Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

AULA PT E AULA DE SEXTO: Compartindo experiencias


Durante este curso, na aula de PT estivemos a traballar contidos a través
das curtas, de contos feitos películas, de algúns anuncios etc....xa que en
youtube podemos atopar de case todo.


Neste caso, compartimos unha experiencia de traballo dobremente
gratificante entre a aula de PT e a aula de sexto curso.


Pois ben, a proposta de traballo en esta ocasión foi,
traballar a composición escrita, a partir da curta " LA LUNA" de
Píxar (podedes vela na seguinte ligazón  
http://www.youtube.com/watch?v=OtnN95vff3s).


Na aula de PT, traballamos primeiro, vendo a curta, e
despois reconvertiuse o film a libro.


Isto supuxo traballar intensamente durante unha semana, no deseño,
estructuración, textos....pero, é, finalmente o  último dos pasos de todo
este proceso, o que aquí achegamos.


Finalmente, presentouse ó grupo-aula, a curta, visionárona, todos
xuntos, e despois disto, mostróuselles a súa reconversión de peli a texto....aquí
quedan as imaxes....e sobre todo, o máis importante...o traballo en competencias
que isto supuxo:


- Competencia linguística, cultural e artística, social e cidadá,
de autonomía e iniciativa persoal....e sobre todo moito cariño e ilusión....por
suposto, e o libroooo....¡ quédase DORA con él,
claro ,
na BIBLIO do cole...!!!