Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2015-2016) Celebramos os cumpreanos do mes de abril

Como todos os meses, (sempre que algún compañeiro/a cumpre anos), en abril tamén tocou celebrar o cumpreanos dalgúns compañeiros/as.

Nesta ocasión, os homenaxeados eran Jorge, Lucas, María, e o profe Óscar.

O día anterior fixeron a tarta elixida.

 

Seguindo os pasos que marcaba a receita.

 

 

E....lista!!! o día seguinte, os nosos compañeiros sopraron as cinco candeas

 

e tamén Óscar, que soprou unha, de xeito simbólico.

 

e a desfrutar da tarta e dos gusaniños e patacas fritidas.

 

En maio teremos nova celebración!

(2015-2016) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do Libro 2016

Una curso máis participamos nas actividades organizadas polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que nesta ocasión levaba o título "Canta Bichería", e estaba ambientado na historia do libro "As aventuras de Extravaganza Pérez".

Desde as dúas aulas de Educación Infantil estivemos investigando sobre as formigas e arañas, tal como xa vos contamos en entradas anteriores, e participamos na elaboración do trabalo do centro co noso libro "O veleno máxico".

 

 

 

Podes acceder a este trabalo previo nas seguintes entradas:

24/12/15: INFANTIL 1 -  (2015-2016) Investigamos sobre as arañas

19/03/16 - INFANTIL 2 (2015-2016) Rematámo-la nosa investigación sobre as formigas

19/03/16: [Infantil xuntos] (2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"

 

Agora, despois de tantas semanas de traballo, chegara o momento de participar nas actividades do Salón, de ver o noso libro e, por suposto, de reecontrarnos co lobo ORBIL.

 

Para facer o percorrido en aubotús fomos seguindo o noso mapa de ruta e localizando os diferentes lugares polos que iamos pasando. Fixemos este mapa en ámbalas dúas aulas, pero xa vos contaremos o proceso de creación e traballo con este mapa en futuras entradas do recanto de infantil 1 e 2.

 

Por fin chegamos a Pontevedra, ó Pazo da Cultura, alí xa nos estaban a agardar para comezar a nosa visita.

 

CATA foi a encargada de acompañarnos polas diferentes salas e actividades do Salón do Libro.

 

Primeiro asistimos a unha sesión de contacontos musicados a cargo de "MIGALLAS".

 

Encantáronnos tódolos contos que nos foron contando, e a "bichería" que había dentro deles.

 

Rematado o contacontos acompañamos a CATA ata a exposicion, e polo camiño fomos descubrindo moitos animais. Algúns deles ata estaban camiñando polo teito.

 

Como xa vos comentamos, este ano a exposición estaba ambientada no libro "As aventuras de Extravaganza Pérez", unha nena que ía buscando ós seus pais por diferentes lugares fantásticos.

O primeiro lugar ond nos atopamos foi en "Casa Pavo" a casa de Estravaganza Pérez e a súa familia.

 

Por suposto non perdimos a ocasión de facernos unha foto de grupo na casa de Estravaganza.

 

Como nos comentou CATA, había que ir percorrendo os diferenters lugares do libro "seguindo o mapa"... e no corredor puidemos ver unha versión xigantesca do mesmo.

 

A primeira parada foi en "OCÉANO MÁRMORE" que estaba cheo de bloques de xeo que parecían anacos de marmore, onde tamén había uns osos polares e unha balea xigantesca, que coa auga que botaba creaba un arco da vella como no libro. 

 

En NOCTURNIA, estivmos observando atentamente os lémures que nos miraban fixamente.

 

Tamén participamos nun "dominó xigante" no que había que completar os diferentes partes dos animais.

 

Entre todos e todas démolo completado axiña.

 

Visitamos tamén a exposición de traballos dos diferentes colexios participantes. Había unha chea deles, todos fantásticos.

 

Entre eles estaba a nosa árbore....

