Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Letras galegas e os maios- así os preparamos.

Esta semana que xa rematou, adicamos gran parte dela a variadas actividades relacionadas cos Maios e as Letras Galegas.

MAIOS

Para elaborar o noso maio, participando xunto co resto de compañeir@s do colexio, falamos previamente recordando cómo se facía, e mirando na páxina do cole o que fixeramos o curso pasado.

Entre tod@s escribimos o que necesitabamos

Para logo escribilo individualmente algúns e pegar os nomes, outros.

e fumos traendo ao cole estas cousas.

Os de 3º ciclo se ocuparían de colocar o fiuncho, os de 2º ciclo as laranxas e os ovos e os de 1º ciclo e nós, os colares de margaridas.

Así que o que non necesitabamos o mandábamos ás outras aulas

aquí Cris e Aroa teñen unha bolsa con laranxas que van levar a 4º.

E nos puxemos mans á obra para facer os colares.

Nos organizamos en varios equipos, que irían cambiando para que todos e todas participásemos nas dúas tarefas principais.

-un equipo se encargaría de escoller as margaridas e cortarlles o tallo

-dous  equipos para facer dous colares, colocándonos en fila para ir pasándonos as margaridas pola tanza. As agullas as tiñan os profes Oscar e Ángela, eles metían a margarida e nola pasaban

Mirade qué longo este colar....

E agora, outra tarefa importante, feita entre todos os que iamos rematando, RECOLLER  a clase.

Cando o resto de compañeir@s remataron o maio,

nós lle colocamos os longuísimos colares, de diferentes maneiras

e así de bonitiño quedou!!

tamén preparamos unhas coplas que tres nen@s de clase: Javi, Anxo e Andrea, representando ao resto, cantaron o día que celebramos a festa das letras galegas.

 

LETRAS GALEGAS

Con motivo desta data e como todos os anos, coñecimos un pouco ao escritor homenaxeado este ano, endo fotos del, dos seus pais, a súa casa e coñecendo algúns datos curiosos.

Este ano tratábase de

Aproveitamos para xogar co seu nome, descubrindo palabras que soaban igual polo comezo e tamén as que soaban igual polo final.

E o mesmo cos seus apelidos, facéndonos moita gracia que se apelide coa palabra PAZ ou que o apelido ANDRADE se parecese moito ó de Andrea.

Coñecimos unha pequena poesía que escribiu sobre o mar e decidimos facer un mural con ela e con algunha información para que todos tivesen acceso a ela xa que o colcaríamos no corredoiro.

Os nen@s de infantil 2 comezaron a facelo e logo Anxo veunos a explicar a parte que nos tocaba facer a nós.

            

Repartimos as tarefas e continuamos o traballo comezado. Uns pintamos, outros escribimos, outros fixemos a espuma do mar con papel adehesivo,..

Toda a información que puxemos neste mural, a escribimos tamén individualmente para levar para casa unha folla informativa da biografía deste escritor.

e por fin o día da festa das letras galegas!

Neste acto, os nen@s de 6º interpretaron unha obriña de teatro moi divertida que trataba do homiño verde do semáforo, un semáforo que inauguraran en Campo Lameiro

Ademáis os nen@s de 2º fixeron a coreografía dunha canción galega e todos acompañamos ás coplas co sonido duns paos chinos cando chegou o seu momento.

e para rematar a xornada desfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Expresión Teatro que resultou ser divertidísima e que combinaba marionetas, con contos e risas provocadas polas travesuras dun paiaso.

               

Estivo moi ben e continuamos co teatro, pois este luns 21 visitamos o centro social Caixanova para ver a función "Bicharadas" e a exposición "Orixes".

 

Ademaís, contarvos que saímos novamente no periódico con motivo dos maios, éste é o artigo.