Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Xogamos a pensar co cadro "Siesta" de Van Gogh

Nestas sesións estivemos traballando cos nenos e nenas varias habilidades de pensamento, a través do diálogo.

Podes atopar información sobre o "proxecto Noria" de filosofía para nenos e nenas (xogar a pensar), na seguinte ligazón:

http://www.rincondeleducadornoria.blogspot.com.es

 

Que é pensar?

Plantexamos a pregunta de "que é pensar" e estas son as reflexións que se fixeron:

  • Saber a que xogar
  • Saber que podemos facer
  • Saber que escoller
  • Saber onde queremos ir
  • Saber que queremos comer
  • Nas investigacións
  • [...]

 

Facemos as normas do diálogo para Xogar a pensar:

Acordamos entre todos e todas cales son as normas para poder xogar a pensar, usamos á "Mariquita Juanita".

 

Deixamos varios ocos para engadir novas normas que fosen xurdindo nos diálogos.

 

 

O cadro misterioso:

Un día o profe trouxo un "xogo misterioso", había una foto ou algo escondido detrás dunha cartolina e tiña unhas portiñas que se ían abrindo e amosando unha parte.

 

Que estaría escondido alí? Con cada porta "mantivemos un diálogo" entre todos e todas. 

 

 

Unha a unha fomos abrindo as portas:

  • Que pode ser?

  • azul

  • é un misterio

  • azul malba

  • o ceo

  • o mar

  • seguro?

  • Unha mar salgada

  • e como sabería unha
    mar salgada?

  • un asco

  • pode ser un océano

  • o océano pacífico

  • que se escoitaría se
    fose o océano?

  • As ondas

  • e se fose o ceo que se
    escoitaría?

  • Nada

  • seguro?

  • O vento

  • a choiva

  • algunha idea máis?

  • Pode haber un barco

  • Podería ser aire

 

 

  • que é esto?

  • Marrón

  • terra

  • terr

  • auga quente

  • eso non existe

  • non existe?

  • Non porque non hai auga
    desa cor

  • estás dacordo?

  • Di que un día a mirou
    desa cor nos Gormitis

  • que será?

  • Pode ser unha pedra
    marrón

  • Eu sei unha

  • a ver que será?

  • Area de praia

  • A choiva enche a praia
    de auga e por iso é azul.

 

  • que creedes que saerá
    na tres?

  • Igual unha cor verde

  • un por un preguntamos:

  • color castaño de
    troncos

  • que credes que saerá?

  • Outra vez azul

  • azul oscuro

  • verde

  • Que crees que vai a
    sair?

  • Marrón clariño

  • herva, igual sae herba

  • Igual sae unha vaca,

  • de cor negra ou branca

Abrimos a pestana 3

  • que saiu?

  • Un carruaje con
    cabalos!!

Acércanse a miralo:

  • Que divertido!!!

  • Que crees que será?

  • Creo que é Renato
    (persoaxe dun conto)

  • Este cacho é de aquí
    e este de aquí

  • Claro eran o ceo e a
    montaña

  • Que pasada!!!!

  • Que crees que haberá
    na foto grande cos cachos que vemos?

  • Unha montaña con
    terra

  • E por que o pensas?

  • Porque é color terra

  • Porque o ceño viña
    de ahí para ahí por iso se ve un lado

  • Seguides pensando que
    é uha montaña?

  • Si,

  • Creo que é unha montaña
  • Será grande ou pequena?
  • Unha xigante

 

 

Antes de abrir a pestaña 4

  • Que sairá?

  • Verde clariño

  • que crees que vai a
    sair?

  • Verde escuro

  • Laranxa

  • Igual sae un robot

  • É por que que crees
    que sairá un robot?

  • Non, mellor unha
    vacaloura.

  • Outra vaca

  • Cor verde...

  • Igual sae un
    dinosaurio

Abrimos a pestana 4

  • oh oh...

  • É un xigante!!!

  • Pes xigantes!!!

  • Como sabes que son
    xigantes?

  • Un grandullón...

  • Por que creedes que
    son xigantes?

  • Hai moitos pes...

  • Cantos haberá?

  • Mira, esto non é, é
    unha montaña non un pe

  • Non, son pes...

  • Non que non teñen
    dedos...

  • Cantos pes haberá?

  • Dous,

  • Mira, son igual os
    dous.

  • Esto non son pes
    xigantes, son normais

  • Eu creo que son
    xigantes porque ten os dedos sucios

  • De quen serán os pes?

  • Dun grandullón

  • dun neno

  • que estárá facendo o
    no neno?

  • Durmindo

  • Durmir...