 

E na árbore, xusto onde o puxéramos, o noso libro "O veleno máxico" que xa estaba aberto... seguro que xa o lera moita xente.

 

Se queres ler o noso libro "O bveleno máxico" podes facelo facendo click na súa portada, de seguido.

 

Continuando coa nosa viaxe, seguindo a ruta de Extravaganza,  chegamos ata a fervenza do libro....

 

Onde xogamos con CATA a convertirnos en diferentes animais.

 

Cando Estravaganza perdeu os seus lentes non podía ver nada, o igual que ela entramos na seguinte sala "cos ollos pechados" e apalpando coas mans para descubrir os diferentes animais.

 

Ata que dentro atopamos "os lentes de Estravaganza".

 

Despois dun pequeno descanso para merendar...

 

Pasamos por "OCÉANO VERDURA" onde estaba todo cheo de vexetais como "os calacús" que saían na historia de Estravaganza.

 

E moitas máis como zenorias, verdura, porros...

 

E xa por último rematamos  a nosa viaxe voltando de novo á casa de Estravaganza... despedímonos dela porque aínda nos quedaba un momento que estabamos todos e todas agardando.

 

Encontrarnos un curso máis co LOBO ORBIL, que como ven sabedes é a palabra "LIBRO escrita do revés.

 

Encantounos voltar a reencontranos con el.

 

Xa rematáramos a nosa visita e, como chovía non puidemos ír ó parque, polo que tivemos que voltar para o colexio.

 

Menos mal que aínda tiñamos o noso mapa, como o de Estravaganza, para poder saber como voltar ó colexio.

 

Pero aquí non remata o noso traballo co "Salón do libro",  aínda nos queda o proceso de creación da película de animación coa técnica de stop-motion a partir do noso libro "O veleno máxico", que xa vos iremos dando conta en sucesivas entradas.  

 

 

Lembra que podes visitar o Salón do libro, de forma gratuita, e participar nas actividades que nel se organizan ó longo das vindeiras semanas. Atoparás toda a información que precises na seguinte web:

http://www.salondolibro.org

(2015-2016) Participamos nunha visita a Apípolis

O pasado martes 29, visitamos Apípolis, en Xeve.

             Resultado de imagen de apipolis

Como este curso o Salón do Libro xira en torno aos bichos, e en infantil investigamos sobre arañas e formigas, e en 1º e 2º sobre abellas, ben merecía unha visita a este lugar tan fantástico, no que o pasamos de maravilla e de paso, aprendimos algunhas cousiñas.

Así que para alí partimos, con algunha que outra baixa, pois algúns compañeiros non puideron vir, por culpa da varicela.

Unha vez chegamos a Apípolis,

e despois de presentarse os monitores, nos contaron unha historia moi divertida, sobre  unha abella e un rapaz chamado Moncho.

A partir de aquí, nos dividimos en tres grupos, un de cada cor, e co seu monitor, para participar nas distintas actividades:

EXPOSICIÓN

No pequeno "museo" que teñen en Apípolis, vimos moitas fotografías e carteis, sobre o mundo das abellas. Aquí Nicolás, nos está falando da abella raíña, o zángano e a abella obreira.

 

Tamén había panais, nos que debíamos atopar á abella raíña, que estaba marcada cun punto branco.

 

unha enorme colmena...

 

e ata as esculturas dun oso e a súa cría, ós que lles gusta moito o mel.

 

NOS VESTIMOS DE APICULTORES

Outra das actividades consistiu en poñerse o traxe de apicultor/a e estar moi moi pretiño das abellas, sen que nos picasen, xa que estabamos moi ben protexidos.

para elo, os monitores puxeron moito empeño e atención para que todo estivera perfecto e non houbese ningún peligro para nós.

e alá fomos....incluídos os profes, que non se querían perder esta experiencia.

Pouco a pouco foron saíndo as abellas das súas colmenas e panais e tivemos que seguir as instruccións que nos indicaran os monitores: estar moi quietiños, cos brazos baixados e non tocar a cara, que aínda que estaba protexida, non se podía pegar á tea transparente que a cubría.

