Tecnoloxía

Alumnos de 2º da ESO gañan o 1º Premio na fase autonómica de Consumópolis

O equipo “Los Batmans”, formado por Uxía Prado, Adrián Rey, Carlota Pereiras, Miguel Valiño e Ángel Sanmartín, de 2º de ESO, acadou o 1º Premio, na categoria do primeiro ciclo de ESO, fase autonómica de Consumópolis, concurso sobre consumo responsable e calidade de vida, co traballo: “Conserva el ticket, conserva tus derechos”.
Ademais, como clasificados no primeiro posto da súa categoría, representarán a Galicia na fase estatal do concurso.

Parabéns!!

cartel_consumopolis.jpg

OSA, Obradoiro de Sostibilidade Ambiental do MGB

osa@iesgarciabarros.org. Este será o enderezo electrónico de OSA, Obradoiro de Sostibilidade Ambiental do MGB, dende o que se pretende impulsar iniciativas para facer o MGB un centro máis sostible. Todas as accións estarán vinculas a Axenda 21 Escolar de Galicia, rede de centros coordinada pola Consellería de Medio Ambiente á que pertence o noso instituto dende hai uns meses.

logo_osa.jpg

Compromiso co medio ambiente

La Voz de Galicia informa sobre a integración do noso centro na rede de centros comprometidos co medio ambiente.

Fotos da viaxe a Madrid (Bach. Tecnolóxico)

Na galería de imaxes do centro xa podedes atopar un álbume coas fotos da visita de estudos que realizou o alumnado do Bacharelato Tecnolóxico a Madrid os días 24, 25 e 26 de novembro, organizada polo Departamento de Tecnoloxía. Podedes visitala tamén facendo clic aquí (recoméndase facer clic en "Mostrar información" para facer un visionado explicado das imaxes).

radiotelescopio.jpg

Rota tecnolóxica-Madrid

Dende o  próximo mércores, día 24, ata o venres 26 os alumn@s de 1º e 2º de BACH , da materia de Tecnoloxía, realizarán unha rota tecnolóxica por Madrid (PARQUE TECNOLÓXICO DE VALDEMINGÓMEZ, Estación NASA-INTA,TECNATOM,CIEMAT, MUSEO NACIONAL DE CIENCIA Y TECNOLOGÍA, MUSEO DEL FERROCARRIL DE MADRID...)  Acompañados polos profesores da materia de Tecnoloxía.  

O MGB e a excursión de Tecnoloxía na prensa ceutí

O MGB segue imparable. Esta vez saimos nun artigo de Jose Luis Navazo, especialista en política marroquina e columnista no diario "El pueblo de Ceuta". Ademais de periodista, Jose Luis foi o noso guía, cociñeiro... na excursión aos Oscos de Tecnoloxía. Preme no enlace para ler o artigo.

http://www.elpueblodeceuta.es/200906218109.html

Taramundi 3º ESO

O vindeiro venres 19 de xuño os/as alumnos/as de 3º ESO viaxarán a Taramundi para realizar distintas actividades. Voltarán o sábado 20 de xuño. 

Sotavento

O vindeiro 12 de maio do 2009 os/as alumnos/as de 2º ESO visitarán o Parque Experimental de Sotavento. Sairán ás 08:45 horas e voltarán ás 18:10 horas aproximadamente. Para máis información sobre o parque premer aquí

Novo premio para un profesor do MGB

O profesor e xefe do Departamento de Tecnoloxía do MGB, Gumersindo Monteagudo, gañou o 3º premio a recursos educativos para a sociedade da información 2008 (DOG 19 de decembro 2008), na modalidade C (galerías de imaxes e vídeos didácticos), cun traballo que leva por título "Obradoiro de Tecnoloxía", do que é coautor xunto con tres compañeiros profesores de Tecnoloxía: Carmelo Cacabelos (IES "Fermín Bouza Brey"), Obdulia García (CIFP "Politécnico de Santiago") e Francisco Lado (CIFP "Politécnico de Santiago"). O traballo pódese consultar neste enderezo web.
tecno_web.png

Visita a Citroën e o Museo Verbum

O vindeiro martes 25 de novembro os alumnos/as de Tecnoloxía de 4º ESO visitarán en Vigo, Citroën e o Museo Verbum-Casa das Palabras. Sairán ás 8:20  do centro e voltarán ás 14:25 horas.

Taller de Curtas

O vindeiro xoves 13 de novembro os alumnos de 4º ESO da asignatura de Tecnoloxía participarán nun "Taller de Curtas" no Certame Audiovisual de  Vilagarcía. Sairán do centro ás 9:00 horas e regresarán ás 14:25.

Distribuir contido