Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015-2016) Confeccionamos os disfraces nun obradoiro coas familias e participamos na festa do Entroido

O xoves 28 participamos nun obradoiro ó que asistiron algunhas das nosas familias para confeccionar os nosos disfraces de formigas arañas.

O proceso previo para planificar esta actividade nas aulas o podedes ver nas seguintes entradas infantil 1 e 2:

-Preparando a festa do Entroido (Infantil 1).

-Preparamo-la chegada do Entroido deseñando o disfraz de formiga e moito máis (Infantil 2).

Chegado o día, e con todo listo e preparado polos compoñentes de cada equipo (pois tiñamos dous turnos, ás 10:00 e ás 12:00)

xa  estabamos listos para comezar, en canto chegaran as familias.

Por unha banda, os compañeir@s de Infantil 2, elaboraron o seu disfraz de formiga

seguindo cada un dos pasos que marcaba na folla de instruccións.

Despois de cortar a bolsa para poder meter a cabeza e os brazos polos buratos,

tocou encher de papel de xornal, as bolsiñas de lixo negras, que levarían na parte traseira do disfraz.

Logo tocaba elaborar a careta que sería a cara da formiga, pegando as antenas e os ollos.

 

Outro dos pasos escritos nas instruccións, era probar o traxe para ver se era necesario cortar un pouco a bolsa e facer unha fotografía.

     

E por suposto, escribir o nome na careta e no traxe para non confundilos cos dos compañeir@s.

  

 

E listo!! só faltaba colgalo nunha percha xunto cos que estaban rematados.

 

Por outra banda, na clase do lado, se atopaban os compañeir@s de Infantil 1 confeccionando o seu disfraz de araña.

Despois de cortar a bolsa para meter brazos e cabeza, como tamén indicaban as instruccións,

 

había que recortar os dous reloxios de area vermellos, característicos da araña viuda negra.

e...a seguir lendo, a  ver  cal  sería  o  seguinte paso..

despois de encher os catro calcetíns con boliñas de papel de xornal que tivemos que enrugar, houbo que grapar as patas á bolsa negra e atarlles o fío de lá negra.

 

Rematada a careta cos 8 ollos, había que poñerlle  o  nome para non confundila con outras, e tamén ó disfraz.

E a probalo!! Para darlle os últimos retoques..

 

Desfilamos polo pobo cos nosos disfraces, pancartas e instrumentos!!

Unha semana despois dos obradoiros chegou o día do desfile e xa con todo listo, a parte máis emocionante...desfilar polo pobo!! Qué sorte que non chovía...

Que emoción!! aquí estamos preparándonos na aula para saír a desfilar..

Aquí estamos as formigas, coa nosa pancarta formigueiro onde estamos todas as formigas de Infantil 2!

 

E aquí estamos as arañas de Infantil 1..aínda que as arañas portadoras das pancartas tiñan moita presa e xa ian máis adiantadas...

xa saíndo do colexio fixemos a primeira paradiña e aproveitamos para cantar a nosa canción do entroido que tan ben tiñamos ensaiada e que acompañamos ó rematar co son dos nosos instrumentos.

Por suposto, fixemos unha parada diante da Galiña Azul de Campo Lameiro, onde nos esperaban felices os pequeniños que xa desfilaran unha hora antes..a eles tamén lles cantamos..Rindo

E despois do percorrido, o que máis nos apetecía era comer os postres do Entroido, que nos esperaban nas aulas de infantil..

imos a darnos presa..non vaia ser que xa non queden...

Uummmm, que rico estaba todo...!!

Despois botamos uns bailes, xogamos un ratiño, e xa tocou recoller todo para marchar a casa e comezar estas vacacións de Entroido..e qué ben as comezamos!!!!

O dito..que pasedes uns días estupendos..coa maxia do Entroido!!