Algún/ha que outro/a pasamos algo de medo cando se nos achegaban as abellas, aínda que sabíamos que non nos picarían...

E antes de pasar a outra actividade, por suposto, unha fotiño de grupo, para que quede de recordo.

 

SACAMOS MEL DUN PANAL E FACEMOS  UNHA CANDEA

Myriam nos explicou cómo fan os apicultores para extraer o mel dos panais.

As distintas celdas do panal están cubertas por cera, tapando o mel, e hai que separalos, para logo

meter o panal nun bidón, que despois de darlle moitas voltas a unha manivela

permite que saia o mel, que pasa antes por  un colador, por si houbese algún resto de cera.

e así, con axuda da monitora, envasamos o noso tarriño de mel para levar a casa como agasallo, xunto coa candea, que tamén fixemos a continuación.

sen olvidarnos de meter dentro o fío que será a mecha da candea.

 

OBRADOIRO DE COCIÑA- FACEMOS GALLETAS DE MEL

A última actividade consitiu en amasar e dar forma á masa elaborada polos compañeiros de primaria, que levaba, fariña, mantequilla, levadura, azucre e mel.

Alicia, a monitora nos cantou unha canción para recordar os ingredientes da receita e fixemos uns pasos moi divertidos para amasar ben as nosas galletas, catro trociños de masa para cada un de nós.

e...para o forno. En canto saíron, as repartiron entre todos nós para levar tamén como agasallo a casa.

 

O pasamos todos xenial e non paramos en toda a mañán...tiñamos moito que contar en casa!!

 

...e na escola tamén, xa que moitos compañeiros non puideran vir.....así que nos días seguintes á saida elaboramos un pequeno mural expositivo e informativo, con fotografías e pequenos textos explicando en qué consitira a visita a Apípolis.

E listo!... no corredoiro de infantil para quen lle poida interesar!

Recollemos e enviamos xoguetes para os nenos e nenas de Siria

Como xa sabedes, no mes de xaneiro, nas aulas de Infantil coñecimos cómo é a vida nos campos de refuxiados, dos nenos e nenas de Siria.

Como remate de este achegamento, xurdiu a idea de facer unha recollida de xoguetes, un por neno/a, para enviarllos a través dunha asociación que ten o seu punto de contacto en Madrid: AAPS- Asociación de Apoio ó pobo sirio. 

Pensamos que isto seguro que lle interesaría tamén aos nenos e nenas de primaria así que en dúas caixas escribimos un cartel para indicar que nelas se deberían colocar os xoguetes donados

 

e con moita ilusión marchamos ás distintas aulas a informar ós compañeiros

e explicarlles as condicións, a máis importante: tiña que ser un xoguete de cada un, non mercado, pois así tería máis significado e valor ó tratarse dunha aportación moi persoal de cada neno, e desprenderse dun xoguete sempre custa un pouco.

No recanto do mural do día da Paz deixamos as caixas para que cada neno/a depositara o seu xoguete cando quixera.

Outra condición era que cando empezasen as vacacións remataría a recollida.

 

As caixas se foron enchendo e nós, en cada aula de infantil tamén trouxemos o noso xoguete, explicando ós compañeiros porque decidimos regalar ese, quen nolo regalara a nós....

 

  

Tamén eliximos en cada aula tres ou catro xoguetes da clase que nos gustaría regalar. 

así chegou o día de colocar todo nunha enorme caixa que os profes levarían a un lugar onde transportan os paquetes a outras cidades.

 

Buscamos en internet a dirección da asociación, e a copiamos

 para que fora escrita tamén na caixa.

 

E por fin, o paquete pasou pola oficina de mensaxería, e despois de pesalo e medilo e terminar de embalalo ben, xa está de camiño a Madrid e de alí chegará ó campo de refuxiados para repartilo entre os nenos e nenas.