  • Non son pes son mans

  • son pes de un neno

  • Poden ser pes dun
    leñador pobre...

  • Por que pensas que son
    pobres?

  • Porque non ten zapatos

  • Por que non teñen
    zapatos?

  • Porque é un demonio

  • Temos un misterio: hai
    un carruaje, esto non sabemos se é mar ou ceo e esto que é
    montaña...

 

 

    • Que sae?

    • A cabeza desta...

    • Son cabezas dos pes de antes

    • Non era un xigante?

    • Non é o corpo do
      leñador pobre.

    • E donde está madeira?

    • Non, ten só ten pes...

Decidimos descubrir cal era o contido "misterioso" e vemos proxectado este vídeo, escoitando tamén o que sonaba de fondo.
Este foi o diálogo que xurdiu cando miramos o cadro completo:
  • Que hai aquí?

  • Dous señores

  • Que están facendo?

  • Durmir

  • Aquel era o carruaje
    deles

  • Eran montañas?

  • Non é herba seca.

  • Que se escoita?

  • Por que está tirados
    no chan?

  • Porque non teñen casa

  • Porque se perderon

  • Hai unhas zapatillas

  • Ó lado das zapatillas
    teñen cornos

  • Por que durmen?

  • Porque están sos

  • É de día ou de
    noite?

  • De día

  • Por que crees que
    durmen?

  • Porque traballaron
    moito

  • En que credes que
    traballan?

  • Non sei

  • Non teñen cama

  • Non teñen casa e por
    iso durmen no chan

  • Onde creedes que
    están?

  • Nun sito con palla

  • como se chamará o
    sitio onde están?

  • Nunha “veiga”.

  • Que haberá plantado alí?

  • Herba seca

  • Si seguro que é herba
  • Son cornos o que hai ó
    lado dos zapatos?

  • Non machadas

  • non fouciños para
    cortar a herba

  • Entón por que durmen
    alí?

  • Déronlle moi forte e
    se cansaron

  • Fará calor ou frío?

  • Moito calor

  • Eses señores teñen
    calor ou frío?

  • Teñen calor

  • Moito calor

  • É por que crees que
    teñen calor?

  • Porque fai moito sol

  • Como o sabes se non se
    ve?

  • Porque está en outro
    sitio que non é ahí, está detrás da palla

  • Por que non durmen ó
    lado da vaca?

  • Porque durmiran alí
    durmirían no carro, e cuns paus por riba sería unha casa

  • Por qué crees que non
    durmen no carro?

  • Porque os cabalos lle
    fan ruido e os despertan

  • E os cabalos onde
    están ó sol ou á sombra?

  • Ó sol

  • Non, están á sombra

  • Os señores onde
    están?

  • A sombra

  • É por qué?

  • Porque facían moito
    sol, e o sol estaba detrás..

  • Ai si!... no chan hai
    sombra.

  • Que pasaría se os
    señores e os cabalos durmiran o sol?

  • Lle podería sangrar o
    nariz

  • Nada

  • Alguén durmiu na
    herba algunha vez. Na sombra ou no sol?

  • Na sombra

  • Por que?

  • Porque estaba máis
    fresco

  • Cantas pernas vedes?

  • Hai catro...

  • A quen lle faltan os
    zapatos?

  • Ó do gorro blanco

  • de quen cres que son
    os zapatos?

  • Non sabemos

  • pero imaxinamos de
    quen son?

  • A de gorro amarillo

  • Entón a outra señora
    vai descalza?

  • Non seguro que os ten
    ó outro lado e por iso non se ven.

  • Estarán detrás das
    pernas

  • Lembras que me
    dixeches que eran xigantes? Segues pensando o mesmo?

  • Si porque son enormes

  • E porque crees que son
    enormes?

  • Porque comeron moito

  • Porque cres ques on
    máis grandes que os cabalos...?

  • Claro é porque están
    máis preto por eso son máis grandes, e os cabalos máis lonxe.

  • Por qué quitaron os
    zapatos?

  • Están descalzos
    porque lles entrou calor nos pes

  • Así vaille picar nos
    pes os bichos

  • Porque igual teñen
    calor

  • E os calcetíns?

  • Deixáronllos,
    quitáronllos ou non llos levaron

  • Porque están pegados?

  • Non están abrazados,

  • Están xuntos.

  • Creedes que se levan
    ben ou pelexan?

  • Se queren

  • Si

  • Por qué o sabes?

  • Porque non pelexan.

  • Por que levan tanta
    roupa co calor que fai?

  • Porque cando viñeron
    faría frío e agora non

  • porque se levan a
    manga corta terían frío

  • Porque levan roupa tan
    gorda co calor que fai?

