Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2012-20103) Participamos na elaboración do Maio do colexio

O día 15 de maio celebrariamos no colexio o Día das letras galegas e os Maios, como cada ano nós tamén participamos na construcción do Maio do colexio.

 

Colaboramos na elaboración do maio:

Despois de ver varios vídeos sobre a tradición dos Maios (podes velos desde aquí), e de falar sobre de que estaría feito un maio, fixemos un listado do material que precisariamos para facelo, segundo o que observabamos no vídeo:

 

Escribimos unha nota para que na casa soubesen que materiais iamos precisar para facelo, ademáis debuxamos como era un maio por se os nosos pais e nais non sabían como que era.

 

Na lista de material, anotamos a parte que nos tocaba facer - "os colares de flores" - cun gomet verde. Escribimos tamén que cursos se ían encargar de empregar os outros materiais (o fiuncho 5º e 6º - os ovos e laranxas 3º e 4º  - colares de flores, coma nos, os de 1º e 2º)

 

Nos días seguintes fomos traendo os disintos materiais e fómolos "clasificando" porque viñan todos mesturados.

Os pampullos (que descubrimos que así se chamaban as flores amarelas que miraramos no video), quedaron na nosa aula e na dos nosos compañeiros de infantil 2.

 

O fiucho, que era así como se chamaban "as prantas verdes do maio", levámolo á sala de usos múltiples onde xa estaban traballando coa estructura do maio.

 

Os ovos e laranxas levámolos á aula de terceiro, foi doada de atopar porque tiña un número "3" na porta.

 

Traballamos xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula para rematar a nosa parte:

O primeiro paso foi recortar os pampullos para quitarlle os rabiños, e asi poder metelas por un fío para facer un colar, tal como nos contaron os nenos maiores da aula que xa o fixeran o curso pasado.

 

Coa axuda d profe Chus, que viña ese día pola aula, comezamos a facer dous longuísimos colares entre todos e todas.

 

Mentras uns facían os colares, por turnos, os demais foron facendo o seu deseño do Maio, para ver onde e como pensabamos que deberían poñerse os colares no Maio.

 

O colar pouco a pouco foi medrando coa axuda de todos e todos, que iamos pasando as flores polo fío con moito coidado de non rompelas.

 

Ata que conseguimos un colar "longuísimo".

 

Cando rematamos chegou o momento de barrer e limpar do chan os restos das flores que foran caendo.

 

Cando rematamos os colares, levámolos á aula de usos múltiples, onde estaba xa a estructura do maio co fiuncho colocado. Como conseguiron "pegalos"?... despois dun pouco de "investigación" demos resolto o misterio.

 

Ensinamos os diferentes deseños que fixeramos ámbalas dúas aulas, para decidir onde colocar os colares. Como nese momento estaban os compañeiros e compañeiras de segundo colocando alí os seus, decidimos voltar noutro momento.

 

Cando voltamos, o maio xa tiña tamén as laranxas e ovos colocados. Colocamos un dos nosos colares na parte superior, tal como aparecía nalgúns dos deseños que fixeramos.

 

Colocamos o outro colar na parte inferior do maio e engadimos algúns "cartuchos" que é así como lles chamban as flores de cor braca que trouxeramos (calas)

 

Así quedou o maio unha vez rematado. Podes atopar onde están as cousas que puxemos?

 

 

Cantamos as coplas dos Maios:

Nun dos vídeos puidemos ver, que se cantaba unha canción e se tocaban uns paus cando se ía arredor do maio.

 

Estivemos falando sobre que temas poderían tratar as nosas coplas e acordamos que deberían falar sobre:

  • O lobo ORBIL e a visita ó Salón do Libro.
  • A nosa investigación sobre os dinosaurios
  • A investigación sobre os minerais dos nosos compañeiros e compañeiras de E.I.2

 

Así quedaron as nosas coplas:

Para ir ver ó lobo Orbil

construimos uns inventos

nunha cámara os metimos

para velos con aumento

 

Cos fosiles que atopamos

montamos uns dinosaurios

había un Velocirraptor

e tamén un Brachiosaurio

Moitos minerais xuntamos

para a nosa exposición

Amatista,  Cuarzo Rosa

Azabache e máis Carbón.

 

O día da celebración das Letras galegas e dos Maios, cantamos estas coplas xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o centro.

 

Máis información do traballo sobre Roberto Vidal Bolaño e da celebracion do Día das letras galegas e dos Maios, aquí.