 

Moitas gracias a todos por colaborar!! 

 

(2015-2016) Celebrámo-los cumpreanos do mes de marzo

Antes de irnos de vacacións, pois remataba o segundo trimestre, chegou o momento de celebrar os aniversarios dos nosos compañeiras e compañeiras que cumprían anos no mes de marzo.

 

Nesta ocasión, os homenaxeados foron ALICIA, CECILIA, LARA F. e ROI, quenes elexiron e "cociñaron" unha tarta para os seus compañeiros e compañeiras, que eles mesmos escolleron, do noso libro de receitas.

Unha vez recordados os pasos a seguir, foron elaborando a riquísima tarta elixida.

 

O día da celebración, como con cada aniversario, sopramos as candeas segundo os anos que cumplíramos. 

ALICIA apagou 4 candeas....

 

... mentras que LARA, ROI e CECILIA tiveron que soprar 5.

 

Despois de cantarlles o "cumpreanos feliz" en diferentes idiomas, os homenaxeados foron repartindo a tarta entre os seus convidados.

 

Estaba tan deliciosa que algúns quixeron ata repetir.

 

Con patacas fritidas, gusanitos e zume rematamos esta gran festa dos aniversarios do mes de marzo.

 

 

Tan só nos queda agardar ata o seguinte mes, para celebrar unha nova festa de aniversario.

(2015-2016) Así creamos "O veleno máxico", a nosa aportación para o "Salón do libro"

Despois de ter investigado sobre as formigas e as arañas, nas aulas de infantil 1 e infantil 2, con todo o que agora sabíamos chegou o momento de crear o noso libro "para levarllo ó lobo ORBIL", e así poder participar nas actividades do Salón do Libro 2016.

O primeiro que fixemos foi lembrar e explicarlles ós novos compañeiros e compañeiras, quen era ORBIL e que traballo fixeramos en cursos anteriores, mirando os libros que creáramos naquel momento e as respectivas entradas na web do colexio.

 

Entre todos fomos escribindo diferentes historias nas que aparecían arañas, formigas e outros animais, para finalmene "xuntar todas as ideas" e acodar unha historia final entre as dúas aulas.

Xa coa historia decidida, que logo tamén sería o guión da nosa película de animación (pero diso xa falaremos noutra entrada),  debuxamos os fondos que empregaríamos tanto na animación como nas diferentes escenas do libro.

E por equipos fomos escribindo os textos das diferentes partes da historia.

 

Cos fondos elaborados fomos "modelando" con plastilina as personaxes da historia, as mesmas que logo empregaríamos na nosa película en "stop-motion", e que tamén aparecerían no libro da nosa historia.

Velaquí tódalas personaxes xuntas: as formigas, a añara, a toupa e o crocodilo.

Escritos os texto, tiñamos que pegar en cada unha das escenas debuxadas e escaneadas, as pegatinas das persoaxes que interviñan.

Cos fondos, persoaxes e textos listos montamos o noso libro con forma de "tea de araña".

 

Unha vez decicido o título "O VELENO MÁXICO", así nos quedou rematado.

 

 

Podes ler o noso libro completo facendo click na súa portada, de seguido.

 

 

O noso libro-tea de araña, estaría colocado xunto cos dos restantes compañeiros e compañeiras do centro, nunha árbore enorme. Por suposto, tamén participamos na confección do mesmo, pintado de marrón as ramas do mesmo.

Coa árbore xa montada, colaboramos tamén pegando "bichos" polas súas ponlas

 

 

 

e, por suposto, situando o noso libro-tea de araña.

 

Así de fantástico quedou o noso "libro dos bichos"... poderás velo na exposición do "Salón do libro 2016 de Pontevedra", no que haberá unha chea de bichos.

 

Á volta das vacacións participaremos nas actividades do Salón do libro e, unha ano máis visitaremos ó lobo ORBIL... seguro que lle encanta o noso libro.

