Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2008-2009) Investigamos e facemos o noso Xornal

Durante uns días estivemos traballando cos xornais, xa sabíamos do curso pasado que tiñan moitas "noticias", pero decidimos buscar "outras cousas" interesantes que había neles.

Os descubrimentos os iamos pegando no encerado, poñendo xuntas (clasificando) as que pensabamos que eran parecidas.

 

Ó final descubrimos que na parte de arriba das páxinas do xornal, había escrito algo que nos "dicía" se se trataba dunha noticia, dun anuncio, de deportes e incluso se era un mapa do tempo.

 

Organizámonos por equipos e buscamos nos xornais páxinas de "deportes, noticias, anuncios e do tempo".

 

Con todo o que descubrimos decidimos facer o noso xonal de infantil (4-5 anos), para poder metelo dentro do xornal escolar "O Cervo", que imos levar para casa cando remate o curso. 

Estivemos pensando que "cousas" pasaron no noso colexio durante este curso, que fose unha noticia de deportes ou un anuncio, e claro tamén quixemos facer o noso mapa do tempo.

O Equipo de noticias decidiu facer de periodistas e escribir a terrible nova do "roubo do ordenador da nosa aula".

O Equipo de anuncios, despois de descubrir para que se poñían nos xornais, pensou en "anunciar" o circo que estivo en Campo Lameiro, e púxeronlle un prezo de 3 euros.

 

O Equipo de deportes redactou unha información sobre os problemas que tivemos no pavillón durante todo o curso, porque sempre que chovía tamén o facía dentro.

 

Por último o Equipo de meteoroloxía fixo o seu pronóstico  do tempo que ía facer, o máis complicado foi facer un mapa de Galicia como os do xonal, menos mal que se lles ocurriu que o podían calcar na fiestra.

 

Cando rematamos, comentamos tódalas novas que escribimos, e decidimos que era importante poñer en cada "sección" o seu nome, para que logo os "lectores" souberan de que tipo de contido se trata.

 

¿Queres ver como quedou o noso mini-xornal e non queres agardar a ter a revista "O Cervo" nas túas mans? 

 

Podes descargarte o noso XORNAL DE INFANTIL 4-5 ANOS desde aquí. (pdf)

 

(2008-2009) Letras Galegas 2009: "Coñecemos a Ramón Piñeiro"

Este ano o Día das Letras galegas estaba adicado a Ramón Piñeiro López, durante varios días estivemos descubrindo e traballando sobre a vida deste escritor.

Buscando en internet atopamos moita información e sobre todo fotografías da súa vida. Con toda esa información elaboramos candanseu "dossier" que levamos para casa.

Este é Ramón Piñeiro López, era escritor.

 

Así o debuxamos nos.

Naceu en Armea, esta foto atopámola buscando en internet.



Usando un mapa atopamos onde estaba Camo Lameiro, o lugar onde vivimos.




Esta era a escola de Ramón Piñeiro cando era pequeno, resulta que era a casa do muiñeiro.


Xunto con outros escritores decidiron facer unha "fabrica de libros" (Editorial)

 

Chamárona GALAXIA, por iso ten estrelas. 

Na clase atopamos algún libro da Editorial Galaxia "e o debuxo das estrelas tamén estaba".

 

¡Que interesante quedou o noso libro sobre Ramón Piñeiro!, imos a contar nas casas todo o que sabemos sobre el.

 

Como aprendimos tantas cousas sobre el, fixemos un mural contado a súa vida, xunto os compañeiros/as da outra aula. Cada unha das etapas da súa vida metímola dentro dunha das estrelas da súa editorial, Galaxia.

Podes ver en máis detalles o contido de cada estrela do mural na nosa Galería de imaxes, á que podes acceder directamente desde aquí.

Tamén participamos na celebración que tivemos no colexio, cantando e bailando a canción da "BALEA", para a que fixemos unhas coroas cunha balea debuxada.

Tamén nos deron un premio por participar no concurso de debuxos sobre o galego (Asociación cultural o Costado), eran libros moi interesantes.

 

 

 

 

 

(2008-2009) Xa temos tódolos Sacapenas...

