(2008-2009) Así son os nosos boletíns trimestrais para as familias
Cando remata cada trimestre, os rapaces e rapazas levan para a súa casa o seu boletín informativo para as familias.
O noso boletín de avaliación está elaborado tanto polo mestre como polos alumnos/as, e nel ademáis de indicar os logros acadados por cada quen facemos un repaso a todo o acontecido no trimestre na escola.
Este tipo de boletín permite que os propios alumnos/as fagan unha reflexión de todo o feito ó longo do trimestre, e se fagan conscientes daquelo que foron traballando e aprendendo.
O noso boletín consta de dúas partes, un díptico en tamaño A3, elaborado polos alumnos/as e un folio A4 (polas dúas caras) elaborado polo mestre
Na parte elaborada polo mestre indicamos por unha banda os logros acadados neste trimestre ("xa son capaz de") empregando o reforzo positivo como axente motivante.
No reverso incluimos un resume, con imaxes, de todos aqueles acontecementos e actividades que tiveron lugar ó longo do trimestre, explicando a súa finalidade e os obxectivos que pretendiamos acadar con eles.
A parte elaborada polos propios alumnos/as é cambiante en función da idade, vida da aula, eventos relevantes que tiveron lugar.
Habitualmente incluimos fotografías de saídas e traballos realizados, ás que teñen que escribilles "os pés de foto". Todo isto tras un diálogo previo en común.
No boletín deste segundo trimestre, ademáis os nenos/as tiveron que "pensar" cales eran os seus contos favoritos (dos levados cada semana para casa da biblioteca de aula e de centro), así como os seus "xogos preferidos do ordenador" (os cales podedes atopar nesta mesma páxina web)
As fotografías correspóndense a un boletín realizado por un/unha alumno/a de 4 anos.