Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2013-2014) Contando o que descubrimos: participamos na xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria" [con vídeos]

Ó longo dos últimos meses estivemos a desenvolver en ámbalas dúas aulas de infantil, tal como vos contamos en entradas anteriores, un proxecto de investigación sobre a prehistoria e os petroglifos, dos que podes atopar máis información aquí ou nos recantos de infantil 1 e 2.

Proxecto de investigación sobre a prehistoria: Os petroglifos.

11/05/14: [INFANTIL 2]  (2013-2014) Iniciamos o noso proxecto de investigación sobre os Petroglifos  

18/05/14: [Infantil xuntos] (2013-2014) Investigamos sobre os petroglifos: visita ó Parque Arqueolóxico  

07/06/14: [INFANTIL 2]  (2013-2014) Continuamos a investigar sobre os petroglifos e comezamos a preparar o noso museo 

08/06/14: [INFANTIL 1]   (2013-2014) Nós tamén andamos inmersos na prehistoria! - Así foi o inicio de proxecto 

21/06/14: [INFANTIL 2]   (2013-2014) Rematámo-la nosa investigación sobre os petroglifos e preparámo-lo noso museo e exposición  

21/06/14: [INFANTIL XUNTOS] (2013-2014) Contándolle ó mundo o que descubrimos: participamos na xornada de portas abertas "Descubrindo a prehistoria" [con vídeos] 

O obxectivo final era participar na xornada de portas abertas organizada no centro: "Descubrindo a prehistoria", de seguida contarémosvos cal e como foi a nosa presenza nas mesmas.

 

BENVIDOS E BENVIDAS Ó NOSO MUSEO: "OS PETROGLIFOS"

Despois de tanto investigar e de tanto traballo, por fin tiñamos listo o noso museo para comezar a recibir visitas.

 

 

Tiñamos tamén preparados, e axeitadamente identificados ós guías da nosa exposición-museo, dispostos a respostar calquera dúbida que puidese xurdir.

 

Uns últimos retoques á exposición de petroglifos antes da chegada do primeiro grupo de pais/nais visitantes... Teríamos ata catro grupos!!

 

Tamén estaba preparado o panel e mapa, que explicaba onde se atopaban os petroglifos da nosa exposición no mundo.

 

Outra das "salas" do museo estaba adicada ós petroglifos en "land-art" que creamos na natureza. Podes atopar máis información aquí.

 

Os visitantes poden tamén coñecer a "historia" do noso museo, que pasos demos ata chegar a construilo e de que xeito o fixemos.

Estaba todo listo, e despois de visita-las diferentes exposicións que fixeran os compañeiros e compañeiras de outros cursos no centro, ó longo de toda a mañá do día 19 de xuño, comezaron a chegar os catro grupos de pais/nais ó noso museo.

 

COMEZAN A CHEGAR OS GRUPOS Ó NOSO MUSEO:

En cada un dos catro turnos, a parella de guías foi cambiando, entre aqueles de nós que quixemos asumir esa gran responsabilidade.

En cada visita fomos explicando a nosa investigación, que eran os petroglifos, o land-art, onde estaban no mundo... e ata como usar, "cun exemplo práctico", os códigos QR que había ó lado de cada petroglifo. 

 

Pero cando remataba a visita ó noso museo non terminaba o noso traballo, aínda nos quedaba dar unha "conferencia" para tódolos visitantes, menos mal que nesta ocasión so había que repetila dúas veces :)

 

DAMOS UNHA CONFERENCIA SOBRE OS PETROGLIFOS:

Unha vez rematada a visita guíada polas exposicións de todo o colexio, na sala de usos múltiples, tivo lugar unha serie de actos: unha representación teatral sobre a prehistoria, unha sobre Stonehenge (en inglés) e ata unha charla-coloquio sobre "os ritos funerarios na prehistoria"... e entre elas tamén estabamos nós, cunha conferencia sobre os pretroglifos.

Tódolos compañeiros e compañeiras de infantil fomos os conferenciantes deste grande acontecemento, no que as nosas familias e compañeiros foron o público convidado.

 

Un a un fomos contando en primeiro lugar como decidimos comenzar a investigar sobre os petroglifos.

 

Para ir explicando, coa axuda duna presentación con imáxes e texto, todo o proceso que seguimos ata crear a nosa exposición.

 

Na metade da conferencia demos paso a uns "documentais de creación propia" nos que contabamos cousas sobre os petroglifos. O primeiro deles amosaba o que pensabamos que eran os petroglifos antes de comezar a investigación.

 

Algunha das nosas ideas previas fixeron moita gracia... queres velo?, aquí tes o vídeo que empregamos na nosa conferencia.

 

VÍDEO: QUE SABÍAMOS DOS PETROGLIFOS?

 

Cando rematamos este vídeo amosamos outro no que, unha vez rematada a investigación, contabamos todo que xa sabíamos agora dos petroglifos. Queres ver a diferencia entre ambos?, podes ver este segundo vídeo na seguinte ligazón.

VÍDEO: ESTO É O QUE SABEMOS AGORA DOS PETROGLIFOS

 

Rematada a proxección dos vídeos, explicámoslles ós visitantes como se chamaban os petroglifos que descubrimos e que estaban na nosa exposición.

 

O auditorio quedou moi sorprendido de cantos eran e en cantos países tan diferentes había petroglifos.

 

Recibimos un gran aplauso de todos por facer un traballo tan fantástico. 

 

Lembra que aínda que rematasen as clases, podes visitar o noso museo pola mañá durante esta última semana de xuño, eso si sen visitas guiadas :), que os nosos guías e conferenciantes desfrutan das súas merecidas vacacións despois de traballar a reo todo este tempo.