Xa temos tódolos Sacapenas feitos, ó final tamén se apuntaron os nosos compañeiros/as da E.E.I "Cerdeiras" tamén de Campo Lameiro, así que cos seus Sacapenas e os nosos que faltaban por traer conseguimos ter unha chea deles.

 

Agora tan só temos que envialos a Gaza, pero antes imos a escribir unha carta, para que a traduzan e poidan entendela cando lla enviemos xunto ós Sacapenas.

Xa vos amosaremos a nosa carta e como os imos a enviar.

(2008-2009) "Os números da nosa vida"

Durante varias semanas estivemos investigando sobre os números que había na nosa vida, o primeiro que fixemos foi buscar números nos obxectos da aula, descubrimos que case todos tiñan números (o prezo, os anos para que servían os puzzles, a cantidade de "agua que tiña a botella...).

O máis "misterioso" foi a que a meirande parte, tiña ademáis uns números debaixo dunhas barras de cor negra, descubrimos que se chamaban códigos de barras e investigamos para que podía empregarse.

Todas estas cousas tiñan código de barras.

 

Logo nun mural fomos anotando aquelas cousas que sabiamos ou iamos descubrindo  que tiñan números, como o teléfono, ordenador, metro... como traballamos por equipos non tardamos moito en enchelo de obxectos.

Ademáis acordamos que se alguén descubría na súa casa algún "número", o dixese ó día seguinte, o trouxese escrito ou debuxado para pegalo tamén no mural... con estes novos "descubrimentos" no mural case non quedaba sitio.

 

 

Un día alguén comentou que na súa casa descubrira que tamén había números "no alto que era a xente", así que pensamos no que debiamos facer para coñecer a nosa altura. Como xa coñecíamos o metro decidimos facer un "medidor - crocodilo" así todos podemos saber canto medimos... ¡e todos pasabamos de "100"!, que é un número "enorme"

 

Tamén atopamos números nos zapatos, na roupa, no noso número de teléfono, no número da nosa casa, nas matrículas dos coches... e moitas cousas máis.

 

Como eran tantas, pensamos en facer un libriño cos "números do noso corpo" ademáis de ir enchendo o noso mural con todos eles.

 

Cando rematamos, despois de varias semanas de investigación, levamos o libriño para as nosas casas e penduramos o mural no corredor, para que todos soubesen a cantidade de sitios onde se poden atopar números. 

 

Este era o "libriño" que levamos para casa cos números do noso corpo. 

 

 

 

(2008-2009) Asistimos á obra de teatro "El Gran Tarje"

O pasado 8 de maio fixemos unha visita a Pontevedra para asistir á obra de teatro "El Gran traje", dentro das actividades organizadas por Caixanova.

Alí estaban tamén nenos de outros coles.

 

Cando se apagaron as luces, e todo quedou moi escuro, apareu un traxe "xigante", do que foron saíndo "moitas cousas" interesantes.

 

Cando remtaou a obra de teatro, como era a hora da merenda, organizámonos na Alameda de Pontevedra para merendar. Eso si con moito coidado de non deixar nada de lixo polo chan.

 

Despois de merendar, alí o ladiño, había un estanque con patos, así que decidimos ir a "facerlles unha visita", tamén había unhas ras moi simpáticas que botaban auga pola boca. 

 

Antes de marchar estivemos xogando un pouco no parque infantil da Alameda de Pontevedra, tivemos qeu compartilos cos nenos de outro colexio, que tamén estivera con nos vendo a obra de teatro.

(2008-2009) Video-conto dos "Sacapenas" ¿Quérelo ver?

Os nenos/as de infantil da aula de 4 e 5 anos, ilustramos cos nosos debuxos e grabamos as nosas voces, para poder contarvos o "conto do Sacapenas".

¿Quérelo ver?



Versión do conto "Os Sacapenas" de Anthony Browne, feita polos alumnos/as de Ed. Infantil 4-5 anos, no curso 2008-2009
Tamén dispoñible na videoteca->as nosas creacións

(2008-2009) Facemos unhas tartarugas para o "Día da nai"

Pensando en que podiamos facer de regalo para o "Día da Nai", atopamos un vídeo que explicaba como facer unha tartagura de plastelina. Despois de miralo todos xuntos, pensamos que nós tamén as poderiamos facer "seguindo as instruccións" e puxémonos más á obra.