 

 

 

 

 

(2012-2013) Estamos finalizando o proxecto sobre os lobos

Continuamos e estamos case a finalizar de dar respostas ao que queríamos saber sobre os lobos.

O noso mural está prácticamente rematado e servirá de canle informativa para todos aqueles compañeir@s que queiran achegarse a lernos.

Agora xa sabemos que os lobos non lle teñen medo á auga, non comen ás persoas na vida real, máis ben lle teñen medo, nin trepen polas árbores ou camiñan a dúas patas, isto só pasa nos contos.... e todo isto o reflexamos no noso mural.

(pendiente de foto)

 

Tamén descubrimos que ó igual que as persoas, os lobos exprésanse a través da linguaxe corporal

sumisos

 

amenazadores

 

tranquilos

 

desconfiados ou alerta

 

Tamén aprendimos unha poesía que trouxo un compañeiro, "Doña loba, detrás de la escoba", de Gloria Fuertes.

Na pantalla dixital vimos unha fotografía da escritora da poesía

aproveitamos as ferramentas da pantalla para escribir o seu nome e apelido, así logo o copiaríamos nunha ficha individual

escoitamos a súa voz, moi característica, e a debuxamos; a todos nos chamaba a atención as arrugas que tiña, polo que fixemos estimacións de cántos anos debería ter nesa fotografía...

Como nos gustou tanto a poesía, decidimos subir á aula de primeiro a recitala

e ata nos fixeron algunas preguntas sobre os lobos

 

A profe ten un libro enorme onde veñen máis poesías de Gloria Fuertes e nos gustan moito, quizáis aprendamos outra nova.

Seguimos a contar contos onde os protas ou as persoaxes eran os lobos, a ver novos videos. Agora estamos comezando a ver nalgúns ratiños libres "El libro de la selva",

(ésta é primeira parte) 

pois a persoaxe principal Mowgli foi criado polos lobos, e nos gusta moitísimo.

Ata atopamos en internet unhas actividades lim sobre os lobos, se premes na imaxe seguinte poderás facelas

e a profe prometeunos facer un libro lim sobre os lobos. Que non tarde moito!!

Tamén coñecimos a Félix Rodríguez de la Fuente, que foi un gran amante e defensor dos lobos, visionando algún documental do seu programa "El hombre y la tierra".

Vimos que existen diferentes tipos de lobos, algúns deles con costumes e cores diferentes, como o lobo ártico ou o lobo himalaio.

 

E que os lobos forman parte da familia dos CÁNIDOS, e pertencen á súa familia o can, o raposo e o chacal.

(pendiente de foto)

 

E isto é todo polo momento. Agora só nos falta comprobar as hipóteses iniciais que tiñamos sobre os lobos e ver cales eran certas e cales non.

 

 

 

Queres saber que outras cousas sucederon nosa aula nas últimas semanas?

Nas últimas semanas, ademáis de continuar a investigación sobre Exipto, rematar o traballo sobre as nosas mascotas, facer un seguinto da nosa plantación e outras cousas que xa vos contaremos polo miudo; pasou ademáis todo isto:

Anotamos no noso calendrio algunhas datas destacadas, como era o día en que levariamos para casa o regalo para a nosa nai e a da nosa próxima "excursión".

 

Celebramos os cumpreanos do mes de abril:

Nesta ocasión ningún compañeiro ou compañeira da nosa aula cumpría anos en abril,  só o profe Óscar aparecía no noso libro dos cumpreanos na folla de ABRIL. Así que el participou na elaboración dunhas trufas moi especiais, xunto a DIEGO e GUILLERMO que cumprían anos en Abril na outra aula.

 

Despois de amasar os sobaos con cacao, leite e azucre empregamos uns moldes para darlles formas de estrela, círculos, corazóns...

 

Ata que fixeron unha chea delas.

 

Deixámolas na nevera ata o día seguinte, cando celebrariamos os cumpreanos do mes, invitando ós compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas.

 

Diego e Guillermo soplaron as catro candeas e o profe Óscar unha co número 35, porque non tiñamos tantas candeas para poñer.

 

Tan só faltaba repartir as trufas entre os compañeiros e compañeiras... estaban boísimas!! e tiñan formas moi divertidas.

 

 

Preparamos o regalo para nosa nai:

Outra das datas que tiñamos sinaladas no noso calendario era cando levariamos para casa o día o regalo para a nosa nai.

