.

Tanto nos gustou cómo quedou que, espontáneamente comezamos a xogar cos títeres aproveitando a pequena xanela

qué ben o pasamos con esta xornada improvisada de títeres!

Todos os días ensaiamos aquí ésta é a nosa "torre das marionetas".

Agora estamos a construir outra torre para logo rematar coas murallas e o foso. ¡Qué ben nos vai quedar!

Ademáis estes días tamén nos xuntamos por pequenos grupos de dous ou tres para facer os nosos castelos con distintos materiais, ahí van algúns..

     

           

Ata temos un castelo "marino", feito no proxector de luz

Cómo esta pregunta está rematada, estamos comezando a reunir información sobre os cabaleiros, o seu traxe, funcións,... e convertiremos ao noso esquelete astronauta en cabaleiro, con armadura e todo!

Aquí estamos a dramatizar cómo nomenan a un cabaleiro, tocándolle coa espada no ombreiro.

Nunha sesión de psicomotricidade tamén dramatizamos a través dun circuito unha pequena historia dun cabaleiro que tiña que chegar a unha torre para rescatar a unha dama ou princesa e pasar por unha serie de probas

levando como espada unha raqueta

atravesamos por distintos perigos escondidos nun bosque, nun lago e nunha montaña

ata chegar á torre arredor da cal tiñamos que galopar ó noso cabalo.

Xa nos quedan menos respostas que atopar, pero o entusiasmo segue a ser o mesmo! seguiremos contándovos!

(2011-2012) Comezamos a investigar sobre os avións

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación nesta ligazón:

- Xa temos tema do noso novo proxecto de investigación: Os avións

 

COMEZAMOS A INVESTIGAR:

Tal como vos contarmos na entrada anterior, xa escolleramos o tema dos Avións para investigar sobre el e fomos tamén xuntando información sobre o mesmo.

Á volta das vacións, xa con toda a información organizada chegou o momento de comenzar a nosa investigación.

Para elo, como facemos sempre, primeiro comentamos entre todos, e anotamos, as cousas que xa sabiamos sobre os AVIÓNS. Nalgunas houbo discusión pero acordamos, que cando fixeramos a investigación decidiriamos se eran verdade ou non.

Decidimos tamén entre todos, que cousas queriamos saber sobre o tema, as veces tiñamos que acordar como queriamos "escribir" a pregunta para non repetilas.

Lembramos tamén onde podiamos buscar a información, e fomos pegando as fotografías de toda a información que fomos traendo.

Para poder organizarnos decidimos facer "equipos", nesta parte do mural iremos pegando os equipos que vaiamos facendo para investigar cada pregunta.

Polo momento xa temos a foto de "todos xuntos" investigando na aula de informática a pregunta sobre "se poden viaxar os animais nos avións e onde van".

Quedounos un mural enorme, agora tan só nos queda completalo con todo o que vaiamos descubrindo nas nosas investigacións.

 

PODEN VIAXAR OS ANIMAIS NOS AVIÓNS? ONDE TEÑEN QUE FACELO? 

A primeira pregunta que decidimos investigar foi se os animais podían ou non viaxar nos avións. Como era a primeira pensamos que era mellor "investigala xuntos", e xa o fariamos por equipos con outras preguntas.

Na aula de informática, usando o Encerado Dixital Interactivo (EDI), creamos unha carpeta chamda "AVIÓN", que escribimos empregando o teclado, para gardar dentro todas as fotos e información que atopasemos sobre o tema.

 

Entramos na zona de vídeos do recanto de infantil, e alí descubrimos que había vídeos sobre os avións. Co xa sabía chegar ata eles Marcos foi quen de atopalos. Podes velos aquí

 

Tivemos que escoller entre todos os vídeos que había, cal deles tiña que ver coa pregunta que estabamos a investigar.

 

Descubrimos que teñen que ir en gaiolas na bodega do avión e que incluso os animais tan grandes como os elefantes.

 

Así quedou noso mural a resposta a esta pregunta, ademáis puxémoslle o número "3" que era o número da pregunta.

 

Finalmente tamén o plasmamos nunha folla para o noso dossier.

 

Continuaremos a investigar sobre as restantes preguntas.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.