 

 

Ó final fomos quen de facer as tartarugas coma no vídeo.

 

Botámoslle Alkil para que endurecese e non rompese.

 

Deixámola a secar durante uns días...

 

Preparamos o regalo, usando "papel pinocho" e escribimos unha carta de felicitación, que grampamos no regalo.

 

(2008-2009) ¡¡Xa chegaron os primeiros Sacapenas!!

Como xa vos contamos, levamos os nosos Sacapenas para "vestilos" na casa cos nosos pais/nais. (máis información na entrada anterior a esta)

Hoxe chegaron xa os primeiros Sacapenas "vestidiños", viñan todos moi elegantes. 

 

A medida que os vaiamos traendo, xunto cos compañeiros da aula de 3 e 4 anos, os imos ir pendurando no corredor, para que todos vexan o ben que nos quedaron. 

 

Cando os teñamos todos, enviarémolos á Gaza.

 

De momento só temos 8 pero seguro que  moi pronto xa os temos todos feitos.

 

A ver se algún outro curso se anima a facer os seus sacapenas para envialos cos nosos.Rindo

(2008-2009) Levamos os SACAPENAS para "vestilos" na casa

 

Partindo do Conto "Sacapenas" de Anthony Browne, xurdiu a iniciativa Sacapenas para Gaza, na que día a día se van sumando centros educativos de toda Galicia.

A idea é enviar pequenos bonecos "Sacapenas", realizados polos nenos/as, para outros nenos/as coma eles, pero que se atopan en hospitais e situacións desfavorecidas en Gaza.

 

Despois de ler o conto "descubrimos" o blog dos sacapenas, observamos os que fixeran noutros colexios e onde os enviaron logo.
Todos metidos nunha caixa e cunha carta llos mandarán nun avión.

 

Como queriamos que os pais/nais tamén participasen, pensamos que sería interesante facelo con eles. Así que levamos os sacapenas "espidos" para poder vestilos na casa.

Cada quen deseñou o seus sacapenas para levalo de "modelo".

Levamos tamén unha carta explicando ás familias a iniciativa. 

 

 

Xa vos iremos amosando como nos van quedando os sacapenas, e outros traballos sobre o tema.

 

Máis información sobre esta iniciativa no "blog dos Sacapenas", podes acceder a el desde a ligazón que atoparás no menú da dereita da nosa web, ou ben directamente desde

http://sacapenasparagaza.blogspot.com/

 

 

(2008-2009) Así son os nosos boletíns trimestrais para as familias

Cando remata cada trimestre, os rapaces e rapazas levan para a súa casa o seu boletín informativo para as familias.

O noso boletín de avaliación está elaborado tanto polo mestre como polos alumnos/as, e nel ademáis de indicar os logros acadados por cada quen facemos un repaso a todo o acontecido no trimestre na escola.

Este tipo de boletín permite que os propios alumnos/as fagan unha reflexión de todo o feito ó longo do trimestre, e se fagan conscientes daquelo que foron traballando e aprendendo.

 

O noso boletín consta de dúas partes, un díptico en tamaño A3, elaborado polos alumnos/as e un folio A4 (polas dúas caras) elaborado polo mestre

 

Na parte elaborada polo mestre indicamos por unha banda os logros acadados neste trimestre ("xa son capaz de") empregando o reforzo positivo como axente motivante.

No reverso incluimos un resume, con imaxes, de todos aqueles acontecementos e actividades que tiveron lugar ó longo do trimestre, explicando a súa finalidade e os obxectivos que pretendiamos acadar con eles.


A parte elaborada polos propios alumnos/as é cambiante en función da idade, vida da aula, eventos relevantes que tiveron lugar.

 

Habitualmente incluimos fotografías de saídas e traballos realizados, ás que teñen que escribilles "os pés de foto". Todo isto tras un diálogo previo en común.

 

No boletín deste segundo trimestre, ademáis os nenos/as tiveron que "pensar" cales eran os seus contos favoritos (dos levados cada semana para casa da biblioteca de aula e de centro), así como os seus "xogos preferidos do ordenador" (os cales podedes atopar nesta mesma páxina web)

 

As fotografías correspóndense a un boletín realizado por un/unha alumno/a de 4 anos.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.