Este ano iamos facer un marco con material de refugallo e gominolas.

O primeiro foi pintar o fondo do marco da cor que eleximos, organizándonos por equipos segundo a cor escollida.

 

Pintamos tamén os dous tubos de carton de papel hixiénico, que servirían de soporte para o noso marco.

 

Con todo omaterial seco comprobamos que tiñamos tódalas partes, e expermientamos como deberiamos colocalas para que quedara de pe.

 

Tras pegarlle as gominolas, e pegar algunhas de paso, deixámolo secar e puxémonos mans á obra para crear o noso papel de regalo. Nesta ocasión empregamos as paredes do corredor para deixar que traballase a nosa creatividade, empregando as diferentes texturas que conseguiamos debido as irregularidades da parede sobre a que debuxabamos.

 

Escribimos unha mensaxe para a nosa nai, que pegamos na parte posterior do marco.

 

Con todo o material preparado, tan só quedaba deixalo listo para levar para casa. 

 

Cada quen foi deixando o seu regalo listo, empregando o papel de regalo que crearamos.

 

 

 

Asistimos a unha sesión de títeres:

Tal como tiñamos anotado no noso calendario, o día 6 de maio asistiriamos a unha sesión de títeres en Pontevedra, titulada "A Caixa máxica".

O primeiro foi, como en cada saída, anotar nun lisado aqueles que iamos traendo a autorización, e que asistiríamos á excursión. Tivemos que organizarnos para que todos pudiesen poñer o seu nome sen problemas, empregando letras máis pequenas.

 

Dialogamos sobre o que sucedía na foto do autobús que había no listado e do perigoso que era o que facían algún dos nenos e nenas que estaban de pe.

Na nosa folla sinalamos quen ía ben no autobús e quen o facía incorrectamente.

 

Tamén escribimos o día que iriamos a excursión... ata os máis pequenos de tres anos deron conta do asunto.

 

O día da saída, montamos xunto os compañeiros e compañeiras de 1º de primaria, nun autobús enorme. Ir por parellas era o máis seguro para que ninguén quedase rezagado.

 

E despois dunha viaxe ata a cidade de Pontevedra, tivermos que percorrer un anaco ata chegar ó teatro.

 

O teatro era enorme, e estaba cheo de nenos e nenas de outros colexios,  cos que puidemos falar mentras non comezaba a función de títeres.

 

Gustounos moito a función de títeres "A caixa de música" obra dun grupo teatral chamado Virabolta (fai click no nome  para acceder á web do grupo)

 

Aquí podes ver un anaquiño da función á que asistimos:

 

Foi unha lástima que chovera, xa que non puidemos facer o xogo de "busqueda" polas rúas de Pontevedra... farémolo noutra ocasión.

 

(2012-2013) Algunhas cousiñas acontecidas no mes de ABRIL.

Como vimos facendo en entradas anteriores, unha vez rematado o mes de abril, vos contamos algunhas das moitas propostas e actividades coas que andamos a traballar e desfrutar.

 

SEMENTAMOS

Unha mañá un compañeiro agasallounos cunhas sementas dunha pranta: pensamentos, así que decidimos que tiñamos que sementalas e así ir observando os cambios que se irían producindo.

Ademáis tamén prantamos margaridas e claveis.

Despois dunhas semanas, e como non daban crecido, decidimos prantar tamén guisantes, como os compañeiros de Infantil 2, que xa tiñan moi fermosas as súas prantas.

Isto xa era outra cousa! Así fomos observando cómo crecían e facendo anotacións no noso dossier, medindo cunha regla e compretando uns cadros coas diferentes datas.

Isto nos axudaba moito a ter unha idea máis clara de cómo era antes e como chegara a ser máis adiante a nosa pranta.

Ademáis de reflexar no noso dossier cómo eran as sementes, o seu nome, debuxar a nosa pranta neste proceso...

Agora, como xa están moi altas, en breve as prantaremos nunha horta da escola, do patio traseiro.

Estamos ansiosos porque chegue o día!!

 

CUMPREANOS

Este mes os homenaxeados foron Diego e Guillermo, xunto co profe Oscar, de Infantil 2.

O día anterior elaboraron unhas riquísimas trufas de chocolate, que tiñan formas de estrelas, corazóns, círculos....

A verdade é que tiveron moitos voluntarios que se ofreceron a botar unha man...

