Novas

Noticieiro do centro

Proxecto Terra

O vindeiro 3 e 4 de marzo os/as alumnos/as de 4º ESO irán a Melgaço en Portugal para realizar distintas actividades do Proxecto Terra.

Teatro "Llamada perdida"

O vindeiro martes 27 de xaneiro os/as alumnos/as de 3º e 4º ESO asistirán a unha obra de Teatro "Llamada perdida" no Colexio La Salle de Santiago (cambio de ubicación). Sairán ás 10 :30 horas e voltarán ás 14:25 horas

Concerto didáctico

O vindeiro mércores 21 de xaneiro os alumnos/as de 4º ESO e 1º, 2º Bacharelato asistirán a un concerto didáctico da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA dirixida por Maximino Zumalave Haydn, Sinfonía nº 82 en Do maior “O oso” no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Sairán ás 09: 35 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ó centro.

P1212872.JPG

Conferencia "Nenos Saharauis"

Mañá martes 13 de xaneiro terá lugar na aula de usos Múltiples do centro unha conferencia impartida por Ahmedu Mojtar Abdalahe, Delegado Saharaui para a Comunidad Autónoma de Galicia, sobre os nenos Saharauis para os/as alumnos/as de 3º  (10:45 horas)e 4º ESO (11:35 horas). Entregaráselle o diñeiro recaudado nas representacións da obra de teatro Dormes?.

Semana Branca

Dende o domingo 11 de xaneiro ata o  venres 16 algúns dos alumnos/as do centro están en Candanchú disfruntando do esquí.

Lecturas para o Nadal

Dende a biblioteca do IES Manuel García Barros recordámosvos que o Nadal é tempo de vacacións pero tamén de libros. É unha boa ocasión para pedir e regalar libros. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións.

faro_biblio.png

"Primeiro por primeira vez"

A USC fixo chegar a tódolos centros de ensino secundario de Galicia este documento en *.pdf con toda a información que necesita un alumno que vaia cursar por primeira vez estudos nesta universidade.

logo USC oscuro.gif

Teatro Francés

O vindeiro martes 16 de decembro os alumnos/as de Francés acudirán a representación dunha obra de Teatro no Colexio A Salle en Santiago. Sairán ás 10:30 e voltarán ás 13:35 horas.

Visita aos muiños de Ribadumia

O vindeiro xoves 11 de decembro o alumnado de 1º ESO A e C farán unha visita guiada polos muiños de Ribadumia como actividade da asignatura Proxecto Interdisciplinar. Sairán do centro ás 9:30 horas e voltarán ás 14:25

Meteogalicia

O vindeiro martes 9 de decembro os alumnos de 2º Bacharelato B, C e D visitarán Meteogalicia en Santiago. Sairán ás 9:00 e voltarán ás 13:35 horas ao centro

"Eu tamén son climántica", un novo blogue no planeta MGB

Temos un novo blogue no planeta MGB. Dende o departamento de Ciencias Naturais, os profesores Miguel Gil e María José Parcero están a traballar cos seus alumnos de 1º de Bacharelato nun proxecto baseado nas Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Visitádeo no seguinte enderezo:

Hoxe Dormes? no Teatro Principal da Estrada

Por fin chegou día. Hoxe venres, ás 21:30 horas, no teatro Principal da Estrada, poderemos ver a segunda representación de Dormes?, unha creación do taller de Expresión Artística do MGB dirixido polo profesor Miguel Carbajal.

Despois do éxito acadado na representación de xuño, esperamos volver emocionarnos esta noite con este fantástico espectáculo de danza, música e vídeo.

Chegade puntuais porque esperamos ter un cheo absoluto!

Le a crónica da rolda de prensa de onte na Voz de Galicia.

Dormes_melisa_web.jpg

Conferencia de Gonzalo Moure

O vindeiro venres 21 de novembro na Aula de Usos Múltiples haberá unha conferencia de Don  Gonzalo Moure destinada aos alumnos/as de 3º ESO. Comezará ás 9:00 horas

Visita a Citroën e o Museo Verbum

O vindeiro martes 25 de novembro os alumnos/as de Tecnoloxía de 4º ESO visitarán en Vigo, Citroën e o Museo Verbum-Casa das Palabras. Sairán ás 8:20  do centro e voltarán ás 14:25 horas.

Reunión informativa da excursión á neve

Infórmase a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato interesado en participar na excursión á neve que debe asistir á reunión que terá lugar o xoves 20 de novembro no segundo recreo no salón de actos do centro.
Distribuir contido