Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Comezamos a investigar sobre Exipto

Xa levabamos algún tempo pensando sobre que tema poderíamos iniciar a nosa nova investigación, unha vez remataramos a dos Dinosaurios. 

Despois de estar falando sobre varios temas, e de atoparnos cunha noticia que falaba do descubrimento dunha momia en Exipto... acordamos que teriamos que tomar a decisión entre tres temas:

  • EXIPTO
  • MOTOS
  • COCHES

Cada quen escribiu, en segredo, a súa preferencia a procedimos a recontar os votos e a anotar a cantidade en cada unha das opcións.

Exipto resultou ser o tema gañador.

 

Empregando o ordenador e a pantalla buscamos imaxes dos tres temas candidatos e escribimos o seu nome.

 

Deste xeito cada quen puido anotar, para o seu dossier, o nome dos tres temas e a cantidade de votos recibida.

 

Xa co tema elexido chegou o momento de que entre todos e todas contaramos o que xa sabiamos sobre Exipto. Durante o diálogo xurdiron algunhas discusións que deron lugar a preguntas para a nosa investigación.

Xa veremos cando rematemos de investigar se estabamos no certo.

 

Fomos anotando estas preguntas, e aqueloutras que cada quen comentou que lle gustaría investigar.... seguro que ó longo da investigación irán xurdindo algunhas outras.

 

Pensamos tamén onde poderíamos atopar información para respostar a estar preguntas, e como sempre fómolo anotando no noso mural.

 

Entra as fontes de información que xurdiron apareceu "MATERIAL DE CASA" e xurdiu a idea de escribir unha nota pedindo información sobre Exipto ás nosas familias. 

 

Coa foto dunha pirámide de seguro que ninguén se confundiría de tema.

 

Cómo farían as pirámides? Experimentamos coas figuras de madeiras tentando, por equipos, facer unha pirámide pero non é nada doado...

 

Tivemos que preparar tamén o recanto onde iamos almacenar a información, que o tiñamos aínda con Dinosaurios. O primeiro foi cambiar o cartel co TÍTULO do tema.

Coas letras de Exipto fomos ordeándoas ata conseguir dar coa combinación correcta para que puidese lerse, porque cando cambiabamos unha letra de lugar podían lerse outras cousas distintas, e moitas veces moi graciosas.

 

E así quedou a palabra EXIPTO coas letras correctamente colocadas.

 

Co noso recanto de investigar preparado, comezamos a recibir información:

Sacada de internet:

 

En libros:

 

En revistas:

 

Ata en enciclopedias, onde había que buscar no índice en que páxina estaba a información sobre Exipto, porque tiña dentro outras moitas cousas.

 

Fómola colocando no noso recanto da información, e pegando a nosa fotografía coa información no mural da investigación.

 

Xa vos contaremos en próximas publicacións os primeiros descubrimentos que vaiamos facendo.