  • Igual faría un pouco
    de frío

  • Porderían cortar a
    herva con patalón corto?

  • Non porque se
    lastimarían nas pernas

  • E traballaron sen
    zapatos?

  • Non, para traballar os
    poñen e os quitan para durmir

  • É tan gorda para non pincharse

Coloreamos o mesmo cadro coas cores que quixemos

E levamos a cabo unha avaliación figuroanalóxica sobre o que
participamos, o que participou o grupo e se nos gustou participar nestas
actividades.


Sesión 2:

Lembramos o que "descubriramos" na sesión anterior

 

E este foi o díalogo que xurdiu:

 

  • Queres contarnos que
    sucede no cadro?

  • Traballaron moito e
    durmen

  • para que tiñan este
    carro? Que farán con el?

  • Para irse

  • Que pasa no cadro?

  • Por que están aquí os
    dous zapatos?

  • Porque os quitou

  • E para que?

  • Para durmir

  • Porque se durmes cos
    zapatos moléstanche

  • Podes describirnos o que se
    ve no cadro?

  • Vese un carro, palla e uns señores durmindo

  • Onde está o carro?

  • Está lonxe dos señores

  • Está aparcado á
    sombra da palla

  • Por que se quedou á
    sombra?

  • Porque facía moito sol
    e podían queimarse

  • un señor ten un pe ó
    sol.

  • Por que cres que leva
    un sombreiro? Alguén ten algunha idea?

  • Para que non se lastime
    coa palla.

  • E tamén para que non
    lle dea o sol


  • Por que estarán
    abrazados?

  • Porque son pais

  • Unha nai e un pai

  • Como o sabes?

  • Porque escoitamos nenos
    na música?

  • Imos ver se se esoitan
    nenos...

  • Que escoitamos?

  • Paxaros

  • Unha serpe

  • Uns nenos chorando

  • Non xogando...

  • A ver imos a organizarnos. Que
    crees que están facendo os nenos?

  • Chorando

  • É porque chorará?

  • Se quedou en casa e non
    o levaron

  • Non choran están
    xogando

  • A que estarán xogando?

  • A pelota

  • Ó beisbol

  • Cos tractores

  • A carreiras

  • A pilla pilla

  • Os paxaros por que
    credes que cantan?

  • Porque é primavera

  • Porque están felices

  • Alguén pensa que están
    felices?

  • Non eu creo que non
    están felices os rapaces, porque estaban chorando.

  • Non choran, están
    xogando (berrando)

  • Ti cres iso pero o teu
    compañeiro cre que están chorando.. porque é pensa distinto que
    ti?

  • Porque escoita outra
    cousa

  • estes señores están
    felices?

  • Non, están durmindo

  • Si

  • Por que o sabes?

  • Porque durmen

  • escoitamos novamente

  • Eu escoito unha avispa

  • Se houbera unha avispa
    que pasaría?

  • Podería picarlle

  • Se estivera quieto non
    lle pica

 

Dramatizamos o que estiveron facendo as persoaxes do cadro antes de
durmir, facendo os movementos que crían que facían. Ademáis puxemos as
gorras como eles.

 

E despois de tanto traballar, descansamos como no cadro, claro tamén descalzos coma eles.

Dialogamos sobre o sucedido:

 


  • Como vos sentides?

  • Cansados

  • E por qué?

  • Porque traballamos
    moito

  • Ata cando ides durmir?

  • Ata mañá

  • Cando nos moviamos máis
    antes ou agora?

  • Antes cando
    traballabamos

  • Para durmir fai falta
    moverse?

  • Non, hai que estar
    quieto

  • Cando xogamos a cortar
    a herba que pasaba despois?

  • Nos cansabamos

  • E logo durmíamos

  • E quitámolos zapatos

  • Alguén lembra de que
    partes do corpo moviamos para cortar a herba?

  • Os pes

  • As mans

  • A espalda

  • As mans

  • que moventos faciamos?

  • Moviamos as mans

  • era movementos rápidos
    o lentos?

  • Lento

  • Non, rápido

  • E cando durmiamos como
    nos moviamos rápido ou lento?

  • Non, estabamos quieto

  • Nos movemos despacio

  • E por que?

  • Porque senón nos temos
    que levantar

  • Cando durmimos nos
    movemos?

  • Non

  • Na cama da casa si

  • Eu si me movo

  • E como sabes que te
    moves?

  • Porque me movo

  • Eu non porque sempre
    durmo así (quieto)

  • Eu enrróllome coa
    manta e non me movo

  • Así estás quietiño

  • Eu si me movo

  • E como sabes que te
    moves? Porque creedes que o sabe?

