Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Un " contocómic" para traballar a competencia linguística


A continuación
propónse un recurso para traballar a composición escrita a partir dun libro de
Pepe Carreiro que os alumnos/as reescribirán transformándoo en cómic dando así
paso á creatividade e á competencia en comunicación linguística.


O proceso de traballo
pasa polas seguintes fases:


- Visionado na
lousa dixital do conto " Os bolechas van ó circo" do cal se agrega o
ppt correspondente.


- Posterior
reescritura do conto, convertíndoo a cómic, a través do cal se fomenta a propia
composición, dar vida e carácter ás emocións das persoaxes, transmisión dos
seus pensamentos, etc.


A continuación
acompáñanse os materiais para desenvolver a actividade:


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/aulavirtual2/course/view.php?id=26