Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2008-2009) Investigamos e facemos o noso Xornal

Durante uns días estivemos traballando cos xornais, xa sabíamos do curso pasado que tiñan moitas "noticias", pero decidimos buscar "outras cousas" interesantes que había neles.

Os descubrimentos os iamos pegando no encerado, poñendo xuntas (clasificando) as que pensabamos que eran parecidas.

 

Ó final descubrimos que na parte de arriba das páxinas do xornal, había escrito algo que nos "dicía" se se trataba dunha noticia, dun anuncio, de deportes e incluso se era un mapa do tempo.

 

Organizámonos por equipos e buscamos nos xornais páxinas de "deportes, noticias, anuncios e do tempo".

 

Con todo o que descubrimos decidimos facer o noso xonal de infantil (4-5 anos), para poder metelo dentro do xornal escolar "O Cervo", que imos levar para casa cando remate o curso. 

Estivemos pensando que "cousas" pasaron no noso colexio durante este curso, que fose unha noticia de deportes ou un anuncio, e claro tamén quixemos facer o noso mapa do tempo.

O Equipo de noticias decidiu facer de periodistas e escribir a terrible nova do "roubo do ordenador da nosa aula".

O Equipo de anuncios, despois de descubrir para que se poñían nos xornais, pensou en "anunciar" o circo que estivo en Campo Lameiro, e púxeronlle un prezo de 3 euros.

 

O Equipo de deportes redactou unha información sobre os problemas que tivemos no pavillón durante todo o curso, porque sempre que chovía tamén o facía dentro.

 

Por último o Equipo de meteoroloxía fixo o seu pronóstico  do tempo que ía facer, o máis complicado foi facer un mapa de Galicia como os do xonal, menos mal que se lles ocurriu que o podían calcar na fiestra.

 

Cando rematamos, comentamos tódalas novas que escribimos, e decidimos que era importante poñer en cada "sección" o seu nome, para que logo os "lectores" souberan de que tipo de contido se trata.

 

¿Queres ver como quedou o noso mini-xornal e non queres agardar a ter a revista "O Cervo" nas túas mans? 

 

Podes descargarte o noso XORNAL DE INFANTIL 4-5 ANOS desde aquí. (pdf)

 

AdxuntoTamaño
Xornal de Infantil 4-5 anos1.68 MB