Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2015-2016) Preparámo-la chegada do Entroido deseñando o disfraz de formiga e moito máis.

Tal como vos contamos en entradas anteriores, estamos a investigar na nosa aula sobre as formigas,  por tal motivo acordamos que no entroido iríamos disfrazados de ditos insectos, agora que xa sabíamos moitas cousas deles.

 

DESEÑANDO O DISFRAZ E REDACTANDO AS INSTRUCCIÓNS:

Este curso, para elaborar os nosos disfraces, contaríamos coa axuda das nosas familias (aquelas que pudieran vir), participando nun obradoiro de disfraces do entroido.

O primeiro foi determinar que materiais aiamos precisar, e a cantidade dos mesmos para crear cada un dos difraces de formigas.

 

Xa co material sobre a mesa, é a vez que creábamos un primeiro modelo do noso disfraz, fomos redactando unhas instruccións que logo puidesen seguir as nosas familias no obradoiro.

 

Fomos dictándoas, entre todos e todas, mentras o profe as ía escribindo na "pantalla", en varias ocasións tivemos que voltar a redactar algunha paso de novo, porque tal como estaba escrito podía dar lugar a "confusións", como que cortasen o a bolsa pola metade, pegasen o cu na parte superior....

 

Noutros casos, decidimos que as nosas instruccións contarían cunha fotografía, "como modelo", para que así puidesen ver exactamente como colocar determinadas partes do disfraz.

 

E así quedaron as nosas instruccións redactadas, podes velas facendo click aquí

 

Xa coas instruccións creadas tan só quedaba probar o primeiro modelo de disfraza e comprobrar que era "parecido" ás formigas de verdade e que tiña "moitos ollos" como as formigas, tal como tiñamos anotado no noso mural da investigación

 

Elaboramos tamén un panel de instruccións onde indicamos, paso a paso, como se tiña que crear o noso disfraz de formiga.

 

Entre todos e todas fomos completando o enorme panel de instruccións, había que seguir 8 pasos, e así os fomos enurmerando.

 

Por suposto tamén engadimos as fotografías nos pasos que acodáramos que tivesen imaxes. 

Xa tiñamos unha parte da planificación do obradorio lista, pero aínda quedaban aspectos por organizar. 

 

ORGANIZANDO E PLANIFICANDO O OBRADOIRO COAS FAMILIAS:

Ademais de anotar no noso calendario online e en papel, as datas en que tería lugar o desfile do entroido e o obradoiro de difraces coas familias; para convidar ás familias a participar no noso obradoiro de disfraces enviamos un nota que tiñan que devolver cuberta, indicando en cal dos dous turnos preferían participar.

 

Fomos anotando as preferencias de cada quen nunha lista, para ir ogranizando os dous grupos

 

O día do obradoiro, ademais de facer tantas copias das instruccións como equipos de traballo habería, fomos distribuindo o material que precisaría cada un dos equipos para traballar. Tan só quedaba agardar a que fosen chegando, tanto na nosa aula como na dos nosos copañeiros e compañeiras de infantil 1, que farían o seu disfraz de araña.

 

Lembra que poderás ver como foi o obradoiro coas familias nunha próxima entrada que publicaremos, xunto ca celebración da festa do Entroido, neste mesmo blog.

 

UNHA PANCARTA? UN FORMIGUEIRO? CREAMOS UNHA PANCARTA-FORMIGUEIRO:

Xa cos difraces rematados, chegou o momento de planificar a nosa participación no desfile do entroido que, tal como tiñamos marcado no noso calendario, estaba a moi poucos días de ter lugar.

Acordamos que deberíamos levar un cartel para "que todos soubesen" quenes éramos, así que decidimos facer como nas imaxes que miramos na pantalla... eses enormes carteis chamábanse "pancartas".

 

No noso caso crearíamos unah pancarta formigueiro, na que cada un de nos sería una "formiga". Como título acordamos que escribríamos "O FORMIGUEIRO DE INFANTIL 2".

 

Entre todos e todas fomos elaborando a nosa pancarta formigueiro.

 

Empregamos na súa creación diferentes materiais e técnicas.

 

Organizamos en dous turnos fomos recortando as formigas  pegándolles as nosas caras... e ata puxemos a do profe como "formiga raiña"... que era a máis "cómoda de todas e non facía nada máis que poñer os ovos" ;)

 

 

Escribindo o título da pancarta demos por rematado o traballo... xa estabamos listos para participar no desfile.

 

FACENDO UNHAS MARACAS PARA TOCAR MENTRAS CANTEMOS A CANCIÓN NO DESFILE

Durante a nosa participación no desfile, iríamos cantando unha canción e tocando unhas maracas que fixemos con botes valeiros de iogurt, que fomos xuntando ó longo de diferentes días de meredas.

 

Enchímolos cun pouco de arroz para que fixera ruido ó movelos.

 

E pegámoslles a nosa "comida favorita" xa que canción que cantaríamos falaba dela.

 

Velaquí tes a canción que cantaríamos mentras desfilábamos.

 

OLA DONA ARAÑA, OLA DONA FORMIGA

(música "Hola Don Pepito, Hola Don José) 

 

CANDO SAÍA DO FORMIGUEIRO

UNHA FORMIGA MOI DESPISTADA

NON VIU Á ARAÑA, TRABALLADORA

E NA SÚA TEA, QUEDOU PEGADA

 

COAS SÚAS ANTENAS BERRABA MOITO

AS SEIS PATIÑAS PATALEXABAN

MENTRAS A ARAÑA, CON MOITO ESFORZO

COAS OITO PATAS, A DESPEGABA

 

OLA DONA ARAÑA, 

OLA DONA FORMIGA

SE VAS Ó FOMIGUEIRO

NON TE ESQUEZAS DA COMIDA

TEN COIDADO COA TEA

NON TE QUEDES ATRAPADA

ADEUS DONA FORMIGA

ADEUS DONA ARAÑA

 

Lembra que nunha próxima entrada poderás ver como foi a nosa participación no desfile.

 

CAROUTAS PARA TODOS E TODAS: 

Creamos tamén as nosas propias caroutas de animais....

 

Coas que sorprendemos ós nosos compañeiros e familias.

 

 

O "XOVES PODEMOS VIR  DISFRAZADOS COMO QUEIRAMOS"

O día antes do desfile todos e todas puidemos vir disfrazaos ó cole como quixéramos.

 

Encantounos estar todo o día disfrazados e xogar con eles vestidos.

 

Así estivemos todos e todas difrazados, ata os profes que viñeron disfazados de animais como porcos e vacas.

 

 

COÑECENDO O PERCORRIDO E LISTOS PARA PARTICIPAR NO DESFILE:

O día do desfile do Entroido, fomos percorrendo na pantalla os lugares por onde íamos ir pasando, gracias a "street-view", puidemos descubrin se tiñamos que xirar á dereita ou á esquerda, que pasaríamos polo noso antigo cole "A galiña azul", e por outros lugares que xa coñecíamos.

 

Se queres botarlle unha ollada ó percorrido, e ós lugares polos que fomos no desfile podes facelo de seguido.

 

Xa estabamos listos para participar no desfile, coa nosa pancarta, disfraces e instrumentos...

 

Xa vos contaremos como nos foi, pero ata entón, se queres ver o guapos e guapas que estabamos, podes facelo facenco click na seguinte imaxe: 

 

Nunha próxima entrada poderedes ver como nos foi no desfile do Entroido, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, así como na festa posterior.

 

Nesa mesma entrada tamén vos contaremos, polo miúdo, como foi a participación das familias no obradoiro de creación de disfraces... 

Non te perdas a próxima entrada.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.