Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Celebramo-lo día de Europa

O día 9 de maio pola mañá, durante a asamblea, o profe comentounos que hoxe era un día "especial" e preguntounos que día pensabamos que era, estas foron algunhas das nosas respostas:

  • O día dos irmáns
  • O día da paz
  • O día dos avós
  • O día dos animais
  • O día do cumple de Raúl (que estaba de cumpreanos na aula do lado)
  • O dos maios

Como non nos dabamos posto dacordo, miramos uns vídeos moi "curiosos" sobre que día era hoxe, e estas foron algunhas das conclusións que sacamos:

  • Hai estrelas
  • É de cor azul
  • É como unha O de estrelas
  • Seguramente é o "día das estrelas"
  • Ou o do sol... 
  • Eso é unha bandeira "do fútbol"
  • Eu vin esa bandeira "na casa do alcalde"
  • As veces sale na tele

Podes atopa-los vídeos que empregamos nesta reflexión no apartado VÍDEOS do recanto, ou directamente desde aquí.

Cando foron aparecendo fotos de distintos lugares acordamos que seguramente era tamén un día especial en todos eses, aparecía alemania, Francia, Grecia, Italia... algúns ata os recoñecemos porque algún compañeiro viaxará ata alí.

Finalmente, como non chegabamos a ningunha conclusión o profe desvelou o misterio, hoxe era o DÍA DE EUROPA, e as estrelas sobre o fondo azul era a bandeira que tiñan todos eses "lugares" de Europa.

Atopamos esa bandeira no noso ordenador, seguramenet porque "viña en Europa".

 

E nos billetes, que por iso se chamaban EUROS, porque servían en toda Europa.

 

E ata no carnet de conducir do profe... seguramente porque "pode conducir coches en toda Europa". 

Chegamos a conclusión de que nos tamén deberiamos estar en Europa porque podíamos usalos aquí.

Coloreamos a bandeira de Europa e escribímoslle o nome para non esquecernos de como se chamaba.

 

E ata fixemos unha bandeira

 

 

Para levar para as nosas casas.

 

Algún ata lle atopou utilidade, poñela nun dos avións da nosa investigación para que puidese "voar por toda Europa".