   

E xa o día da celebración, e despois de soprar as candeas,

repartiron as trufas e tamén os gusaniños e patacas!

qué rico estaba todo!!

 

REGALO DO DÍA DA NAI

Este ano os profes propuxéronnos preparar un marco de fotos decorado con chuches, gominolas...qué idea máis doce e divertida...!

Primeiro tivemos que pintar con témpera e pincel os cartóns que farían demarcos, así como os rolos de papel hixiénico ou das mans, que farían de punto de apoio.

 

Como segundo paso, e despois de deixar secar, pegamos con cola as gominolas (por debaixo e por enriba) coidando de que quedaran colocadas polo borde,

 

Así quedaron os nosos marcos:

 

O terceiro paso, unha vez secaron ben os marcos, foi preparar o papel para envolver o noso agasallo, pintado por nós.

Tamén lle escribimos algo agarimoso ás nosas nais, que pegamos por detrás do marco.

Ademáis elaboramos unha lista entre todos que despois escribimos individualmente, onde anotamos o material empregado.

Coas fotografías do proceso faremos unha secuencia e escribiremos en qué consistiu.

 

Tamén andivemos a facer entre outras actividades prásticas, unha moi primaveral aínda que a primavera parece que non chegou de todo...

con plastilina, ceras, papel celofán, botón,.... creamos os nosos cadros con flores, para decorar un recanto da aula no que estaba todavía o inverno e iso había que cámbialo..

Así nos quedou o recanto:

a ver si desta queda con nós a primavera!!

 

(2012-2013) Coñeces ás nosas mascotas?

Moitas veces,nas asambleas, os compañeiros e compañeiras falaban do que lle sucedera ós seus cans, gatos, paxaros... tanto, que ó final case sabiamos o nome das mascotas de cada un.

Para poder coñecelas e presentalas ós demais, decidimos facer un mural cos animais que vivían nas nosas casas. 

O primeiro foi anotar na  axenda que precisabamos traer ó colexio unha fotografía da nosa mascota.

 

Pouco a pouco fómolas traendo, e cando isto sucedía comentabamos ós demáis compañeiros e compañeiras como se chamaba, onde vívía, que comía... e claro tamén respostabamos ás preguntas que os demáis facía sobre cada mascota: morde? ten fillos? onde a atopaches?

 

Algunhas fotos como as de GABRIEL e NOA chegaron por correo electrónico á conta de e-mail de infantilcampolameiro@gmail.com, abrímos os correos na pantalla e alí aparecían os nomes das nosa nais e pais, imprimimos as fotos e claro... escribimos un correo de resposta.

 

A medida que iamos traendo as fotos das nosas mascotas, fómolas pegando nun mural no corredor ó lado dun "bocadillo de comic", que xa sabiamos que servía para "contar cousas"

 

Tivemos tamén que acordar que título lle iamos poñer ó mural... pensamos que MASCOTAS sería unha boa idea, e o profe trouxo unhas letras moi "animais" para formar a palabra. Coloreámolas pero...

 

... desordeámolas e tivemos que ir pensando entre todos e todas en que orde poñelas. Se cambiabas unha letra de lugar dicía cousas rarísimas.

 

Cando demos ordeado as letras da palabra pegámolas en orde como título do noso mural.

 

Cada quen escribiu no bocadillo de comic, ó lado da súa mascota, como se chamaba. Para pegalo tivemos que separar unha palabra das outras recortándoas coa tesoira... había que ler con coidado onde remataba unha palabra e comezaba a seguinte para cortar polo medio.

 

Pouco a pouco fomos completando o noso mural das mascotas.

 

Despois de poñer como se chamaba cada unha delas, tamén escribimos con que vivía cada mascota. Xuntamos unha chea de moitos tipos.

 

Se alguén non puido traer a foto debuxouna para que tamén estivese presente no mural.

 

Noutras ocasións tivemos que dar malas noticias, como no caso de "LINDITO", un dos peixes de DIEGO, que morreu mentras estabamos a facer o mural.

 

Tantas mascotas xuntamos que case non cabían no mural... porque algúns trouxemos dúas, tres e ata catro.

 

Ata se colou un boneco de peluche, BOLITA, que era a especial mascota de JOAQUÍN... á que, por certo, todos xa coñecíamos "de vir de visita polo cole"

Tamén quixemos poñer a foto dun porco "celebrando unha festa" que nos trouxo YÉSSICA da casa, porque nos pareceu moi divertida.

