Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Coñeces ás nosas mascotas?

Moitas veces,nas asambleas, os compañeiros e compañeiras falaban do que lle sucedera ós seus cans, gatos, paxaros... tanto, que ó final case sabiamos o nome das mascotas de cada un.

Para poder coñecelas e presentalas ós demais, decidimos facer un mural cos animais que vivían nas nosas casas. 

O primeiro foi anotar na  axenda que precisabamos traer ó colexio unha fotografía da nosa mascota.

 

Pouco a pouco fómolas traendo, e cando isto sucedía comentabamos ós demáis compañeiros e compañeiras como se chamaba, onde vívía, que comía... e claro tamén respostabamos ás preguntas que os demáis facía sobre cada mascota: morde? ten fillos? onde a atopaches?

 

Algunhas fotos como as de GABRIEL e NOA chegaron por correo electrónico á conta de e-mail de infantilcampolameiro@gmail.com, abrímos os correos na pantalla e alí aparecían os nomes das nosa nais e pais, imprimimos as fotos e claro... escribimos un correo de resposta.

 

A medida que iamos traendo as fotos das nosas mascotas, fómolas pegando nun mural no corredor ó lado dun "bocadillo de comic", que xa sabiamos que servía para "contar cousas"

 

Tivemos tamén que acordar que título lle iamos poñer ó mural... pensamos que MASCOTAS sería unha boa idea, e o profe trouxo unhas letras moi "animais" para formar a palabra. Coloreámolas pero...

 

... desordeámolas e tivemos que ir pensando entre todos e todas en que orde poñelas. Se cambiabas unha letra de lugar dicía cousas rarísimas.

 

Cando demos ordeado as letras da palabra pegámolas en orde como título do noso mural.

 

Cada quen escribiu no bocadillo de comic, ó lado da súa mascota, como se chamaba. Para pegalo tivemos que separar unha palabra das outras recortándoas coa tesoira... había que ler con coidado onde remataba unha palabra e comezaba a seguinte para cortar polo medio.

 

Pouco a pouco fomos completando o noso mural das mascotas.

 

Despois de poñer como se chamaba cada unha delas, tamén escribimos con que vivía cada mascota. Xuntamos unha chea de moitos tipos.

 

Se alguén non puido traer a foto debuxouna para que tamén estivese presente no mural.

 

Noutras ocasións tivemos que dar malas noticias, como no caso de "LINDITO", un dos peixes de DIEGO, que morreu mentras estabamos a facer o mural.

 

Tantas mascotas xuntamos que case non cabían no mural... porque algúns trouxemos dúas, tres e ata catro.

 

Ata se colou un boneco de peluche, BOLITA, que era a especial mascota
de JOAQUÍN... á que, por certo, todos xa coñecíamos "de vir de visita
polo cole"

Tamén quixemos poñer a foto dun porco "celebrando unha festa" que nos trouxo YÉSSICA da casa, porque nos pareceu moi divertida.

 

E ti... Cal é a túa mascota?