Gallego

Proxecto "Una cebra en el agua"

Summary: 

"Una Cebra en el Auga" é un proxecto educativo de divulgación do método científico e das novas tecnoloxías biolóxicas para a experimentación co peixe cebra, modelo que supón un achegamento ao mundo da investigación co propósito de incentivar vocacións científicas entre estudantes de 4º da ESO de Galicia.
Gallego

Este proxecto vai dirixido a alumnos de 4º de ESO e aos profesores responsables de Bioloxía e Xeoloxía e Inglés. O seu obxectivo é a xeración de vocacións científicas e o acercamento da ciencia en idades temperás.

Desenvolverase mediante un acuario na aula e unha ferramenta pedagóxica que pon a disposición do profesor e do alumno recursos educativos para o seu emprego na aula como información detallada, casuística, cuestionarios de autoavaliación, xogos, acceso a webs de interese, etc, apoiadas nun taller de formación ao profesorado impartido por profesores investigadores do Departamento de Xenética do grupo ACUIGEN (USC)

O prazo de inscrición remata o 7 de marzo de 2015

Para máis información visitar a web: http://www.unacebraenelagua.es/

Formulario de inscrición: http://unacebraenelagua.es/formulario_adhesion.php

proxecto una cebra en el agua

Día de Internet Seguro 2015

Summary: 

Mañá, 10 de febreiro celébrase o 12º aniversario do "Día de Internet Seguro" (Safer Internet Day), promovido desde 2004 por Insafe, Rede Europea por un Internet Seguro, da Comisión para a concienciación sobre un bo e seguro uso da rede. A celebración deste ano leva por lema "Imos crear un mellor internet xuntos". Trátase dunha conmemoración que terá lugar nun grande número de países, co obxecto de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores, mozos e mozas.
Gallego

Os organizadores proporcionan ideas e inspiración para apoiar o Día de Internet Seguro: organizar charlas e obradoiros sobre a seguridade na rede, programar debates co alumnado, seguir a campaña nas redes sociais e ver os vídeos publicados na súa canle, etc.

Os seguintes enlaces poden ser de utilidade para este evento:

· http://www.saferinternetday.org/web/guest

· http://www.protegeles.com/

No repositorio de contidos do espazoAbalar hai dispoñibles varios recursos que poden empregarse para traballar a seguridade na rede:

·  Novas formas de comunicación e seguridade na rede: secuencia didáctica creada por Red.es no marco do programa Internet na aula recomendada para 6º curso de Educación Primaria.

· Jesús Arribí creou tres obxectos dixitais para explicar o funcionamento de Internet en 1º de ESO nos que, entre outros temas, toca o tratamento da privacidade e seguridade na rede: Funcionamento e servizos de Internet, Web social e Busca de información en Internet.

· Internet: Obxecto de aprendizaxe para traballar o tema de Internet e os sistemas de comunicación en 2º de ESO creado por Mª Teresa Mancebo.

· Nas unidades didácticas para 1º curso de Bacharelato a distancia elaboradas polo IES San Clemente hai dúas nas que se traballa a seguridade en Internet: A sociedade da información e as súa oportunidades e riscos e Propiedade intelectual e seguridade no uso das TIC.

Tamén están dispoñibles as guías de navegación para familias, alumnado e profesorado do programa Navega con rumbo, cuxa 5ª edición está desenvolvéndose durante este trimestre con 240 sesións informativas programadas nos centros de ensino galegos.

Safer Internet Day 2015
Safer Internet Day 2015

G1401067 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

Summary: 

"Ensinar a convivivir" dende o diálogo, o respecto mutuo, o razoamento, o convencemento, o compromiso, a disciplina democrática, a participación... Esta formación a distancia pretende dar a coñecer aos docentes pautas de actuación para a mellora da convivencia e a resolución de conflitos nos centros escolares.
Gallego

A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

Referencia: G1401067

Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  23/02/2015  -  06/05/2015 
Lugar: En rede             Enlace a platega: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=47
Prazas:  100

Horas totais: 40 h.

Destinatarios:Todas as ensinanzas

590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 – Mestres

Obxectivos:

- Valorar a convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.

- Identificar as diferentes causas que orixinan a violencia escolar e analizar os factores básicos para a prevención de conflitos e problemas de convivencia nos centros educativos.

- Coñecer e aplicar técnicas de modificación de conduta e de resolución de conflitos no contorno escolar.

 

Convivencia positiva en centros educativos

G1401061 Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero

Summary: 

Curso a distancia para formar aos orientadores e orientadoras na contrución da identidade libre de estereotipos de xénero no medio académico e o deseño de propostas de orientación académica e profesional non sexista, coeducativa e inclusiva.
Gallego

Orientación, titoría e construción da identidade libre de estereotipos de xénero

Referencia: G1401061
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  09/02/2015  -  27/04/2015 
Lugar: En rede
Prazas:  54 

Horas totais: 30 h.

Destinatarios:preferentemente, os xefes e xefas dos departamentos de orientación

Obxectivos:

- Reflexionar sobre a influencia dos estereotipos e roles de xénero na construción da identidade.

- Fomentar a centralidade no emprego das rapazas e a corresponsabilidade dos rapaces.

- Promover a diversificación formativa e profesional e a toma de decisións libre de estereotipos de xénero.

contrucion_identidade_xénero

G1401039 Integración das TIC nos departamentos de orientación

Summary: 

Formación a distancia destinada aos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación. Achegamento práctico ás aportacións das TIC na orientación educativa.
Gallego

Integración das TIC nos departamentos de orientación

Referencia: G1401039

Centro de formación e recursos: CAFI  

Temporalización:  20/02/2015  -  25/04/2015 
Lugar: En rede
Prazas:  50  //  Horas totais: 30 h

Destinatarios: Xefes e xefas dos departamentos de orientación

Obxectivos:

- Empregar novas ferramentas para mellorar a información facilitada polo departamento

- Axilizar a comunicación do departamento coa comunidade educativa do centro

- Potenciar o desenvolvemento das actividades do plan de orientación, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

TIC na orientación

V1401021 Ferramentas Tic no deseño de tarefas nas linguas estranxeiras

Summary: 

Dende o 11 de febreiro ata o 11 de marzo, terá lugar no CFR de Vigo o curso: V1401021 Ferramentas Tic no deseño de tarefas nas linguas estranxeiras.
Gallego

Dende o 11 de febreiro ata o 11 de marzo, terá lugar no CFR de Vigo o curso: V1401021 Ferramentas Tic no deseño de tarefas nas linguas estranxeiras.

estranxeiras

Linguas estranxeiras
Linguas estranxeiras

V1401029 Integrando o uso de ferramentas colaborativas na aula

Summary: 

Dende o día 9 de febreiro, ata o 4 de marzo, terá lugar o curso V1401029-Integrando o uso de ferramentas colaborativas na aula, na biblioteca do CFR de Vigo.
Gallego

Dende o día 9 de febreiro, ata o 4 de marzo, terá lugar o curso V1401029-Integrando o uso de ferramentas colaborativas na aula, na biblioteca do CFR de Vigo.

Data de comezo: 9 de febreiro

Data de finalización: 4 de marzo

Lugar de celebración: Biblioteca do CFR de Vigo

FPROFE: www.edu.xunta.gal/fprofe

Aula virtual: http://www.edu.xunta.es/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=429


Ferramentas Colaborativas

 

 

 

 

Ferramentas Colaborativas
Ferramentas colaborativas

Desexámosvos moi felices festas

Summary: 

Desde as Estruturas de Formación Permanente do Profesorado
Gallego
navidad