 

Atoparás máis información sobre as actividades desta edición do salón na seguinte ligazón:

XVII Salón do Libro: "Canta bichería!"

 


 

 

(2015-2016) Celebramos os cumpreanos de febreiro

O pasado venres 27 celebramos os cumpreanos do mes de febreiro. Nesta ocasión só Daniela, da clase de Infantil 1, cumpría anos.

Ela elixiu elaborar as trufas de cacao, dándolles diferentes formas. Ademáis elixiu a algunhas compañeiras de axudantes, que o fixeron encantadas.

Despois de desfacer os sobados por compreto, o seguinte era engadir, azúcar, cacao e leite para formar unha masa compacta coa que se daría forma ás trufas.

  E xa coa masa ben mezclada, a darlle as formas, cos moldes para galletas.

e...para o frigorífico!!

 Ó día seguinte, despois de escoitar as felicitacións dos compañeir@s e soprar as 6 candeas

Daniela repartiu as trufas. Tamén tiña listas as feitas con ingredientes sen gluten.

 

E logo, coma sempre, as patacas fritidas, os gusaniños e o zume!

Qué rico estaba todo....xa veremos que con qué postre celebramos os próximos cumpres!!

(2015-2016) Escribimos cartas a colexios de todo o mundo

Para poder coñecer a novos compañeiros e compañeiras de diferentes culturas, e descubrir como é a súa vida e o seu colexio, desde Infantil (todos xuntos) decidimos escribir cartas a colexios de todo o mundo. 

O primeiro foi dialogar e comentar a que países iamos enviar as nosas cartas, e onde se atopaba cada un deles nun mapa do mundo.

 

Creamos o noso propio mapa do mundo para poder ir sinalando nel a que países enviaríamos as nosas cartas.

 

Xa co mapa rematado, puxémolo no corredor de infantil,  para todos os compañeiros e compañeiras do colexio puidesen estar ó tanto de como ía a nosa correspondencia.


 

Localizamos os diferentes países nos que se atopaban os colexios ós que enviaríamos cartas, escribindo tamén o nome dos mesmos e xunto coa súa bandeira.

 

Velaquí tes, no noso mapa interactivo, os colexios ós que enviamos as nosas cartas (tamén dispoñible directamente desde o recanto de infantil. 

 

Empregando este mapa interactivo fomos "voando" e recorrendo todo o mundo de forma virtual para descubrir, gracias a street-view, como son os colexios ós que imos enviarlles as nosas cartas. Ti tamén podes facelo, se queres, no mapa anterior (abríndoo en google maps)

 

Cos nosos destinatarios xa localizados, chegou o momento de acordar entre todos que lles iamos contar na nosa carta  así como que lle queríamos preguntar sobre o seu colexio. Fomos anotando as nosas ideas no ordenador. Repartíndonos o traballo entre os equipos cooperativos as dúas aulas, tan só quedaba poñerse mans á obra

 

Como unha das cousas que queríamos contarlles era como se chamaban os nosos profes, escribimos unha lista cos nomoes de todos eles...

 

.. que fomos tachándoos a medida que iamos tomando unha fotografía de cada un deles. 

 

Pouco a pouco cada equipo foi escribindo as diferentes partes da nosa carta, contando onde estaba o noso colexio,  qque clases tiñamos, como nos chamamos cada un de nos, o que facemos na clase... e moito máis.

 

Por fin tiñamos a nosa carta rematada escrita en galego, se queres podes lela descargándoa aquí.

Entenderían a nosa carta nos outros países do mundo? Para descubrilo estivemos vendo algúns vídeos de xente falando en Arxentina, Xapón, Polonia, Turquía e Reino Unido, os países ós que iamos enviarlles a carta.

No caso de Arxentina descubrimos que falaban castelán, polo que non había problema en traducila, xa que todos e todas sabemos tamén falar castelán. Velaquí tes a nosa carta en castelán.