 

E ti... Cal é a túa mascota?

 

(2012-2013)Facemos composicións plásticas de lobos con materiais da natureza.

Nunha sesión da semana pasada, a profe propúxonos una actividade cooperativa: o encargado do día faría equipos para sair ao patio en busca de materiais da natureza (follas, pedriñas, pétalos, herba, paos, terra....) para logo xa na aula crear con elas un lobo.

Tiñamos que poñernos dacordo ata para ver quen se encargaba de levar a bolsa onde meter o material atopado. Algúns decidimos que o botaríamos a sortes; outros decidimos facer turnos e ata houbo un equipo que decidiron que a levaban todos xuntos.

Recollido o material marchamos para a aula a facer as composicións.

Así fomos facendo e así nos foron quedando as nosas creación:

 

 

 

Agora os temos expostos nun recuncho da clase e nos gusta ir a miralos de cando en vez.

 

Nos gustou moito esta actividade e ver os resultados finais, e en ocasións nos nosos xogos tamén creamos lobos con outros materiais, como estes:

 

 

(2012-2013) Continuamos a investigar sobre os lobos

Nestas semanas aconteceron moitas cousas en torno ao noso proxecto.

Continuamos a recibir moita información

revistas

e incluso dvds

 

novas do xornal  e a fotografía dunha  visita feita por unha compañeira a unha exposición

 

enciclopedias

 

información sacada de libros

Tamén vimos moitos videos, documentais, contos; algúns deles os temos no recanto de infantil no apartado adicado aos proxectos, para logo poder investigar.

Preme aquí para acceder a eles.

E sobre todo nos organizamos por equipos para ir atopando as respostas, seleccionado e clasificando a información,  e para conseguir acadar máis autonomía e iniciativa nesta dinámica de traballo.

O primeiro equipo

  averiguou qué comen 

e o expuxo aos compañeiros.

Así, soubemos que os lobos,

son carnívoros, pero tamén

 omnívoros, pois comen

tamén froitos e prantas

cando non teñen outro

 alimento.

Ademáis coñecimos a un animal que aos lobos lles gusta cazar, o WATIPI (tamén lle chaman cervo branco).

 Noutra sesión, outro equipo,

 

  

 

 Guillermo, Alberto  e  Rubén

 

 

investigaron sobre os cachorros dos lobos, descubrindo que os lobos son MAMÍFEROS e moitas máis cousas sobre os lobeznos, como por exemplo, que son xordos e cegos ata os 10-15 días de vida.

 

Tamén averiguamos CÓMO CAZAN

                          

sobre todo pola noite  e  en  grupo.

Outras preguntas ás que estivemos buscando respostas e as atopamos foron:

-cómo son as súas casas e se as constrúen eles?

("as fan os lobos, non poden deixar os lobeznos solos porque senón os comen os animais. Otras ya las encuentran hechas en rocas y montañas).

-salen de día ou de noite?

("De noche. Cazan. De dia se esconden,  juegan, buscan cuevas")

-lle teñen medo a algún animal?

 

("osos e águilas, que comen aos lobeznos se están eles sós").

(isto é o descuberto ata o momento).

 

-qué fan? cales son as súas actividades?

("pelean, juegan, aullan, cazan, corren, alimentan a sus cachorros").

          

E una parte importante do traballo, o momento de contarlle aos compañeiros o descuberto.

A medida que elaboramos o mural onde reflexar estas respostas, tamén facemos o noso dossier  para levar para casa, que vos ensinaremos cando esté rematado.

Seguimos a facer máis cousiñas, que vos seguiremos contando!

 

 

 

 

 

(2012-2013) Comezamos a investigar sobre Exipto

Xa levabamos algún tempo pensando sobre que tema poderíamos iniciar a nosa nova investigación, unha vez remataramos a dos Dinosaurios. 

Despois de estar falando sobre varios temas, e de atoparnos cunha noticia que falaba do descubrimento dunha momia en Exipto... acordamos que teriamos que tomar a decisión entre tres temas:

  • EXIPTO
  • MOTOS
  • COCHES

Cada quen escribiu, en segredo, a súa preferencia a procedimos a recontar os votos e a anotar a cantidade en cada unha das opcións.

Exipto resultou ser o tema gañador.

 

Empregando o ordenador e a pantalla buscamos imaxes dos tres temas candidatos e escribimos o seu nome.

