G1401039 Integración das TIC nos departamentos de orientación
Formación a distancia destinada aos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación. Achegamento práctico ás aportacións das TIC na orientación educativa.
Ven, 06/02/2015 - 11:45
Integración das TIC nos departamentos de orientación
Referencia: G1401039
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 20/02/2015 - 25/04/2015
Lugar: En rede
Prazas: 50 // Horas totais: 30 h
Destinatarios: Xefes e xefas dos departamentos de orientación
Obxectivos:
- Empregar novas ferramentas para mellorar a información facilitada polo departamento
- Axilizar a comunicación do departamento coa comunidade educativa do centro
- Potenciar o desenvolvemento das actividades do plan de orientación, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.