  • Porque nos movemos
    así..

  • Os señores do cadro se
    moverán mentras durmin?

  • Non porque é unha foto

  • Tiveron moito traballo
    ou pouco traballo?

  • Moitísimo

  • E por que o creedes?

  • Porque cortaron a palla

  • Tardaron moito o pouco
    tempo?

  • Moitísimo

  • E porque sabes que
    tardaron moito?

  • Porque se ve moita
    palla

  • Que poderían facer para tardar menos?
  • poderían usar un tractor
  • ou pedir axuda os nenos
  • ou a outra xente
  • non porque non era a súa "veiga"

 

Tocamos, cheiramos, observamos a palla, que era como a do cadro

 

Fixemos o mesmo con herba que estaba verde.

 

Este foi o diálogo que xurdiu:

 


  • Que credes que é esto?

  • É herba

  • Non, é palla

  • Si, como a do cadro dos
    “traballadores”

  • A que credes que
    cheira?

  • A min cheirame a “caca”

  • Si, á caca do cabalo
    que hai no cadro

  • Eu creo que cheira a
    esterco

  • A min chéirame a “sol”
    porque está queimada

  • Por que credes que está
    deste color e non verde?

  • Porque facía moito sol
    e por iso secou

  • Se fixera moito sol
    podería facer un incendio

    Amosamos a herba verde

  • A que cheirará esta
    herba?

  • Cheira a auga

  • cheira a verde

  • cheira mellor que a
    palla

  • claro, por eso a comen
    os animais porque lles cheira mellor

  • E que animais poden
    comer herba?

  • Os cabalos

  • As vacas

  • As ovellas...

  • Cal credes que
    preferiran a seca ou a verde?

  • A verde

  • A seca non lles gusta
    porque lles da sede

  • E por que non a
    cortaron verde no cadro?

  • Porque a herba cóllese
    seca para “estrumar” os cabalos

  • Porque se a cortasen
    verde logo non tiñan máis

  • Porque cando estaba
    verde estaba chovendo e non podían ir a buscala, por eso estaba
    verde

  • Si tiveron que esperar
    a que secase co sol, por eso colleron a palla.

Tivemos que falar para poñernos de acordo en "como ordenar" a herba verde e a palla, que estaban agora todas mesturadas.

 

Acordamos estratexias e entre todos démonos organizado para levar a cabo a clasificación.

 

E decidimos deixar unh pouca herba verde nun bote para ver se se convertía en seca, tal como alguén comentara.

 

Limpámolo todo moi ben.

 

Avaliamos novamente se nos gustou a actividade, se participamos e cantos participaron nela.

 

Interpretamos o cadro novamente cun debuxo.

 

E fixemos un puzzle do cadro.

 

 

 

Habilidades de pensamento traballadas:

  • De percepción: traballouse a observación do cadro e os
    diferentes elementos que estiveron presentes na aula. A escoita atenta
    coa intepretación da música que acompañaba a á obra pictórica. Tocar e
    ulir herva e palla e imaxinar diferentes olores presentes no cadro.
    Cinestesia coa dramatización do presente no cadro así como coa
    imaxinación creativa do momento anterior e posterior. En relación á
    sinestesia incialmente plantexada, a súa presencia foi menor da agardada
  • Investigación: traballouse na búsqueda de alternativas: ó
    sucedido no cadro, o dramatizado e á interpretació do escoitado.
    Imaxinar que estivo presente ó longo de toda a posta en práctica como
    eixo vertebrador do diálogo.
  • Conceptualización: dialogando sobre o establecemento de
    conceptos precisos e plantexar exemplos e contraexemplos tanto do que
    figuraba experesamento no cadro como das abstraccións realizadas,
    agrupación e clasificación tanto dos elementos presentes no cadro como
    daqueles outros que foron traidos á aula (herva e palla), uns elementos
    que tamén serviron para comparar e contrastar
  • Razoamento: levando a cabo razonamentos analóxicos ó longo dos diferentes diálogos.
  • Traducción: Narrando e describindo o contido do cadro e o
    que escoitaban na música. Interpretando o contido do cadro e das
    abstraccións feitas a partir da imaxinación e do diálogo, enfrentándose ó
    pensamento dos demais e razoando as causas que levaban a razoamentos
    diferentes. A improvisación estivo presente en determinados momentos da
    posta en práctica. Traducción de linguaxes entre si tanto do que
    directamente era obxservable no cadro e da música empregada, como dos
    relatos imaxinados e accións anteriores e posteriores ó mesmo.