Do resto dos países non entendíamos nada do que dicían os vídeos, pero despois de falar un anaco sobre o tema pensamos que seguramente neses coles tamén aprenderían inglés, como facemos nos no cole. Así que lle pedimos á profe Loli (a nosa profe de inglés) se podería axudarnos a traducir a nosa carta.

 

Despois duns días tróuxonos a carta traducida, podes descargala aquí, e xa podíamos poñelas no nos mural, no espazo reservado a onde vivíamos nos, incluíndo por suposto as nosas tres bandeiras.

 

Despois de enviarlles a carta ós diferentes colexios por e-mail, tan só nos queda agardar a que comecemos a recibir respostas e así poder ir pegándoas no noso panel do corredor, para que todos e todas poidan saber como son os colexios neses países.

 

Ós poucos días xa recibimos o primeiro correo desde o colexio do Reino Unido. Aínda non era a súa carta, pero si un correo en "inglés", no cal puidemos entender algunhas palabras como "Hello". 

Os profes léronnola traducíndoa e descubrimos que nos contaban que, moi pronto nos enviarían a súa resposta, porque agora estaban de vacacións no seu país.

 

A medida que vaiamos recibindo respostas do diferentes países iremos contándovolo neste recanto de infantil e, por suposto, tamén o podes mirar no corredor de infantil do noso colexio.

 

 

 

 

(2015-2016) Confeccionamos os disfraces nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido

O xoves 28 participamos nun obradoiro ó que asistiron algunhas das nosas familias para confeccionar os nosos disfraces de formigas arañas.

O proceso previo para planificar esta actividade nas aulas o podedes ver nas seguintes entradas infantil 1 e 2:

-Preparando a festa do Entroido (Infantil 1).

-Preparamo-la chegada do Entroido deseñando o disfraz de formiga e moito máis (Infantil 2).

Chegado o día, e con todo listo e preparado polos compoñentes de cada equipo (pois tiñamos dous turnos, ás 10:00 e ás 12:00)

xa  estabamos listos para comezar, en canto chegaran as familias.

Por unha banda, os compañeir@s de Infantil 2, elaboraron o seu disfraz de formiga

seguindo cada un dos pasos que marcaba na folla de instruccións.

Despois de cortar a bolsa para poder meter a cabeza e os brazos polos buratos,

tocou encher de papel de xornal, as bolsiñas de lixo negras, que levarían na parte traseira do disfraz.

Logo tocaba elaborar a careta que sería a cara da formiga, pegando as antenas e os ollos.

 

Outro dos pasos escritos nas instruccións, era probar o traxe para ver se era necesario cortar un pouco a bolsa e facer unha fotografía.

     

E por suposto, escribir o nome na careta e no traxe para non confundilos cos dos compañeir@s.

  

 

E listo!! só faltaba colgalo nunha percha xunto cos que estaban rematados.

 

Por outra banda, na clase do lado, se atopaban os compañeir@s de Infantil 1 confeccionando o seu disfraz de araña.

Despois de cortar a bolsa para meter brazos e cabeza, como tamén indicaban as instruccións,

 

había que recortar os dous reloxios de area vermellos, característicos da araña viuda negra.

e...a seguir lendo, a  ver  cal  sería  o  seguinte paso..

despois de encher os catro calcetíns con boliñas de papel de xornal que tivemos que enrugar, houbo que grapar as patas á bolsa negra e atarlles o fío de lá negra.

 

Rematada a careta cos 8 ollos, había que poñerlle  o  nome para non confundila con outras, e tamén ó disfraz.

E a probalo!! Para darlle os últimos retoques..

 

Desfilamos polo pobo cos nosos disfraces, pancartas e instrumentos!!

Unha semana despois dos obradoiros chegou o día do desfile e xa con todo listo, a parte máis emocionante...desfilar polo pobo!! Qué sorte que non chovía...

Que emoción!! aquí estamos preparándonos na aula para saír a desfilar..

Aquí estamos as formigas, coa nosa pancarta formigueiro onde estamos todas as formigas de Infantil 2!

