Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2008-2009) "Os números da nosa vida"

Durante varias semanas estivemos investigando sobre os números que había na nosa vida, o primeiro que fixemos foi buscar números nos obxectos da aula, descubrimos que case todos tiñan números (o prezo, os anos para que servían os puzzles, a cantidade de "agua que tiña a botella...).

O máis "misterioso" foi a que a meirande parte, tiña ademáis uns números debaixo dunhas barras de cor negra, descubrimos que se chamaban códigos de barras e investigamos para que podía empregarse.

Todas estas cousas tiñan código de barras.

 

Logo nun mural fomos anotando aquelas cousas que sabiamos ou iamos descubrindo  que tiñan números, como o teléfono, ordenador, metro... como traballamos por equipos non tardamos moito en enchelo de obxectos.

Ademáis acordamos que se alguén descubría na súa casa algún "número", o dixese ó día seguinte, o trouxese escrito ou debuxado para pegalo tamén no mural... con estes novos "descubrimentos" no mural case non quedaba sitio.

 

 

Un día alguén comentou que na súa casa descubrira que tamén había números "no alto que era a xente", así que pensamos no que debiamos facer para coñecer a nosa altura. Como xa coñecíamos o metro decidimos facer un "medidor - crocodilo" así todos podemos saber canto medimos... ¡e todos pasabamos de "100"!, que é un número "enorme"

 

Tamén atopamos números nos zapatos, na roupa, no noso número de teléfono, no número da nosa casa, nas matrículas dos coches... e moitas cousas máis.

 

Como eran tantas, pensamos en facer un libriño cos "números do noso corpo" ademáis de ir enchendo o noso mural con todos eles.

 

Cando rematamos, despois de varias semanas de investigación, levamos o libriño para as nosas casas e penduramos o mural no corredor, para que todos soubesen a cantidade de sitios onde se poden atopar números. 

 

Este era o "libriño" que levamos para casa cos números do noso corpo.