Gallego

Curso en rede: Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática

Summary: 

Do martes 23 de setembro ao martes 14 de outubro realizarase o curso na aula virtual de Platega dirixida ao profesorado de FP que no curso actual vai a impartir docencia nalgún módulo dun ciclo LOE.
Gallego

Referencia: G1401015
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  23/09/2014  -  14/10/2014
Data límite de inscrición: 15/09/2014
Lugar: En rede
Prazas:  50

Criterio de selección: Figurar en XADE como que no curso actual se vai a impartir docencia nalgún módulo dun ciclo LOE da FP.

Obxectivos:

1.Coñecer o proceso de desenvolvemento curricular. Título, currículo e programación.

2.Coñecer a aplicación informatica para a elaboración de programaións LOE

3.Elaborar a programación de unha unidade didáctica de un módulo LOE

Contidos:

1.Títulos e currículos de FP LOE

2.Procedemendo de elaboración de programacións LOE.

3.Aplicación informática para a elaboración de programacións en Formación Profesional.

Titores:

Nicolás Espasandín Gerpe

Xosé Romarís Lens

Asesor responsable da actividade:

Xosé Antón Vicente Rodríguez

 

 

G1401015 - Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática
Curso en rede: G1401015 Elaboración de programacións FP LOE con aplicación informática

PCD Generator

PDC 3.0 é un programa que proporciona un sistema áxil, rápido e sinxelo para a planificación e o desenvolvemento de Programacións Didácticas e Unidades Didácticas baseadas en Competencias Clave. Dispón de distintos sistemas de avaliación e permite xerar en calquera momento un informe de cada alumno recollendo aqueles aspectos nos que é competente e aqueles nos que non. Tamén inclúe a posibilidade de crear adaptacións curriculares e PTIs (Plans de Traballo Individualizado).

 

 

Gallego
PCD generator

Formación Profesional básica

Summary: 

Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos
Gallego

Xúntase o Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos

FP basica

P1402008/V1402010: Xornadas Ensinar linguas no entorno europeo

Summary: 

Os días 3 e 4 de outubro vanse celebrar as I Xornadas Ensinar linguas no entorno europeo, no IES República Oriental de Uruguai para profesorado dos centros de formación de Pontevedra e Vigo.
Gallego

Os días 3 e 4 de outubro vanse celebrar as I Xornadas Ensinar linguas no entorno europeo, no IES República Oriental de Uruguai para profesorado dos centros de formación de Pontevedra e Vigo.

 

Acceso ao programa da actividade

Xornadas Ensinar linguas no entorno europeo
Xornadas Ensinar linguas no entorno europeo

Curso ITEC Abalar 2º ciclo

Summary: 

G1401078 (CAFI), O1401024 (CFR Ourense) e P1401035 (CFR Pontevedra) Últimos días para inscribirse no curso mixto do ITEC
Gallego

Resumo do proxecto
iTEC describe unha serie de escenarios de aprendizaxe, compostos por actividades secuenciadas coas que se resolverá un problema real buscando a motivación do alumnado e o aproveitamento dos recursos dispoñibles.
Estes escenarios non dependen do nivel, materia e contidos a traballar, sendo o profesorado o responsable de ordenar as actividades e elixir levalas a cabo baseándose na realidade da súa aula e o acceso á tecnoloxía de que dispoñan. Exemplos de escenarios de aprendizaxe son “narrar unha historia”, “crear un xogo”, “deseñar unha simulación de física” ou “crear un obxecto”.
Os escenarios de aprendizaxe deseñados no proxecto iTEC están empregándose en aulas piloto de 19 países coa fin de estudar a súa aplicabilidade. En Galicia a pilotaxe está dirixida pola Universidade de Vigo, única institución española participante no proxecto.

Adaptación do proxecto iTEC ao proxecto Abalar
Ao longo do ano 2014 están realizándose accións de pilotaxe do proxecto iTEC en aulas galegas. Nunha primeira fase, realizada entre xaneiro e maio participaron 6 docentes cuxo traballo pode verse en http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/proxecto-itec.
Ao longo deste trimestre vai desenvolverse a segunda fase, que comeza no mes de setembro coa realización de tres cursos no CAFI e os CFR de Ourense e Pontevedra e continuará os próximos meses coa selección de 9 docentes participantes nestes cursos aos que se apoiará na implantación na aula do escenario perfilado durante o curso.
A inscrición nestes cursos remata o día 16 de setembro e pode realizarse mediante a plataforma Fprofe. Os códigos dos cursos son G1401078, O1401024 e P1401035.

Requisitos para participar na pilotaxe do proxecto
A finalidade da pilotaxe é adaptar as propostas de iTEC ás necesidades específicas de cada aula tendo en conta o equipamento e recursos dispoñibles nas aulas Abalar. Polo tanto pode participar todo o profesorado que imparta docencia en aulas Abalar, independentemente da etapa, que estea aberto á participación en novas iniciativas metodolóxicas.
A que alumnado está dirixido?
Aínda que os escenarios de aprendizaxe proporcionados polo iTEC son adaptables a calquera curso de todas as etapas educativas, o obxecto do traballo é a súa adaptación ás aulas Abalar, polo que está destinado ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO.
Que ten que facer o profesorado participante?
Debe levar á aula un dos dous escenarios de aprendizaxe que se van ensaiar durante o primeiro trimestre do curso 2014-2015. Queda á súa elección a materia e unidade didáctica na que o encadre así como o curso, sempre que sexa un dos niveis Abalar.
Ao longo do proceso o profesorado contará co apoio telefónico e online proporcionado por persoal da Universidade de Vigo.


