Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-20103) Participamos na elaboración do Maio do colexio

O día 15 de maio celebrariamos no colexio o Día das letras galegas e os Maios, como cada ano nós tamén participamos na construcción do Maio do colexio.

 

Colaboramos na elaboración do maio:

Despois de ver varios vídeos sobre a tradición dos Maios (podes velos desde aquí), e de falar sobre de que estaría feito un maio, fixemos un listado do material que precisariamos para facelo, segundo o que observabamos no vídeo:

 

Escribimos unha nota para que na casa soubesen que materiais iamos precisar para facelo, ademáis debuxamos como era un maio por se os nosos pais e nais non sabían como que era.

 

Na lista de material, anotamos a parte que nos tocaba facer - "os colares de flores" - cun gomet verde. Escribimos tamén que cursos se ían encargar de empregar os outros materiais (o fiuncho 5º e 6º - os ovos e laranxas 3º e 4º  - colares de flores, coma nos, os de 1º e 2º)

 

Nos días seguintes fomos traendo os disintos materiais e fómolos "clasificando" porque viñan todos mesturados.

Os pampullos (que descubrimos que así se chamaban as flores amarelas que miraramos no video), quedaron na nosa aula e na dos nosos compañeiros de infantil 2.

 

O fiucho, que era así como se chamaban "as prantas verdes do maio", levámolo á sala de usos múltiples onde xa estaban traballando coa estructura do maio.

 

Os ovos e laranxas levámolos á aula de terceiro, foi doada de atopar porque tiña un número "3" na porta.

 

Traballamos xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula para rematar a nosa parte:

O primeiro paso foi recortar os pampullos para quitarlle os rabiños, e asi poder metelas por un fío para facer un colar, tal como nos contaron os nenos maiores da aula que xa o fixeran o curso pasado.

 

Coa axuda d profe Chus, que viña ese día pola aula, comezamos a facer dous longuísimos colares entre todos e todas.

 

Mentras uns facían os colares, por turnos, os demais foron facendo o seu deseño do Maio, para ver onde e como pensabamos que deberían poñerse os colares no Maio.

 

O colar pouco a pouco foi medrando coa axuda de todos e todos, que iamos pasando as flores polo fío con moito coidado de non rompelas.

 

Ata que conseguimos un colar "longuísimo".

 

Cando rematamos chegou o momento de barrer e limpar do chan os restos das flores que foran caendo.

 

Cando rematamos os colares, levámolos á aula de usos múltiples, onde estaba xa a estructura do maio co fiuncho colocado. Como conseguiron "pegalos"?... despois dun pouco de "investigación" demos resolto o misterio.

 

Ensinamos os diferentes deseños que fixeramos ámbalas dúas aulas, para decidir onde colocar os colares. Como nese momento estaban os compañeiros e compañeiras de segundo colocando alí os seus, decidimos voltar noutro momento.

 

Cando voltamos, o maio xa tiña tamén as laranxas e ovos colocados. Colocamos un dos nosos colares na parte superior, tal como aparecía nalgúns dos deseños que fixeramos.

 

Colocamos o outro colar na parte inferior do maio e engadimos algúns "cartuchos" que é así como lles chamban as flores de cor braca que trouxeramos (calas)

 

Así quedou o maio unha vez rematado. Podes atopar onde están as cousas que puxemos?

 

 

Cantamos as coplas dos Maios:

Nun dos vídeos puidemos ver, que se cantaba unha canción e se tocaban uns paus cando se ía arredor do maio.

 

Estivemos falando sobre que temas poderían tratar as nosas coplas e acordamos que deberían falar sobre:

  • O lobo ORBIL e a visita ó Salón do Libro.
  • A nosa investigación sobre os dinosaurios
  • A investigación sobre os minerais dos nosos compañeiros e compañeiras de E.I.2

 

Así quedaron as nosas coplas:

Para ir ver ó lobo Orbil

construimos uns inventos

nunha cámara os metimos

para velos con aumento

 

Cos fosiles que atopamos

montamos uns dinosaurios

había un Velocirraptor

e tamén un Brachiosaurio

Moitos minerais xuntamos

para a nosa exposición

Amatista,  Cuarzo Rosa

Azabache e máis Carbón.

 

O día da celebración das Letras galegas e dos Maios, cantamos estas coplas xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o centro.

 

Máis información do traballo sobre Roberto Vidal Bolaño e da celebracion do Día das letras galegas e dos Maios, aquí.