Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Aprendizaxe cooperativa na aula de 4º curso: A DIANA- TALLER DE OFERTA E DEMANDA ( 7/5/2013)

É a aprendizaxe cooperativa unha proposta e un recurso metodolóxico óptimo para abordar a inmensa diversidade que atopamos nas aulas, dado que cada alumno ten, as súas características propias, necesidades, motivacións, gustos, e estilos de aprendizaxe. Por iso é que, estructuras como a que se puxo en práctica esta semana na aula de 4º, poden servir para traballar distintos aspectos, como a continuación comprobamos en palabras dos nosos nenos/as:

A proposta de traballo entre aula PT e titoría de 4º curso foi, facer unha dinámica cooperativa para abordar puntos fortes e débiles do grupo dos cales eles mesmos son conscientes, aspectos de convivencia e tamén curriculares como a orde, a escrita, presentación de texto, etc.

A diana convírtese nun recurso simple, ameno, e que, pode valer para moitas outras actividades, que logo se sinalan mais abaixo.

Comezamos presentando a consigna que hai na seguinte imaxe. En cada cuadrante da diana, por equipos, deberían contestar de xeito individual e coa técnica de " lápices ó centro" estes aspectos que...igual parecen moi sinxelos pero....en palabras dos nenos/as pode ser ben complicado....Indeciso.

Que cousas fago ben?

Para que cousas preciso axuda?

A que podo eu axudar ós outros?

E recheamos o noso " cuadrante" da diana, dialogando e esperando os turnos, pois tiñamos un único lápiz por equipo para responder....ahhhh.....quen esta semana, tivo un accidente...Chorando...tivo que ser axudada...xa empeza o traballo colaborativo por tanto....

A continuación fixemos un debate para valorar aqueles aspectos que consideramos puntos fortes das nosas habilidades así como aqueles aspectos para os que precisamos axuda porque ó millor non se nos dan tan ben...é importante coñecerse ben a un mesmo/a.

E resulta que....cada un de nós, temos ó lado a compañeiros/as que fan cousas francamente ben e que nos poden PROPORCIONAR MOITA AXUDA, e tamén á inversa, precisan dos demais para ACADAR tamén distintas HABILIDADES.

Para rematar fixemos un " taller de oferta e demanda" como os que hai na radio...Rindo...para ofrecer axuda a quen a poida precisar e tamén para saber a quen recurrir cando precisamos algo.

Imos compartir a experiencia co grupo de 3º, que se prestan moito para estas cousas, e son moi voluntariosos/as, bueno e con quen queirades...que vos parece si facemos " un banco do tempo"????

...Ayyy....estas profes teñen cousas mais raras.....!!!

Así nos quedaron os carteis anunciadores...

A diana, pode ser un recurso estupendo para resolver cuestións/problemas de calquera área en equipo, baseándose no diálogo e no consenso, facer propostas temáticas sobre cuestións a traballar na aula, dialogar, e tomar acordos tras unha posta en común....por exemplo....

Dende a aula PT, OFRÉCESE tempo e paciencia para incorporar dinámicas deste tipo nas aulas que o desexen...e tamén SE DEMANDA....bueno, iso...outro día¡¡¡¡Chulo...agora imos tomar un pouquiño o sol da fin de semana....!!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.