Ligazóns de interese:
Web do proxecto: http://itec.eun.org/web/guest/home
Escenarios, deseños e prototipos iTEC: http://itec.aalto.fi/es/
Escenarios realizados na primeira fase do proxecto en Galicia: http://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/proxecto-itec

itec

Currículo da educación primaria

Summary: 

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG Núm. 171)
Gallego

Este decreto ten por obxecto establecer o currículo da educación primaria no sistema educativo galego, dentro do marco de distribución de competencias da Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, e en atención á nova configuración curricular que establece o agrupamento de disciplinas en tres bloques: troncais, específicas e de libre configuración autonómica

 

DECRETO CURRÍCULO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

CURRICULUM

G1401037 A posta en práctica na acción titorial

Summary: 

Curso online_ Departamento de Organización Escolar e Diversidade. Ata o 19 de setembro o profesorado titor poderá inscribirse no curso en rede “A posta en práctica da acción titorial” .
Gallego

 

Modalidade: Curso en rede.  Referencia: G1401037
Centro de formación e recursos: CAFI.
Temporalización: 01/10/2014  -  12/12/2014
Data límite de inscrición:19/09/2014       https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Prazas: 50.

Horas totais: 60 h non presenciais.   http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2887

Destinatarios: profesorado titor.

Obxectivos:

  • Potenciar o valor da acción titorial a nivel educativo por parte de todo o profesorado que favoreza o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

  • Facilitar unha formación específica a nivel titorial proporcionando os recursos precisos que permitan o traballo en rede entre o profesorado e entre profesorado e o alumnado.

  • Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e facilitar o axuste á realidade.

Contidos:

  • A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.

  • Os fundamentos da acción titorial.

  • A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.

Módulos de contido:

  • Módulo 1: Acción titorial

  • Módulo 2: Ensinar a convivir

  • Módulo 3: Ensinar a pensar

  • Módulo 4: Educación emocional

  • Módulo 5: Educación en valores

  • Módulo 6: Educación para a saúde

  • Módulo 7: Ensinar a decidirse

  • Módulo 8: Orientación familiar

Data: 

08/09/2014 - 05/12/2014

G1401037 A posta en práctica na acción titorial

Summary: 

Curso online_ Departamento de Organización Escolar e Diversidade. Ata o 19 de setembro o profesorado titor poderá inscribirse no curso en rede “A posta en práctica da acción titorial”
Gallego

Título: A posta en práctica da acción titorial.

Modalidade: Curso en rede.

Referencia: G1401037
Centro de formación e recursos: CAFI.
Temporalización: 1º trimestre .
Data límite de inscrición:19/09/2014
Prazas: 50.

Horas totais: 60 h non presenciais.

Destinatarios: profesorado titor.

Obxectivos:

  • Potenciar o valor da acción titorial a nivel educativo por parte de todo o profesorado que favoreza o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

  • Facilitar unha formación específica a nivel titorial proporcionando os recursos precisos que permitan o traballo en rede entre o profesorado e entre profesorado e o alumnado.

  • Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e facilitar o axuste á realidade.

Contidos:

  • A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.

  • Os fundamentos da acción titorial.

  • A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.

Módulos de contido:

  • Módulo 1: Acción titorial

  • Módulo 2: Ensinar a convivir

  • Módulo 3: Ensinar a pensar

  • Módulo 4: Educación emocional

  • Módulo 5: Educación en valores

  • Módulo 6: Educación para a saúde

  • Módulo 7: Ensinar a decidirse

  • Módulo 8: Orientación familiar

Acción tutorial

G1402007 III Xornadas de atención á diversidade

Summary: 

No mes de novembro vanse celebrar as III Xornadas de atención á diversidade, con modelos organizativos e metodoloxias para o aprendizaxe nunha escola inclusiva. Obxectivos: Divulgar a atención á diversidade do alumnado na comunidade autónoma. Promover a participación de toda a comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.
Gallego

G1402007_III Xornadas de atención á diversidade

Referencia: G1402007
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre_ Novembro
Data límite de inscrición: 20/09/2014
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 200

Horas: 8 horas presenciais                                                                        

Destinatarios:

  • Educación infantil

  • Educación primaria

  • Educación secundaria obrigatoria

  • Bacharelato

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 - Mestres

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual do profesorado.

Obxectivos:

  • Divulgar a atención á diversidade do alumnado na comunidade autónoma.

  • Promover a participación de toda a comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.

Aula virtual:  http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=3513

Data: 

08/09/2014 - 17/11/2014

G1402007 III Xornadas de atención á diversidade

Summary: 

No mes de novembro vanse celebrar as III Xornadas de atención á diversidade; un espazo no que se abordarán modelos organizativos e metodoloxías para o aprendizaxe nunha escola inclusiva. O prazo de inscrición remata o 19 de setembro.
Gallego

G1402007 III Xornadas de atención á diversidade

 

Referencia: G1402007
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre_ novembro
Data límite de inscrición: 19/09/2014   https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 200

Horas: 8 horas presenciais.

Destinatarios:

  • Educación infantil

  • Educación primaria

  • Educación secundaria obrigatoria

  • Bacharelato

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 - Mestres

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual do profesorado.

Obxectivos:

  • Divulgar a atención á diversidade do alumnado na comunidade autónoma.

  • Promover a participación de toda a comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.

III Xornadas Atención á diversidade