 

Deste xeito cada quen puido anotar, para o seu dossier, o nome dos tres temas e a cantidade de votos recibida.

 

Xa co tema elexido chegou o momento de que entre todos e todas contaramos o que xa sabiamos sobre Exipto. Durante o diálogo xurdiron algunhas discusións que deron lugar a preguntas para a nosa investigación.

Xa veremos cando rematemos de investigar se estabamos no certo.

 

Fomos anotando estas preguntas, e aqueloutras que cada quen comentou que lle gustaría investigar.... seguro que ó longo da investigación irán xurdindo algunhas outras.

 

Pensamos tamén onde poderíamos atopar información para respostar a estar preguntas, e como sempre fómolo anotando no noso mural.

 

Entra as fontes de información que xurdiron apareceu "MATERIAL DE CASA" e xurdiu a idea de escribir unha nota pedindo información sobre Exipto ás nosas familias. 

 

Coa foto dunha pirámide de seguro que ninguén se confundiría de tema.

 

Cómo farían as pirámides? Experimentamos coas figuras de madeiras tentando, por equipos, facer unha pirámide pero non é nada doado...

 

Tivemos que preparar tamén o recanto onde iamos almacenar a información, que o tiñamos aínda con Dinosaurios. O primeiro foi cambiar o cartel co TÍTULO do tema.

Coas letras de Exipto fomos ordeándoas ata conseguir dar coa combinación correcta para que puidese lerse, porque cando cambiabamos unha letra de lugar podían lerse outras cousas distintas, e moitas veces moi graciosas.

 

E así quedou a palabra EXIPTO coas letras correctamente colocadas.

 

Co noso recanto de investigar preparado, comezamos a recibir información:

Sacada de internet:

 

En libros:

 

En revistas:

 

Ata en enciclopedias, onde había que buscar no índice en que páxina estaba a información sobre Exipto, porque tiña dentro outras moitas cousas.

 

Fómola colocando no noso recanto da información, e pegando a nosa fotografía coa información no mural da investigación.

 

Xa vos contaremos en próximas publicacións os primeiros descubrimentos que vaiamos facendo. 

 

 

(2012-2013) Temos novo proxecto de traballo-. OS LOBOS

A semana anterior a marchar de vacacións de Pascua, nos embarcamos nun novo proxecto, o dos LOBOS, e comezamos falando das cousas que sabiamos, dos nosos coñecementos previos sobre este tema, as nosas hipoteses e teorías, que cando remate o proxecto saberemos se eran acertadas ou non.

O seguinte paso foi deixar reflexado o que queríamos saber sobre este tema, para investigalo.

Estas son as nosas preguntas, ás que teremos que dar resposta:

-QUE  COMEN?

-QUE FAN? AS SÚAS ACTIVIDADES.

-SE TEÑEN CACHORROS.

-COMO CAZAN?

-SI CAEN NAS TRAMPAS.

-PODEN  SUBIR POLAS ÁRBORES?

-LLE TEÑEN MEDO A AUGA?

-COMO SON AS SÚAS CASAS?

-LLE TEÑEN MEDO A ALGÚN TIPO DE ANIMAL?

-SE PODEN NADAR.

-CANDO SAEN, DE DÍA OU DE NOITE?

-PODEN ANDAR DE PÉ, A DÚAS PATAS?

E como con todos os proxectos, propuxemos ónde buscar esta información-.

-No ordenador, miralo na pantalla de clase.

-En periódicos.

-Na tele.

-Pelis de lobos.

-Revistas.

-Nos libros.

-Preguntar aos abuelos. Nas casas.

O día que marchamos para casa, levamos para casa unha nota informando deste novo proxecto e solicitando a axuda das familias para recopilar información, e xa a volta, conseguimos reunir bastantes cousas ata o de agora.

Contos

 

Libros e revistas

 

Fotografías e información sacada de internet

 

 

 

Unha película de video  cun documental sobre os lobos "Tras la sombra del lobo"

 

Un compañeiro trouxo unha poesía moi divertida de Gloria Fuertes "Doña loba detrás de la escoba",

así que estamos tentando aprendela, polo menos algún anaquiño, e traballamos co texto, localizando letras e palabras.

Outro compañeiro trouxo unha canción escrita, que a profe localizou en internet e puidemos escoitar, "Érase una vez un lobito bueno".

Premede aquí se quredes escoitala. 