 

E aquí estamos as arañas de Infantil 1..aínda que as arañas portadoras das pancartas tiñan moita presa e xa ian máis adiantadas...

xa saíndo do colexio fixemos a primeira paradiña e aproveitamos para cantar a nosa canción do entroido que tan ben tiñamos ensaiada e que acompañamos ó rematar co son dos nosos instrumentos.

Por suposto, fixemos unha parada diante da Galiña Azul de Campo Lameiro, onde nos esperaban felices os pequeniños que xa desfilaran unha hora antes..a eles tamén lles cantamos..Rindo

E despois do percorrido, o que máis nos apetecía era comer os postres do Entroido, que nos esperaban nas aulas de infantil..

imos a darnos presa..non vaia ser que xa non queden...

Uummmm, que rico estaba todo...!!

Despois botamos uns bailes, xogamos un ratiño, e xa tocou recoller todo para marchar a casa e comezar estas vacacións de Entroido..e qué ben as comezamos!!!!

O dito..que pasedes uns días estupendos..coa maxia do Entroido!!

(2015-2016) Coñecendo a vida dos nenos refuxiados de Siria polo Día da paz

Este curso para celebrar o Día da Paz descubrimos como é a vida dos nenos e nenas que viven nos campos de refuxiados en Líbano, fuxindo da guerra en Siria. Para elo visionamos uns vídeos onde varios nenos e nenas nos contaban as súas experiencias.

 

E tamén vimos este outro vídeo sobre a importancia da auga na vida das persoas, especialmente nas zonas en conflicto do mundo, como no caso de Siria.

 

Como falaban en outro idioma os profes foron léndonos ó que poñian os subtítulos que tiñan escritos debaixo. Estivemos comentando o que parecía todo o que contaban os nenos e nenas, e analizamos o que podíamos ver no vídeo sobre a como era agora a súa vida.

 

Para plasmar todo o que "descubrimos" da vida destes nenos, e das razóns de que agora vivan deste xeito, escribimos por equipos, debaixo das súas fotos, o que contaban nos vídeos.

 

Para logo pegalos no corredor, para que todos e todas puidesen coñecelos.

 

Outro equipo foi o encargado de localizar Siria, onde había a guerra, e Líbano, onde estaba o campo de refuxiados, nun mapa.

 

Que logo engadiron no noso mural sobre os "nenos e nenas refuxiadas de Siria".

 

E así quedou o noso mural rematado.

 

Debaixo das fotografías dos nenos fomos escribindo algunha palabra que nos lembrase o que nos contaran: FRÍO, ALEGRÍA, TRISTEZA, TRANQUILO... GUERRA.

 

Para participar na celebración do día da paz, desde a Biblioteca escolar, plantexósenos que escribísemos unha palabra sobre a PAZ para logo intercambiala por poemas que fixeran outros compañeiros e compañeiras.

 

Cando as rematamos os de INFANTIL 2 levámolas á Biblioteca, mentras que os de INFANTIL 1 decidiron levalas o mesmo día da celebración do Día da Paz, para facer o intercambio.

 

O venres 29, tal como tiñamos anotado nos calendarios da aula, tivo lugar a celebración do do Día da Paz na biblioteca do colexio, onde compañeiros e compañeiras de outros cursos foron contándonos histórias, léndonos poesías e onde cantamos algunhas cancións sobre a paz.

Pola nosa parte contámoslle todo o que descubríramos de como era a vida nos campos de refuxiados en Líbano, amosándolles algunhas fotografías e, por suposto, o mesmo vvídeo que miráramos na aula.

 

Rematamos a celebración intercambiando as nosas palabras de paz por poemas, que había no tendedeiro.

 

Levando para casa o poema que outros compañeiros e compañeiras escribiran sobre a paz.

        

De seguido podes descargar, como arquivos adxuntos, os diálogos resultantes de "xogar a pensar" con estes vídeos, nas dúas aulas de Educación infantil 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.