Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

P.T. e A.L.

As intelixencias múltiples e a diversidade nas aulas.

Un artigo que nos pode axudar ós docentes a ver o proceso de ensino aprendizaxe e de adquisición de CCBB de outro xeito.

As denominadas intelixencias múltiples de Gardner.

Aprendizaxe cooperativa na aula de 4º curso: A DIANA- TALLER DE OFERTA E DEMANDA ( 7/5/2013)

É a aprendizaxe cooperativa unha proposta e un recurso metodolóxico óptimo para abordar a inmensa diversidade que atopamos nas aulas, dado que cada alumno ten, as súas características propias, necesidades, motivacións, gustos, e estilos de aprendizaxe. Por iso é que, estructuras como a que se puxo en práctica esta semana na aula de 4º, poden servir para traballar distintos aspectos, como a continuación comprobamos en palabras dos nosos nenos/as:

A proposta de traballo entre aula PT e titoría de 4º curso foi, facer unha dinámica cooperativa para abordar puntos fortes e débiles do grupo dos cales eles mesmos son conscientes, aspectos de convivencia e tamén curriculares como a orde, a escrita, presentación de texto, etc.

A diana convírtese nun recurso simple, ameno, e que, pode valer para moitas outras actividades, que logo se sinalan mais abaixo.

Comezamos presentando a consigna que hai na seguinte imaxe. En cada cuadrante da diana, por equipos, deberían contestar de xeito individual e coa técnica de " lápices ó centro" estes aspectos que...igual parecen moi sinxelos pero....en palabras dos nenos/as pode ser ben complicado....Indeciso.

Que cousas fago ben?

Para que cousas preciso axuda?

A que podo eu axudar ós outros?

E recheamos o noso " cuadrante" da diana, dialogando e esperando os turnos, pois tiñamos un único lápiz por equipo para responder....ahhhh.....quen esta semana, tivo un accidente...Chorando...tivo que ser axudada...xa empeza o traballo colaborativo por tanto....

A continuación fixemos un debate para valorar aqueles aspectos que consideramos puntos fortes das nosas habilidades así como aqueles aspectos para os que precisamos axuda porque ó millor non se nos dan tan ben...é importante coñecerse ben a un mesmo/a.

E resulta que....cada un de nós, temos ó lado a compañeiros/as que fan cousas francamente ben e que nos poden PROPORCIONAR MOITA AXUDA, e tamén á inversa, precisan dos demais para ACADAR tamén distintas HABILIDADES.

Para rematar fixemos un " taller de oferta e demanda" como os que hai na radio...Rindo...para ofrecer axuda a quen a poida precisar e tamén para saber a quen recurrir cando precisamos algo.

Imos compartir a experiencia co grupo de 3º, que se prestan moito para estas cousas, e son moi voluntariosos/as, bueno e con quen queirades...que vos parece si facemos " un banco do tempo"????

...Ayyy....estas profes teñen cousas mais raras.....!!!

Así nos quedaron os carteis anunciadores...

A diana, pode ser un recurso estupendo para resolver cuestións/problemas de calquera área en equipo, baseándose no diálogo e no consenso, facer propostas temáticas sobre cuestións a traballar na aula, dialogar, e tomar acordos tras unha posta en común....por exemplo....

Dende a aula PT, OFRÉCESE tempo e paciencia para incorporar dinámicas deste tipo nas aulas que o desexen...e tamén SE DEMANDA....bueno, iso...outro día¡¡¡¡Chulo...agora imos tomar un pouquiño o sol da fin de semana....!!!!

METAMODELOS: Unha ferramenta matemática ( 9/5/2013)

Un " recursazo" para traballar os contidos matemáticos dun xeito ameno e moi práctico. Unha opción para facer unha clase de "mates" diferente, na aula Tics.

Espero que vps sirva ;)

http://miclase.wordpress.com/2010/05/05/matemodelos-tic/

MI MUNDO EN PALABRAS ( 9/5/2013)

Un recurso interesante do Instituto Cervantes para traballar vocabulario e destrezas espacio-temporais, seguimento de ordes, etc.... que pode ser útil en distintos niveis educativos e sobre todo con alumnado que presenta dificultades nos aspectos anteriormente descritos.

" Mi mundo en palabras". Pincha aquí

http://cvc.cervantes.es/ensenanza/mimundo/


Un material para traballar moedas e billetes

Deixo este material que pode ser moi interesante para imprimir e traballar cos alumnos/as sobretodo do 1º ciclo así como de necesidades específicas de apoio educativo un contido como é o diñeiro.

Para saber un pouquiño máis sobre dislexia

En estes dous documentos, que se acompañan atoparemos algunhas aportacións a unha das NEAE que maiormente atopamos nas aulas de educación primaria, A DISLEXIA, e que poden servir para aclarar algunhas dúbidas ó respecto así como algunhas directrices interesantes de cara a previr dificultades na adquisición da lecto-escritura e nos procesos implicados en ditas habilidades.

AULA PT E AULA DE SEXTO: Compartindo experiencias


Durante este curso, na aula de PT estivemos a traballar contidos a través
das curtas, de contos feitos películas, de algúns anuncios etc....xa que en
youtube podemos atopar de case todo.


Neste caso, compartimos unha experiencia de traballo dobremente
gratificante entre a aula de PT e a aula de sexto curso.


Pois ben, a proposta de traballo en esta ocasión foi,
traballar a composición escrita, a partir da curta " LA LUNA" de
Píxar (podedes vela na seguinte ligazón  
http://www.youtube.com/watch?v=OtnN95vff3s).


Na aula de PT, traballamos primeiro, vendo a curta, e
despois reconvertiuse o film a libro.


Isto supuxo traballar intensamente durante unha semana, no deseño,
estructuración, textos....pero, é, finalmente o  último dos pasos de todo
este proceso, o que aquí achegamos.


Finalmente, presentouse ó grupo-aula, a curta, visionárona, todos
xuntos, e despois disto, mostróuselles a súa reconversión de peli a texto....aquí
quedan as imaxes....e sobre todo, o máis importante...o traballo en competencias
que isto supuxo:


- Competencia linguística, cultural e artística, social e cidadá,
de autonomía e iniciativa persoal....e sobre todo moito cariño e ilusión....por
suposto, e o libroooo....¡ quédase DORA con él,
claro ,
na BIBLIO do cole...!!!


Un " contocómic" para traballar a competencia linguística


A continuación
propónse un recurso para traballar a composición escrita a partir dun libro de
Pepe Carreiro que os alumnos/as reescribirán transformándoo en cómic dando así
paso á creatividade e á competencia en comunicación linguística.


O proceso de traballo
pasa polas seguintes fases:


- Visionado na
lousa dixital do conto " Os bolechas van ó circo" do cal se agrega o
ppt correspondente.


- Posterior
reescritura do conto, convertíndoo a cómic, a través do cal se fomenta a propia
composición, dar vida e carácter ás emocións das persoaxes, transmisión dos
seus pensamentos, etc.


A continuación
acompáñanse os materiais para desenvolver a actividade:


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/moodle/course/view.php?id=26

Que é o traballo cooperativo?

Un pequeno documento de achega sobre que é o traballo cooperativo como recurso nas aulas para a atención á diversidade. O seu obxectivo e que, variando un pouquiño o traballo na aula, e integrando modificacións nalgunhas estructuras poidamos favorecer a integración do alumnado que presenta algún tipo de dificultades.

" Traballar xuntos alumnos diferentes, si é posible"

Guía do TDAH

Recurso para saber un pouco mais sobre o TDAH.

Distribuir contido