Como xa tiñamos bastante información para ir comezando, o venres pasado un equipo de compañeiros, Sara, Xián, Diego e Aitana, reuníronse para recopilar fotografías e datos sobre a pregunta QUE COMEN, ademáis de recordar o que vimos e escoitamos nunha parte do documental dos lobos,

e ir reproducíndoo no noso mural (acordando que tarefa realizar cada un deles).

Este luns nos reuniremos todos para que nos expoñan ao resto o que averiguaron. Algúns compañeiros van levar unha sorpresa ó comprobar que as súas hipóteses non eran de todo correctas e que algún compañeiro estaba no certo.

 

(2012-2013) Así foi o mes de marzo

Neste mes que xa rematou, e antes de dar comezo as vacacións de Semana Santa, aconteceu o seguinte:

 

-A NOSA FAMILIA-

*Elaboramos un gran mural pegando nel as fotos dos nosos país/nais/irmáns/avóss... e escribindo os seus nomes para fixarnos nas letras que levan.

 

 

*Tamén elaboramos outro mural no que quedaba reflexado cómo nos ven na casa, pois previamente as familias tiveron que escribir nuns papeliños cualidades e características nosas.

Gustounos moito ler entre todos o que as nosas familias dicían de nós, reforzando a nosa autoestima ao descubrir que a maior parte das cousas eran todas positivas, ademáis de descubrir vocabulario novo, algunas palabras que eran adxectivos, como sensible, inquedo.... e termos en galego como agarimoso.

 

*Debuxamos aos membros da nosa familia, os describimos e escribimos sobre eles.

 

*As nosas casas, diferenciando entre casa e piso; os  números de teléfono.

(cerca da miña casa hai: veigas, moitas casas, carretera, cera)

*As nosas mascotas.

 

*Traballamos coas fotos e os nomes dos nosos pais e nais, buscando palabras que empezaran e terminaran igual, contando as letras,..

 

*Dramatizamos escenas domésticas e familiares, repartíndonos os diferentes roles.

 

 -REGALO DO PAI

Con motivo de que se achegaba unha data moi especial, como era o día do pai, como en cursos anteriores, elaboramos un pequeño agasallo para eles.

Este ano fixemos uns "Lapicieiros-pisapapeis", con plastilina, e pedriñas de varios tipos, botóns, cola.

Amasamos e moldeamos a plasti, fixemos os buratos que servirían para os lápices, decoramos con pedras de diversos tamaños, texturas e cores, e barnizamos con alkil para endurecer.

 

Así nos quedaron

 

Finalmente só faltaba envolvelos e escribir unhas palabras agarimosas aos nosos pais.

Esperamos que vos gustaran e que vos sexan de utilidade!!

 

-CUMPREANOS DO MES DE MARZO

Como vimos facendo todos os meses, celebramos os cumpres. Este mes os protas foron:

SARA, AITANA, DAVID, que cumpriron 5 anos

 

MARTÍN E PABLO que cumpriron 6.

 

Nesta ocasión, o día anterior elaboraron unha tarta de galletas, nata e froitas, que lles saeu moi moi rica.

 

Aquí aparecen nalgúns momentos durante a elaboración:

 

E por suposto, despois de feita, desfrutamos dela e das patatiñas e gusaniños, unha vez sopraron as velas.

 

-Visitamos o Salón do Libro Infantil, do que xa vos falamos noutra ocasión.

Tamén aproveitamos para botar un vistazo aos traballos elaborados polos nen@s de 5º.

 

Nos fixeron moita gracia, e tentamos representalos despois na clase coas construccións, aínda que os que máis éxito tiveron foron a "helicasa" e a "porta máxica".

 

-ESTIMANDO E MEDINDO- Noutra ocasión se nos presentou  un pequeno problemiña que había que resolver: o profe Oscar mercou unha alfombra para os baños, para non esbarar coa humidade, pero era bastante longa e debíamos averiguar cánto necesitábamos para cortar a medida exacta.

Despois dun rato pensando cómo medir e de dar algunas ideas, unhas máis convencionais coma o metro e outras menos coma os pés ou materiais da aula, decidimos facelo con ladrillos.

 

Así que medimos o espacio do baño no que estaría colocada

11 ladrillos

 para logo poder facer o mesmo coa nosa alfombra e que así collera nese espacio.

E listo!!

 

E xa os últimos días de clases os adicamos a cubrir os boletíns para as familias, recordando o traballado, e explicándoo nalgúns casos.

Ata pronto!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.